![]() | Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde abril de 2016.) |
![]() | Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementosmellore este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Estado Social ou, en termos máis recentesEstado Social de Dereito, é un concepto propio daideoloxía ou bagaxe cultural políticoalemán (Sozialstaat). O concepto remóntase á formación doEstado alemán e, pasando a través dunha serie de transformacións, na actualidade[cando?] forma as bases político-ideolóxicas do sistema deEconomía social de mercado.
O Estado Social pretende garantir os denominadosdereitos sociais mediante o seu recoñecemento na lexislación (traballo evivenda dignos,saúde,educación oumedio ambiente...) e mediante políticas activas deprotección social, de protección áinfancia, ávellez, fronte áenfermidade e aodesemprego, de integración das clases sociais menos favorecidas, evitando a exclusión e amarxinación, de compensación dasdesigualdades, deredistribución da renda a través dosimpostos e ogasto público. Emprega instrumentos como os sistemas de educación e sanidade (en maior ou menor grao públicos ou controlados polo estado, obrigatorios ou universais e de balde ou subvencionados), financiados con cotizacións sociais. Téndese áintervención nomercado e aplanificación da economía, todo iso en contra dos principios doliberalismo clásico.
Con todo, na práctica política, a Economía Social de Mercado é a miúdo confundida coEstado do benestar (Welfare State). Esta confusión é ás veces natural, produto da confluencia de resultados e intereses de ambos os proxectos (véxaseEstado do Benestar: Orixes e Evolución) pero ás veces parece intencional, debido a consideracións ideolóxicas ou de debate. É relevante notar que enlingua alemá hai dúas palabras (Sozialstaat eWohlfahrtsstaat) que se poden traducir aoinglés comoWelfare State. Con todo hai entre elas unha distinción sutil pero importante:Sozialstaat é unprincipio (Sozialstaatsprinzip) mentresWohlfahrtsstaat é unhapolítica (In der Wirtschaftswissenschaft wird mit Wohlfahrtsstaat eine Wirtschaftsordnung bezeichnet, die zur Verfolgung sozialpolitischer Ziele umfassend).