Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Estación de Vigo-Urzaiz

Coord.:42°14′03″N8°42′49″O / 42.23426,-8.71361
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Estación de Vigo.
Estación de Vigo-Urzaiz
VigoEditar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Estado de uso
 Instalacións
Persoas e organizacións
 Operador/a
 Propietario/a
Datas e cronoloxía
 Fundación
1878Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1881Editar o valor en Wikidata
 Substitúe
Transporte
 Servizo de conexión
 Código de estación
08223Editar o valor en Wikidata
 Liñas ferroviarias
 Número de beiras
4Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Wikidata C:Commons

Aestación de Vigo-Urzaiz é unhaestación de ferrocarril deAdif situada na cidade deVigo. Constitúe unha das cabeceiras daliña 06-850 "Vigo-Urzaiz - Bifurcación deArcade", integrada noeixe atlántico de alta velocidade. O edificio, deseñado porThom Mayne, foi inaugurado oficialmente o16 de abril de2015[1] e dous días máis tarde abriu ao público.[2]

Está situada na praza da Estación, no céntricobarrio de Casabranca, próxima árúa de Urzaiz (que dá nome á terminal) e no mesmo lugar onde se atopaba aantiga estación de Vigo, derrubada en2011 e substituída provisionalmente polaestación de Vigo-Guixar.[3]Actualmente, Guixar concentra os servizos deLonga Distancia,Rexionais e internacionais, mentres que Urzaiz é punto de chegada e partida dos trens directos entreA Coruña e Vigo.

Historia

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Antiga estación de Vigo.

En xaneiro2011 oMinisterio de Fomento adxudicou áUTE formada polas empresasFCC eAcciona as obras da nova estación de Vigo-Urzaiz, cabeceira doeixe atlántico de alta velocidade. O orzamento da adxudicación ascendeu a 68,4 millóns deeuros.[3]O proxecto consiste na execución da obra civil a nivel de praia de vías (nivel de plataformas) da nova estación de Vigo-Urzaiz, a cal se sitúa no mesmo lugar que a estación de1987, pero a unha cota 15metros inferior, como consecuencia do trazado adoptado para o acceso a Vigo da nova liña ferroviaria do eixe atlántico, e cuxo acceso se realiza, desdeRedondela, a través dotúnel das Maceiras, de 8 km de lonxitude.[3]

A nova estación, que seráintermodal, proxectouse cun total de seis vías, con catro plataformas de 400 m de lonxitude e de entre 10 e 12,7 m de largo, situadas de forma que todas as vías sexan operativas para o tránsito de viaxeiros.[3]

O27 de agosto de 2011 pechou temporalmente a estación de Vigo, procedendo á demolición de todas as instalacións (incluíndo as naves de mantemento) para logo construír unha estación subterránea 15 metros por debaixo da cota orixinal. Os servizos ferroviarios desviáronse áestación de Vigo-Guixar, que ata entón funcionara como estación de mercadorías. Os talleres de mantemento foron trasladados definitivamente áestación de Redondela enxullo de2012.

Escaleiras mecánicas desde a plataforma da estación ao nivel da rúa.

A continuación iniciáronse as obras da infraestrutura ferroviaria, que finalizaron en marzo de2015. Inicialmente íase construír un centro comercial enriba do caixón ferroviario pero a falta de interese dos promotores privados fixo aprazar a obra, deixando as estruturas preparadas para a súa construción no futuro. Por este motivo tívose que construír un edificio provisional fóra da parcela para poder dar servizos ferroviarios, preparado para compatibilizar coas futuras obras do centro comercial Vialia.

O6 de marzo de2015 entrou o primeiro tren,serie 121 deRenfe, á nova estación en probas.[4] O16 de abril de2015, 14 nos despois de se asinar o convenio para actualizar o trazado ferroviario que vertebraGalicia, realizouse a viaxe inaugural, coa presenza daministra de FomentoAna Pastor e do presidente daXunta de GaliciaAlberto Núñez Feijóo, desde aestación da Coruña.[1]

Finalmente, o sábado18 de abril de2015 entrou en servizo comercial a liña de alta velocidade Vigo-A Coruña, cunha oferta de dez frecuencias diarias por sentido. O novo traxecto ten unha duración de 83minutos, o que representa unha diminución de 47 min respecto a anterior.[2] Desde entón, Vigo-Urzaiz acolle os servizos de alta velocidade, mentres que os servizos convencionais e o enlace internacional conPortugal continúan naestación de Vigo-Guixar.

O 30 de setembro do 2021, e tras adiarse varias veces por mor dapandemia da COVID-19, abriu as portas ao público xeral ocentro comercial Vialia, localizado no mesmo complexo. Conta con máis de 43.000 metros cadrados de superficie comercial con 120 marcas e unha praza pública de 30.000 metros xunto a Vía Norte.

Servizos ferroviarios

[editar |editar a fonte]
Desactualizado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.

Media distancia

[editar |editar a fonte]

Actualizados a10 de xuño de2016.

LiñaTrensOrixe/Destino<>Destino/Orixe
MDA CoruñaVigo-Urzáiz

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Obras para a nova estación en 2012.
    Obras para a nova estación en2012.
  • Vista xeral da nova estación, en obras.
    Vista xeral da nova estación, en obras.
  • Acceso, en obras.
    Acceso, en obras.
  • Plataformas, en obras.
    Plataformas, en obras.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1"Fomento estrena hoy el tren que reduce el viaje A Coruña-Vigo a poco más de una hora"Faro de Vigo, 30/03/2015.
  2. 2,02,1"Arranca el servicio del AVE entre A Coruña y Vigo"Arquivado 26 de setembro de 2018 enWayback Machine.El Correo Gallego, 18/04/2015.
  3. 3,03,13,23,3"Fomento adjudica 68,4 millones a las obras de nueva estación Vigo-Urzáiz del Eje Atlántico de Alta Velocidad" en Interempresas.net(encastelán).
  4. Faro de Vigo (ed.)."O primeiro tren entra na estación do AVE". Consultado o 9 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Estación de Vigo-UrzaizModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Sistema ferroviario galego
Empresas
En activo
Históricas
Liñas
e
paradas
Largo ibérico
(1668 mm)
06-800
León - A Coruña
(1875 - actualidade)
Chapela (c)  · Redondela  · Vigo-Urzaiz (c)
06-804
Betanzos-Infesta - Ferrol
(1913 - actualidade)
Barallobre  · Betanzos-Cidade  · Betanzos-Infesta  · Cabanas-Areal  · Ferrol  · Franza (c)  · Miño  · Miño-Castro (c)  · Neda  · Paderne (c)  · Perbes  · Perlío  · Pontedeume
06-822
Zamora - A Coruña
(1943 - actualidade)
Alberguería-Prado  · A Bandeira  · Baños de Molgas  · Boborás  · Bregua (c)  · O Carballiño  · Castrelo do Val-Verín  · Cerceda (c)  · Cerceda-Meirama  · A Coruña  · Ourense-Empalme  · A Friela-Maside  · Garga-Trasmonte (c) · Gorgullos-Tordoia (c)  · A Gudiña  · O Irixo  · Lalín  · Laza-Cerdedelo  · Maside  · Meirama  · Mezquita-Vilavella  · Ordes  · Ordes-Pontraga (c)  · Oroso-Vilacide (c)  · Paderne-Cantoña  · Ponte Ambía  · Ponte Taboada  · Queixas-Londoño (c)  · Ourense-San Francisco  · Santa Cruz de Arrabaldo  · Santiago de Compostela  · Sela  · Silleda  · A Sionlla (c)  · A Susana  · Taboadela  · Uxes  · Vedra-Ribadulla  · Verdía (c)  · Vila da Igrexa (c)  · Vilar de Barrio  · Vilariño de Conso-A Capela
06-830
BifurcaciónUxes - BifurcaciónSan Cristovo
Só mercadorías (conexión daliña Zamora - A Coruña coaliña León - A Coruña)
06-832
Agulla km 545,4 - BifurcaciónSan Diego
Só mercadorías (conexión daCoruña-San Diego coaliña Zamora - A Coruña)
06-834
Estación da Coruña-San Diego - Bifurcación do Burgo
Só mercadorías (conexión daCoruña-San Diego coaliña León - A Coruña)
Só mercadorías
Cerceda-Meirama  · Meirama (só mercadorías)
06-816
Guillarei Ag. km 141,6 -Guillarei Ag. km 0,9
06-842
Bif. Río Sar - Bif. da Grandeira Ag. km 0,729
(2015 - actualidade)
Conexión da liña Redondela - Santiago coaliña Zamora - A Coruña
Largo estándar
internacional
(1435 mm)
16-XXX
LAV Olmedo-Zamora-Galicia
(en construción)
(en proxecto)
(en proxecto)
Largo métrico
(1000 mm)
Areas  · Baiona  · Bouza  · Canido  · Coruxo  · Ermida  · Florida  · Muíños  · Nigrán  · Panxón  · Patos  · Prado  · Ramallosa  · Sabarís  · Samil  · San Miguel de Oia  · Siáns  · Teixeiras  · Verdial  · Vigo-Areal  · Xuncal
08-740
Ferrol - Pravia
(1968 - actualidade)
Alto do Castiñeiro  · Apalla  · O Barqueiro  · Barreiros  · Bidueiros  · Burela  · Cangas de Foz  · Os Castros  · Cerdido  · Covas  · A Cuqueira  · Entrambasrrías  · Espasante  · Esteiro  · Fazouro  · Ferreiras  · Ferrol  · Folgueiro  · Labacengos  · Lago  · Lamas  · Loiba  · Madeiro  · Marzán  · Moeche  · Mosende  · Nois  · Ortigueira  · Pedroso  · Piñeiros  · Ponte Mera  · Ponto  · Reinante  · Ribadeo  · Rinlo  · San Cibrao  · San Clodio  · San Sadurniño  · San Xoán  · Santa Icía  · Santa María de Mera  · Sedes  · Senra  · O Vicedo  · Virxe do Mar  · Viveiro  · Viveiro-Apeadoiro  · Xove  · Xove-P.  · Xuances  · Xuvia
Servizos
De interese enVigo
Inmobles
Edificios civís
Edificios relixiosos
Hospitais
Arqueoloxía
Fortificacións
Monumentos e esculturas
Arte e cultura
Museos
Artes escénicas
Deporte e instalacións
Natureza
Transportes
Barrios urbanos e rúas urbanas
Eventos
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estación_de_Vigo-Urzaiz&oldid=6998648»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp