Unestadio (dogrego στάδιον, unha unidade de lonxitude equivalente a 176 metros) é unhainfraestrutura que serve para albergar deportes, concertos ou outras actividades. Úsase para varios tipos de deportes ao aire libre que son populares a nivel mundial como ofútbol, orugby, obéisbol etc. Os estadios poden influír de maneira moi importante naeconomía dunpaís albergando toda clase de eventos deportivos dependendo da capacidade que presentan. Consiste nun campo de grandes dimensións rodeado por unha estrutura deseñada para que os espectadores poidan estar de pé ou sentados vendo o acontecemento. Desde tempos remotos sempre formaron parte da vida cotiá das persoas.
O estadio coñecido máis antigo do mundo atópase enOlimpia, noPeloponeso occidental,Grecia, onde osXogos Olímpicos Antigos tiveron lugar por primeira vez en776 a. C. Inicialmente foi construído para un só evento, que eran as probas atléticas. Presentaba máis ou menos unha distancia de aproximadamente 190 metros.Roma eGrecia foron as principais civilizacións de Occidente que tivieon noción e coñecemento sobre os estadios.
Aínda que orixinariamente e de forma estrita un estadio debía ter pista de atletismo e ser capaz de albergar competicións dese deporte, na época contemporánea o termo estadio pasou a aplicarse tamén en calquera gran infraestrutura deportiva con graderías e campo central, incluso cubertas.