| Estadio Municipal Abanca-Riazor | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | |||||
Riazor en 2008 | |||||
Instancia de | |||||
Deporte | |||||
| Persoas e organizacións | |||||
Operador/a | |||||
Ocupante | |||||
Propietario/a | |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
Fundación | |||||
Inauguración 28 de outubro de 1944 | |||||
Remodelación 1982, 1998, 2018 | |||||
Acontecementos | |||||
| Dimensión | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
OEstadio Municipal de Riazor é un estadio público destinado principalmente á práctica defútbol profesional masculino, situado na cidade daCoruña, inaugurado o28 de outubro de1944. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino doReal Club Deportivo da Coruña.
Ten capacidade para 32.490 espectadores sentados (logo das reformas de 1982, 1998 e 2018) e un terreo de xogo de 105×68metros.[1] Trátase do estadio con maior capacidade deGalicia. O seu enderezo éRúa de Manuel Murguía, s/n 15011,A Coruña.
Por motivos de patrocinio, desde 2017 é denominadoAbanca-Riazor, mais única e exclusivamente nos partidos que xoga o Deportivo.[2][3]
Desde1909 o Deportivo xogaba os seus partidos como equipo local no antigocampo de Riazor, situado nos terreos nos que actualmente se ergue o colexio dasEscravas,[4] a escasos metros do lugar onde se levantou o actual estadio inaugurado en1944.
Aínda que a idea da construción dun estadio naCoruña levaba anos circulando, esta non se materializou ata a chegada ao concello do responsable de obras públicasJosé Pérez-Ardá, grande impulsor do proxecto.[5] O concello adquiriu os terreos por unhas 300.000 pesetas, facéndose efectiva a compra o 3 de marzo de 1939.[5]
Así, o proxecto do novo Stadium Municipal foi redactado polo arquitectoSantiago Rey Pedreira en xuño de1939 e as obras deron comezo o ano seguinte. Durante o proceso de execución, ante a necesidade de resgardar as autoridades das inclemencias atmosféricas, ao proxecto inicial incorporóuselle unha cuberta na zona da tribuna de honra, no ano1941. A trama urbana que tiña que soportar a construción do estadio correspondíase coa dun trazado deensanche, en concreto de ampliación doEnsanche, na cal o tamaño dos quinteiros era escaso para aloxar dimensionalmente a instalación deportiva, o que fixo precisa a agregación de tres quinteiros, resultando unha única de formato rectangular. Nela dispúxose un rectángulo de 320 × 130 metros, contornado por unha tapia, co seu eixe principal paralelo á Avenida da Habana, límite norte daCidade Xardín. No interior do pechamento foran dispostas diversas instalacións deportivas: campo de fútbol, campos de adestramento, campos dehóckey a patíns etenis, pistas deatletismo, e unfrontón descuberto para o xogo de pelota. O Stadium Municipal foi, por tanto, concibido como unha cidade deportiva[6].
A inauguración do novo terreo de xogo produciuse o 29 de outubro de 1944, cun partido entre oDeportivo e oValencia, no que realizou o saque de honra o directivo e exfutbolistaVirgilio, quen disputara como xogador o primeiro partido do vellocampo de Riazor en 1909.[5] Os coruñeses caeron derrotados por 2-3, sendo o valencianoVicente Hernández o autor do primeiro gol no estadio.[7] O enorme tamaño do novo estadio, con capacidade para máis de 60 000 espectadores de pé, permitiu a celebración nas súas instalacións de partidos internacionais, sendo o primeiro deles unEspaña-Portugal celebrado o6 de maio de1945, e no que venceu a selección española por 4-2. Do mesmo xeito permitía a celebración de finais de torneos oficiais, sendo a primeira a final daCopa do Xeneralísimo da tempada1946-47, que enfrontou oReal Madrid e oEspanyol, e que gañaron os primeiros por 2-0.[8]
No ano1979 o pleno municipal aprobou o encargo da redacción dun proxecto de remodelación, de xeito que servira para abrigar unha das sedes do campionato mundial de 1982. Aínda que no proxecto orixinal a obra afectaba exclusivamente ás bancadas de Tribuna e Marathon, defectos estruturais graves en Preferencia obrigaron tamén ao seu derrubamento e posterior reconstrución, o cal supuxo a remodelación total do complexo. A execución da nova Tribuna foi efectuada nun tempo récord para ser inaugurada co gallo do Trofeo Teresa Herrera en agosto de1981, comezando as obras en febreiro do mesmo ano[9].
A gran capacidade do campo e as pistas de atletismo que o rodeaban facían de Riazor un campo frío, que nunca se enchía. Con motivo da disputa en España doMundial de fútbol de 1982 estes problemas paliáronse en parte, debido ás remodelacións necesarias para que o campo puidese aloxar partidos de tan alta competición. Así, a capacidade do estadio viuse reducida a 29 000 localidades, capacidade coa que albergaría tres partidos do Mundial, todos de primeira rolda.
Con motivo de tal evento o recinto foi tamén protagonista dos décimos da lotaría nacional española do22 de maio de 1982. Curiosamente, a imaxe que del se amosou foi a previa á reforma e non a que aparecería nas cámaras dos media que cubriron aqueles encontros internacionais[10].
O 9 de xuño de1991, poucos minutos despois do comezo do partido de promoción no que o Deportivo se xogaba o ascenso a 1ª división contra oReal Murcia, a cuberta da bancada de Preferencia Superior comezou arder, o que provocou a suspensión temporal do encontro e a evacuación dos seareiros que se atopaban nesa bancada cara ao terreo de xogo. Non houbo que lamentar vítimas e o partido puido ser retomado con vitoria final para o conxunto local. Nos días posteriores, as pescudas sobre o suceso foron incapaces de atopar a bengala que -presuntamente- provocara o lume[11].
Co ascenso do Deportivo aos primeiros postos da 1ª División a partir do ano1992 a asistencia de público ao campo aumentou e se fixo necesaria unha urxente ampliación que finalmente se fixo na bancada de Preferencia Superior, foi o que se deu en chamar a bancada dos "exipcios"[12]. Esta bancada sería rapidamente derrubada para acometer as obras de ampliación e peche perimetral das bancadas que se acometerían pouco tempo despois[13].

Natempada 1995-96, Riazor sofre unha nova remodelación coa finalidade de pechar o recinto polos seus catro costados, pois ata entón tiña forma de ferradura. Primeiramente o terreo de xogo foi recuado ata a bancada de Xeral, a fin de gañar espazo entre o mesmo e oPalacio dos Deportes para poder erguer a bancada que logo se habería chamar de "Pavillón". Unha vez rematado este fondo, procedeuse a derrubar as bancadas de Xeral e Marathon para erguer outra practicamente idéntica en canto estética e dimensións á acabada de construír. Riazor pasaba así a ter todas as súas localidades de asento. Unha vez concluída a obra, o estadio perdería as pistas de atletismo nos fondos, ficando así as dos laterais inutilizadas a pesar de que anos despois as liñas divisorias volverían ser pintadas. Acadáronse 34 600 localidades, todas de asento e foron instalados tamén dous novos e modernos videomarcadores nas cubertas das novas bancadas. Esta obra foi proxectada poloGrupo TAU e executada pola empresaDragados[14]. Tras o remate desta, do estadio orixinal, conservaríase unicamente a Torre de Maratón[15].
O Concello e o Deportivo asinaron no ano2000 un novo convenio de concesión das instalacións axustado á nova realidade xurídica do club, convertido desde había uns anos en Sociedade Anónima Deportiva. Nel, reflectiuse a posibilidade de que dito acordo podería ser rescindido se o club pasaba a ser controlado por un accionista ou grupo de accionistas maioritarios. Adicionalmente, incluíuse a responsabilidade por parte do RC Deportivo da organización do Trofeo Teresa Herrera, até entón xestionado polo Concello. Os asinantes foron o entón alcalde,Francisco Vázquez, por parte da corporación municipal eAugusto César Lendoiro como máximo responsábel da entidade deportivista[16].

Coa primeira participación do Deportivo naLiga de Campións da UEFA, chegan tamén as primeiras e (algunhas) obrigadas actualizacións da recente reforma[4]: a construción dos palcos VIP na bancada de Preferencia Inferior, habilitación de zonas especiais para atender os xornalistas tralo remate dos partidos ou substitución dos antigos asentos de plástico de Preferencia Inferior, que carecían de apoio, por outros de maiores dimensións que si o tiñan, foron algunhas das melloras.
En xaneiro de2001 suprimíronse os valados metálicos que evitaban que os seareiros invadisen o campo[17]. Ese mesmo ano, nos novos locais comerciais resultantes das obras de ampliación na bancada de Tribuna, inaugurouse o 7 de agosto[18] a primeiraDeportienda (onde se venden produtos oficiais do conxunto herculino) na esquina máis próxima á praia, e a partir de2003 un ximnasio coñecido comoZonaFit (xestionado por unha empresa externa, allea a Concello e Deportivo) na esquina oposta da mesmaRúa de Manuel Murguía[19]. Baixo as bancadas de Preferencia Superior e con acceso desde a Avenida da Habana, foron habilitadas oficinas de atención ao socio e de venda de entradas, feito que provocou o abandono das históricas instalacións que para ese fin tiña até entón o club herculino na Avenida da Mariña.
No verán2015, a directiva acomete melloras parciais das instalacións[20]:
O2 de xullo, pouco despois de ser elixido, oalcalde da Coruña,Xulio Ferreiro, manifestou tras unha reunión co presidente deportivistaTino Fernández, a súa predisposición a aprobar un hipotético cambio no nome do estadio baixo o patrocinio dunha empresa privada sempre que se respectase ao mesmo tempo o nome orixinal e oficial[21].
O31 de decembro dese mesmo ano o Deportivo anunciou o peche definitivo do ximnasio ZonaFit (do que asumira tempo atrás a súa xestión) para dedicalo a un futuro museo relacionado coa historia do club[22].
Xa en2016, foron substituídos todos os asentos das bancadas superiores que formaban franxas brancas e azuis por outros novos, todos eles azuis á semellanza dos das bancadas inferiores. Posteriormente, xa no outono dese ano, foi tamén anovado o sistema de rego e a capa de céspede, obra que non se acometía desde había vinte anos. Unha das razóns que motivou esta obra foi o cumprimento da nova normativa daLFP cara mellorar a calidade das retransmisións televisivas.[23]
O3 de xuño de2017 os concelleirosJosé Manuel Sande eXiao Varela presentaron o proxecto de substitución da totalidade das cubertas, logo de que estas padeceran anos de escaso ou nulo mantemento, circunstancia que chegou a provocar o adiamento dun encontro de 1ª División entre o Deportivo e oReal Betis debido a un temporal.[24] O comezo das obras está previsto para maio de2018.[25]
A anterior corporación local, liderada porCarlos Negreira, xa adxudicara unha obra para unha nova cuberta aDragados por valor de 2,5 millóns de euros, porén a empresa construtora decidiu renunciar ao contrato por considerar dita cantidade insuficiente.[25]
O29 de xullo de 2017, os presidentes da entidade financeira Abanca e máis o RC Deportivo presentaron ante os medios un acordo para a reestruturación da débeda do segundo, que incluía o uso da marca comercial "Abanca" canda a denominación oficial do estadio. O día anterior o alcalde, Xulio Ferreiro, e Tino Fernández deran outra rolda de prensa anunciando os acordos acadados por ambas as partes para continuar coa a xestión da instalación, entre as que se incluía como novidade a posibilidade de agregar un patrocinador.[26]
En1947 xogouse a segunda e ata o momento última final daCopa do Rei disputada en Galicia. Os finalistas foron oReal Madrid e oEspanyol, sendo o resultado favorable ao conxunto branco (2-0), que gañou na prórroga.
| Real Madrid | 2 – 0 | Espanyol | 22 de xuño de 1947, 18:00 (CET) – Estadio de Riazor,A Coruña |
| Vidal Pruden | Informe | Asistencia: 30.000 Árbitro:Francisco Echave | |
Con ocasión doMundial de Fútbol de 1982 organizado enEspaña, Riazor acolleu tres partidos de primeira rolda, especificamente do Grupo A do mundial, a saber: Polonia-Perú, Polonia-Camerún e Perú-Camerún.
| Perú | 0 – 0 | Camerún | 15 de xuño de 1982, 17:15 (CEST) – Estadio de Riazor,A Coruña | ||
| Informe | Asistencia: 11.000 Árbitro: Franz Wöhrer (Austria) | ||||
| Polonia | 0 – 0 | Camerún | 19 de xuño de 1982, 19:15 (CEST) – Estadio de Riazor,A Coruña | ||
| Informe | Asistencia: 19.000 Árbitro: Alexis Ponnet (Bélxica) | ||||
| Polonia | 5 – 1 | Perú | 22 de xuño de 1982, 17:15 (CEST) – Estadio de Riazor,A Coruña | ||
| Smolarek Lato Boniek Buncol Ciolek | Informe | La Rosa | Asistencia: 25.000 Árbitro: Mario Rubio Vázquez (México) | ||
Co renacer daSelección galega de fútbol a comezos do século XXI, o estadio de Riazor converteuse tamén en escenario dalgún dos enfrontamentos daIrmandiña, acollendo os partidos de2006 e2008 contraEcuador eIrán respectivamente. Enabril de2016 o presidente daFederación Galega de Fútbol,Rafael Louzán, anunciou que a selección había volver aos terreos de xogo cun amigábel fronte a selección deVenezuela en Riazor o20 de maio dese mesmo ano[27].
| Galicia | 1 – 1 | Ecuador | 28 de decembro de 2006 – Estadio de Riazor,A Coruña | ||
| Pereira | Informe | Calle | Asistencia: 20.000 Árbitro:Bernardino González Vázquez | ||
| Galicia | 3 – 2 | Irán | 27 de decembro de 2008, 20:45 (CET) – Estadio de Riazor,A Coruña | ||
| Novo Losada | Informe | Borhani Khalatbari | Asistencia: 12.000 Árbitro:Ignacio Iglesias Villanueva | ||
| Galicia | 1 – 1 | Venezuela | 20 de maio de 2016 – Estadio Municipal de Riazor,A Coruña | ||
| Aspas | Informe | Martínez | Asistencia: 18.000 Árbitro:Ignacio Iglesias Villanueva | ||
| España | 4 – 2 | Portugal | 6 de maio de 1945 – Estadio de Riazor,A Coruña | ||
| Zarra Herrerita César | Informe | Peyroteo | Árbitro: Eugen Scherz (Suíza) | ||
| España | 1 – 1 | Uruguai | 23 de xuño de 1966 – Estadio de Riazor,A Coruña | ||
| Gento | Informe | Pérez | Árbitro: Anibal Da Silva Oliveira (Portugal) | ||
| España | 1 – 0 | Polonia | 20 de setembro de 1989 – Estadio de Riazor,A Coruña | ||
| Míchel | Informe | Asistencia: 21.000 Árbitro: José Francisco Conceição Silva (Portugal) | |||
| España | 2 – 2 | Uruguai | 18 de xaneiro de 1995 – Estadio de Riazor,A Coruña | ||
| Pizzi Donato | Informe | Fonseca Bengoechea | Asistencia: 18.000 Árbitro: Atanas Ouzounov (Bulgaria) | ||
| España | 5 – 0 | Bélxica | 5 de setembro de 2009, 22:00 (CEST) – Estadio de Riazor,A Coruña | ||
| Silva Villa Piqué | Informe | Asistencia: 33.000 Árbitro:Bertrand Layec (Francia) | |||
| España | 5 – 0 | Islandia | 29 de marzo de 2022 – Estadio de Riazor,A Coruña | ||
| Álvaro Morata Yeremy Pino Pablo Sarabia | Informe | Asistencia: 28.117 Árbitro:Horatiu Fesnic (Romanía) | |||
| España (selección feminina) | 2 – 0 | Bélxica (selección feminina) | 16 de xullo de 2024, 19:00 (CEST) – Estadio de Riazor,A Coruña | ||
| Aitana Bonmatí Tere Abelleira | Informe | Árbitro:Bertrand Layec (Francia) | |||
En 1984 xogouse o partido de ida da final a dobre partido daCopa da Raíña. Gañou o Karbo Deportivo fronte ao Añorga Ikastola Amasorrain[28][29]. O Karbo acabaría gañando o torneo malia ser derrotado no partido de volta por 2-1, grazas á vantaxe do partido de ida[29].
| Karbo Deportivo | 4 – 2 | Amasorrain | 3 de xuño de 1984, 12:00 (CEST) – Estadio de Riazor,A Coruña |
| Inma Lucía Lis | Iciar Vaquero Mary Ángeles | Asistencia: 4.000 Árbitro: Lage Sánchez | |
| Final a dobre partido. Partido de ida. | |||
Ao ano seguinte volveuse xogar a final en Riazor, pero desta vez a partido único. Gañou o Karbo Deportivo fronte á Peña Barcelonista Barcilona nos penaltis[30][29].
| Karbo Deportivo | 2 – 2 (Penaltis 3 - 1) | Barcilona | 23 de xuño de 1985, 19:30 (CEST) – Estadio de Riazor,A Coruña |
| Geli Encarna Merchi Encarna Inma Lis | Informe | Puig-Bey R.Oller R.Oller Pascual D.Oller Puig-Bey | Asistencia: 3.000 Árbitro: González Grandal |
O Deportivo disputou os seus primeiros partidos oficiais como local en competición europea naUEFA Europa League, baixo o anterior formato de eliminatorias coñecido daquela como Copa da UEFA. O primeiro equipo en visitar Riazor sería o danésAalborg BK. Logo desa histórica tempada 1993-1994 repetiría noutras catro ocasións máis: 1994-1995, 1997-1998, 1999-2000 e 2008-2009.
O Deportivo xogou como local as eliminatorias a dobre partido na extinta competición europea. O seu último encontro en Riazor foi nas semifinais, onde caería fronte o futuro campión desa mesma edición, oParis Saint-Germain FC.
Após a conquista da Liga española na tempada 1999-2000 o Deportivo pasaría xogar durante as cinco tempadas seguintes na máxima competición europea de clubs, usando sempre Riazor como campo local, tanto para as liguiñas como para as eliminatorias a dobre partido.
Desde a inauguración de Riazor como campo para abrigar os encontros que o Deportivo xogase como local en competicións oficias, estes tiveron todos carácter profesional agás nas tempadas 1974-1975 e 1980-1981, nas que o conxunto herculino fora descendido a categorías que non gozan de tal consideración, se ben hai que puntualizar que aLiga de Fútbol Profesional non foi constituída xuridicamente como tal até o ano1984.
A maior goleada encaixada en Riazor en competición ligueira foi un 0-7 contra oFutbol Club Barcelona na tempada 1955-1956 e a maior goleada acadada foi un 10-1 contra aUnió Esportiva Lleida, na 1950-1951[31].
O Deportivo non puido xogar como local en competición oficial en Riazor en febreiro de1997, despois de que un seareiro lanzara desde a bancada de Pavillón unha moeda que foi impactar na cabeza do árbitro, no final do partido de 1ª división contra oRayo Vallecano. Este feito provocou que o comité sancionador castigase o Deportivo a celebrar o seu encontro como anfitrión fronte oClub Atlético de Madrid fóra da Coruña. O campo escollido foi oEstadio Multiúsos de San Lázaro.[32]
Ademais de partidos oficiais, Riazor tamén acolle partidos amigábeis do Deportivo e torneos estivais, como os extintosConde de Fenosa eJuan Acuña ou o veteranoTrofeo Teresa Herrera. Nesa mesma época son tamén habituais as presentacións ante socios e seareiros de novas fichaxes, así como a estrea do primeiro equipo para a tempada entrante[33].
A Copa Mundial de Clubs 2001 foi un intento de segunda edición do torneo organizado pola FIFA que foi cancelado. Estaba planeado que se celebrase en España e o Deportivo, como campión da primeira categoría do país organizador sería o equipo convidado e Riazor, por tanto, unha das sedes[34]. O problema foi que se xa na primeira edición o torneo fora acollido con desagrado por un bo número de clubs, o intento de realizar un novo torneo o ano seguinte por parte da FIFA supuxo o golpe definitivo debido á negativa dos clubs a participaren neste campionato. Tras esta cancelación, o 18 de maio de 2001 planeouse pospoñelo para 2003, idea que tamén se desbotou rapidamente[35][36].
En1947 disputáronse por primeira vez os campionatos galegos ao aire libre neste recinto. Esta competición volveu en1948,1949,1951,1952,1954,1955,1957,1958,1960 (compartindo sede conBalaídos[37]),1970,1973,1976 e1978[38].
No ano1946, os campionatos deEspaña de atletismo na categoría xuvenil, entón chamado "Campeonato nacional de atletismo del Frente de Juventudes", foron presididas polo entón xefe doEstado Español,Francisco Franco[39] e celebradas en Riazor. Outros campionatos de España que haberían repetir nestas instalacións, xa en categoría absoluta, serían o de combinadas de1948 e ao aire libre en1957,1958 (sede compartida coas pistas deAnoeta[40]),1960 (compartidos coEstadi Olímpic Lluís Companys[40]) e1962[41].
En1964, do 6 ao 9 de agosto, celebráronse os XIX Campionatos Mundiais Militares de Atletismo[42].
O 6 de agosto de1986, nunhaReunión Internacional celebrada nas pistas coruñesas, o marroquíSaid Aouita quedou a 47 centésimas de segundo do récord mundial de 5 000 metros que el mesmo ostentaba[43].
De1987 a1991 disputáronse cinco edicións do Trofeo Internacional Teresa Herrera, organizado polo Concello coruñés[44][45].
Do 20 de xullo ao 10 de agosto de1967 Riazor foi sede do auditorio itinerante de "Festivales de España", no que se celebrou a "Festa da Cantiga" en lingua galega, correndo o pregón a cargo do entón presidente daReal Academia Galega,Sebastián Martínez-Risco. Tamén se fixeron nese mesmo festival representacións teatrais encastelán, houboballet, e interpretouse música folclórica e popular ezarzuelas[46].
O 24 de agosto de1983, o concerto "El rock de una noche de verano" deMiguel Ríos conseguiu xuntar máis de 18 000 asistentes malia as condicións meteorolóxicas adversas[47],Leño eLuz Casal foran daquela os abreconcertos[48]. Na seguinte semana, o 28 de agosto, un concerto deJulio Iglesias congregaría unhas 15 000 persoas[49].
Os días 9, 10 e 11 de xullo de1993 tiveron lugar os últimos concertos musicais no estadio. O fondo, que naquel tempo aínda non dispoñía de bancadas para o público, foi ocupado polo escenario no que artistas comoBob Dylan,Neil Young,Sting,Wilson Picket,Robert Plant,Bo Diddley ouThe Kinks, entre outros, representaron os seus temas dentro dos actos organizados polaXunta de Galicia co gallo doXacobeo, que se estaba a celebrar ese mesmo ano[50].
O Deportivo tivo dúas épocas na súa historia recente de grande afluencia ao estadio de Riazor. A primeira delas, entre os anos1992–93 e1996–97, onde a media de entrada se situaba en 25 000 espectadores,[51] para un estadio con capacidade para 29 000. Na segunda etapa, xa cunha capacidade para 35 000 espectadores, o número de socios e de afluencia situábase arredor dos 30 000 espectadores,[52] entre as tempadas2000–01 e2003–04.
A asistencia media a Riazor desde 1999 (sen estimacións anteriores) é:[53][54][55]

| Tempada | Categoría | Espectadores | Variación en Liga | Asistencia máis alta | Asistencia total | Partidos |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1999-2000 | Primeira División | 27.211 | 34.600 | 517.009 | 19 | |
| 2000-2001 | Primeira División | 28.921 | 34.600 | 549.499 | 19 | |
| Liga de Campións | 28.143 | - | 34.600 | 197.000 | 7 | |
| 2001-2002 | Primeira División | 29.368 | 34.000 | 557.992 | 19 | |
| Liga de Campións | 28.500 | - | 34.600 | 199.500 | 7 | |
| 2002-2003 | Primeira División | 28.079 | 34.600 | 533.501 | 19 | |
| Liga de Campións | 26.127 | - | 34.600 | 156.761 | 6 | |
| 2003-2004 | Primeira División | 26.061 | 34.600 | 495.159 | 19 | |
| Liga de Campións | 26.079 | - | 34.600 | 156.473 | 6 | |
| 2004-2005 | Primeira División | 21.684 | 34.600 | 411.996 | 19 | |
| Liga de Campións | 17.473 | - | 28.000 | 52.418 | 3 | |
| 2005-2006 | Primeira División | 19.105 | 34.000 | 362.995 | 19 | |
| 2006-2007 | Primeira División | 16.620 | 34.600 | 315.780 | 19 | |
| 2007-2008 | Primeira División | 17.800 | 34.600 | 338.200 | 19 | |
| 2008-2009 | Primeira División | 18.316 | 34.600 | 348.004 | 19 | |
| Copa da UEFA | 17.800 | - | 20.000 | 71.200 | 4 | |
| 2009-2010 | Primeira División | 18.932 | 34.600 | 359.708 | 19 | |
| 2010-2011 | Primeira División | 19.984 | 34.600 | 379.696 | 19 | |
| 2011-2012 | Segunda División | 26.438 | 34.600 | 555.198 | 21 | |
| 2012-2013 | Primeira División | 29.517 | 34.600 | 560.823 | 19 |
A asistencia a Riazor, xa con datos oficiais facilitados polo club ao remate de cada partido e sobre unha capacidade real de 33.639 espectadores é:
| Tempada | Categoría | Espectadores | Asistencia máis alta | Asistencia total | Partidos |
|---|---|---|---|---|---|
| 2013-2014 | Segunda División | 23 871 | 33 639 | 417 283 | 21 |
| 2014-2015 | Primeira División | 21 254 | 30 334 | 403 818 | 19 |
En2003 o presidenteAugusto César Lendoiro presentou unha maqueta dun novo estadio de Riazor[56] deseñado polo arquitecto norteamericanoPeter Eisenman. O presidente declarou que sería o estadio máis bonito do mundo, de cinco estrelas e que tería unha capacidade de 36 000 espectadores. O proxecto prevía a súa construción enriba do actual estadio, porén as non demasiado boas relacións entre o club e o Concello, así como o alto custo económico fixeron que o proxecto fose deixado de lado.
En2008, a raíz da candidatura conxunta das federacións española e portuguesa de fútbol para se converteren en sede oficial domundial de fútbol de2018, as reivindicacións para a construción dun novo estadio na Coruña víronse avivadas. Deportivo e o Concello presentaron toda a documentación necesaria para postularen A Coruña como unha das sedes do campionato (de feito foi a primeira cidade en facelo) e amosaron o apoio non só do propio Concello senón tamén doutras institucións como aDeputación Provincial e aXunta de Galicia. Esta candidatura levaba consigo o problema de que Riazor non cumpre os requisitos (por exemplo ter unha capacidade superior aos 40 000 espectadores), o que compromete as institucións a realizaren ben unha remodelación do estadio actual, ou ben a construír un novo estadio,[57][58] tal e como levaba reivindicando Lendoiro nos últimos anos.
O18 de marzo de2010, desde o Concello da Coruña presentábase o proxecto de reforma, no suposto de que a cidade fose elixida como sede para o Mundial de fútbol de 2018 ou 2022. O novo estadio tería unha capacidade de 45 000 espectadores e remodelaríase a zona próxima, incluíndo o soterramento das rúas próximas, para crear así unha nova área de lecer na cidade. O custo do proxecto estímase en 170 millóns de euros e o prazo de execución sería dun ano[59]. Finalmente, o fracaso da candidatura e os tempos de crise económica, tanto do país como do propio club, fixeron que esta idea tivese que ser desbotada[60].
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Municipal de Riazor |
| A Galipedia ten unportal sobre:A Coruña |