Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Estados Federados de Micronesia

Coord.:6°55′N158°11′L / 6.92,158.18
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEstados Federados de Micronesia
Federated States of Micronesia (en)
Mikronesia (yap)Editar o valor en Wikidata

HimnoPatriots of Micronesia (10 de decembro de 1991)Editar o valor en Wikidata

Lema«Peace, Unity, Liberty»
«Heddwch, Undod, Rhyddid»Editar o valor en Wikidata
EpónimoMicronesiaEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 6°55′N158°11′L / 6.92,158.18
CapitalPalikir(1989–)Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación105.544(2017)Editar o valor en Wikidata (150,35hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie702 km²Editar o valor en Wikidata
Auga0 %Editar o valor en Wikidata
Bañado porocéano PacíficoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoDolohmwar(en)Traducir (791 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoocéano Pacífico (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación 3 de novembro de 1986Estado soberanoEditar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública federalEditar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of the Federated States of Micronesia(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataWesley Simina(pt)Traducir(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCongress of the Federated States of Micronesia(en)Traducir ,(Escano: 14)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal404.028.900 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
Moedadólar estadounidenseEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.fmEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+691Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911 e111Editar o valor en Wikidata
Código de paísFMEditar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgov.fmEditar o valor en Wikidata

OsEstados Federados de Micronesia (abreviado en inglésFSM e tamén coñecido simplemente comoMicronesia) é unpaís insular enOceaníaasociado cosEstados Unidos. Consta de catroestados, de oeste a leste,Yap,Chuuk,Pohnpei eKosrae, que se reparten polo oeste do Pacífico occidental. Xuntos, os estados comprenden ao redor de 607 illas (unhasuperficie combinada de aproximadamente 702 km² que cobren unha distancia lonxitudinal de case 2 700 km (1 678 mi) xusto ao norte doecuador. Atópanse ao nordeste de Nova Guinea, ao sur deGuam e ásIllas Marianas, ao oeste deNauru eIllas Marshall, ao leste dePalau eFilipinas, aproximadamente 2 900 km (1 802 mi) ao norte do leste deAustralia, 3.400 km ao sueste doXapón e a uns 4 000 km (2 485 mi) ao suroeste das principais illas deHawai.

Aínda que a superficie total dos Estados Federados de Micronesia é bastante pequena, ocupa máis de 2 600 000 km2 (1 003 866 sq mi) doocéano Pacífico, dando ao país a 14ªzona económica exclusiva máis grande do mundo.[1] A capital da nación insular soberana éPalikir, situada na illa dePohnpei, mentres que a cidade máis grande éWeno, situado no atolChuuk.

Cada un dos seus catro estados céntrase nunha ou máis das principais illas altas, e todas menos Kosrae inclúen numerosos atois periféricos. Os Estados Federados de Micronesia están espallados por parte dasIllas Carolinas na rexión máis ampla deMicronesia, que consiste en miles de pequenas illas repartidas entre varios países. O termo "Micronesia" pode referirse aos Estados Federados ou á rexión no seu conxunto.

Os FSM antigamente formaba parte doTerritorio en fideicomiso das Illas do Pacífico (TTPI), un Territorio en fideicomiso dasNacións Unidas baixo administración dos Estados Unidos, pero formou o seu propio goberno constitucional o 10 de maio de 1979, converténdose nun o Estado soberano despois da independencia, que acadouse o 3 de novembro de 1986, baixo unTratado de Libre Asociación cos Estados Unidos. Outras entidades insulares veciñas, e tamén antigos membros do TTPI, formaron os seus propios gobernos constitucionais e convertéronse naRepública das Illas Marshall (RMI) e naRepública de Palau (ROP). Os FSM ten asento nas Nacións Unidas e é membro daComunidade do Pacífico desde 1983.

Historia

[editar |editar a fonte]
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde novembro de 2020.)
Historia das ocupacións

Os devanceiros dosmicronesios establecéronse fai 4.000 anos. Un primeiro sistema baseado en xefaturas descentralizadas finalmente evolucionou cara a un imperio relixioso e de economía máis centralizada con centro enYap.

Nan Madol enPohnpei, consistente nunha serie de pequenas illas artificiais unidas por unha rede de canles, é chamada a miúdo a Venecia do Pacífico. Localízase preto da illa de Pohnpei e adoitaba ser o centro cerimonial e político dadinastía Saudeleur que reuniu ás 25.000 persoas de Pohnpei desde ao redor do500 ata o1500, cando se produciu o colapso do sistema centralizado.

Os primeiros exploradores europeos foron os portugueses, en busca das illas das Especias (Indonesia), chegando logo os españois, que alcanzaron asCarolinas no século XVI, onde estableceron a súa soberanía. As illas foron vendidas aAlemaña tras o fin do imperio colonial español en1899, e tras aprimeira guerra mundial, oXapón fíxose cargo do control das illas.

Durante asegunda guerra mundial, unha porción significativa da frota xaponesa tivo a súa base na lagoa do atol Truk (Chuuk). En febreiro de1944, a OperaciónHailstone, unha das batallas máis importantes da guerra, levou a cabo en Truk, na que moitos barcos de apoio e avións xaponeses foron destruídos.

Tras o final dasegunda guerra mundial, o territorio foi transferido aosEstados Unidos baixo os auspicios dasNacións Unidas en1947, como parte doTerritorio Fiduciario das Illas do Pacífico.

O 10 de maio de 1979, catro dos distritos do Territorio Fiduciario ratificaron unha nova constitución para converterse nos Estados Federados de Micronesia. Os EFM asinaron un tratado de Libre Asociación cosEstados Unidos de América, que entrou en vigor o3 de novembro de1986, o cal supuxo o cambio dostatus de Micronesia de territorio fiduciario a independente. A independencia concluíuse formalmente baixo o dereito internacional en 1990, cando as Nacións Unidas finalizaron oficialmente o estatuto de Tutela segundo aResolución 683 do Consello de Seguridade. O Pacto foi renovado en 2004.[2]

Goberno e política

[editar |editar a fonte]

Os Estados Federados de Micronesia réxense polaConstitución de1979 que entrou en vigor o10 de maio, ademais de por oTratado de Libre Asociación asinado conEstados Unidos en1986 e revisado en1999 que esixe aos Estados Federados seguir determinadas liñas de política exterior, e a cambio Estados Unidos encárgase da defensa do país e a asistencia económica.

Garántense os dereitos fundamentais e establécese un sistema deseparación de poderes. Opoder executivo está en mans doPresidente do Goberno, elixido pola Asemblea (poder lexislativo) composta por 14 membros elixidos mediantesufraxio universal 10 deles e un por cada un dos catroEstados que forman a Federación e entre os cales deben ser elixidos o Presidente e o Vicepresidente. Os catro Estados posúen ademais unha asemblea lexislativa propia.

Organización político-administrativa

[editar |editar a fonte]

Os Estados Federados de Micronesia están compostos por 607 illas, as cales divídense en catro estados:Yap,Chuuk,Pohnpei eKosrae. A capital federal éPalikir, localizada na illa de Pohnpei.

Os catro estados da federación son:

BandeiraEstados[3]CapitalGobernador actualSuperficiePoboación[4]Poboación
densidade
km2sq mi[5]per km2[4]per sq mi
Bandeira de YapYapColoniaJesse J. Salalu[6]118.145.616,43694243
Bandeira de ChuukChuukWenoAlexander R. Narruhn[7]127.449.254,5954201088
Bandeira de PohnpeiPohnpeiKoloniaReed P. Oliver[8]345.5133.434,68598255
Bandeira de KosraeKosraeTofolCarson K. Sigrah[9]109.642.37,68666170

Estes estados, á súa vez, divídense enconcellos.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Mapa dos Estados Federados de Micronesia

OsEstados Federados de Micronesia constan de 607 illas que se estenden ao longo do arquipélago dasillas Carolinas, ao leste deFilipinas. Os catro grupos de illas que os constitúen sonYap,Chuuk (chamado Truk ata xaneiro de 1990),Pohnpei (chamado Ponape ata novembro de 1984), eKosrae. A capital federal éPalikir, en Pohnpei. Practicamente a totalidade das illas sonatois e arrecifescoralinos asentados sobre cordilleiras submarinas, e en moitos casos antigos volcáns como sucede en Chuuk, sendo o perímetro da lagoa de tal atol a urxencia de corais asentados sobre un cráter volcánico.

Economía

[editar |editar a fonte]

Artigo principal:Economía dos Estados Federados de Micronesia

A actividade económica micronesia consiste sobre todo naagricultura de subsistencia e na pesca, cuxos produtos exporta principalmente aoXapón. Con excepción dosfosfatos, a actividademineira é irrelevante. O sectorturístico ten certa importancia, con 17.000 turistas en 2002, pero faltan aínda infraestruturas capaces de acoller os posibles interesados.

A principal fonte de ingresos é a axuda externa, proveniente deEstados Unidos, país co que se atopa asociado libremente, e que achegou en2001 109 millóns de dólares, que representan ao redor do 65 por 100 dos ingresos doEstado. Outros países con achegas significativas sonAustralia eNova Zelandia.

Osector público representa aínda o 45 por 100 do conxunto da actividade económica, e o proceso de liberalización iniciado en2002 non conseguiu situar a economía nos termos pactados cos Estados Unidos e oBanco Mundial.

Demografía

[editar |editar a fonte]

A poboación indíxena dos Estados Federados de Micronesia, que principalmente é de etnia micronesia, componse de varios grupos etnolinguísticos. Oinglés é a lingua máis popular. A taxa de crecemento de poboación mantense nun 3% aínda que minorada pola crecente emigración. EnPohnpei son comúns os casos de extremodaltonismo, coñecido comoacromatopsia.

Notas

[editar |editar a fonte]
Referencias
  1. "Drops in the ocean: France’s marine territories". 
  2. "Compact of Free Association".Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 
  3. "The World Factbook -- Central Intelligence Agency".Cia World Factbook. Arquivado dendeo orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 8 de gosto de 2018. 
  4. 4,04,1"FSM government website - Population". Arquivado dendeo orixinal o 29 de xuño de 2012. 
  5. "FSM government website - Geography". Arquivado dendeo orixinal o 4 de marzo de 2016. 
  6. "Yap - Legal Information System of the Federated States of Micronesia".www.fsmlaw.org. Consultado o2022-03-02. 
  7. "Chuuk State - Legal Information System of the Federated States of Micronesia".www.fsmlaw.org. Consultado o2022-03-02. 
  8. "Pohnpei - Legal Information System of the Federated States of Micronesia".www.fsmlaw.org. Consultado o2022-03-02. 
  9. "Kosrae - Legal Information System of the Federated States of Micronesia".www.fsmlaw.org. Consultado o2022-03-02. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Estados Federados de MicronesiaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]

Goberno

Información xeral

Medios de comunicación

Mapas

Viaxes

Clima

Estado soberanos
Enteiros
En parte
Dependencias e
outros territorios
Australia
Estados Unidos
Francia
Nova Zelandia
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estados_Federados_de_Micronesia&oldid=7136284»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp