| Santiago de Compostela-Daniel Castelao | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Santiago de Compostela | |||||
Instancia de | |||||
Estado de uso | |||||
Instalacións | |||||
| Persoas e organizacións | |||||
Operador/a | |||||
Propietario/a | |||||
| Transporte | |||||
Servizo de conexión | |||||
Código de estación | |||||
Estación adxacente | |||||
Número de plataformas | |||||
Número de beiras | |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |
Aestación de Santiago de Compostela-Daniel Castelao é unha estación de tren deAdif situada na cidade deSantiago de Compostela. Ten servizos de longa e media distancia operados porRenfe.
En2010 recibiu 1.771.974 pasaxeiros, sendo a estación con maior número de viaxeiros de todaGalicia.[1]


A estación atópase no punto quilométrico 378,811 da liña férrea deancho ibérico que uneZamora eA Coruña a 218 metros de altitude.[2] Tamén forma parte da liña férrea deancho ibérico que uneRedondela conSantiago de Compostela, punto quilométrico 92.[3]
Ademais a estación intégrase naliña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia, concretamente no tramos Santiago-Ourense operativo dende2011[4], e noeixe atlántico de alta velocidade.
A chegada do ferrocarril a Santiago vai unido á primeira liña férrea posta en funcionamento en Galicia que uníaCornes coCarril e que se prolongaría pouco despois ataPontevedra. Construíuse así a estación de Santiago-Cornes inaugurada o15 de setembro de1873 por parte da The West Galicia Railway Company empresa británica que lograra a concesión da liña en 1866 tras comprar a compañía do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel.[5] En 1928,MZOV absorbeu a compañía inglesa para ser á súa quenda absorbida polaCompañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste un ano despois. En 1941, a nacionalización do ferrocarril enEspaña integrou todas as compañías existente na recentemente creadaRenfe.
O14 de abril de1943, coa apertura da liña férreaA Coruña-Santiago de Compostela que máis tarde se integraría dentro da liña Zamora-A Coruña, Renfe pechou a estación de Cornes e abriu o actual edificio.[6]
Desde o 31 de decembro de 2004Renfe Operadora explota a liña mentres queAdif é a titular das instalacións ferroviarias.
O10 de decembro de2011 inaugurouse o tramo Santiago de Compostela-Ourense como parte da futura liña de alta velocidadeOlmedo-Zamora-Galicia.[4] En abril de2015 quedou inaugurado oeixe atlántico de alta velocidade que uneA Coruña eVigo pasando por Santiago.[7]
O24 de xullo de2013 no lugar deAngrois (Sar), a dous quilómetros da estación tivo lugar o accidente de tren máis grave da historia deGaliza e por vítimas oficiais, tamén o máis grave da historia deEspaña por descarrilamentoferroviario nunha curva fechada por mor, en principio, dunha velocidade excesiva do convoi. Polo menos 80 persoas faleceron no incidente. O pavillón Fontes do Sar utilizouse comotanatorio provisional pola gran cantidade de finados. O medios de comunicación nacionais e internacionais loaron a resposta dos veciños de Angrois, os servizos de Compostela e dos cidadáns de Galiza en xeral por contribuír nos labores de rescate e axuda.[8]
Está situada na zona sueste da cidade, a 1 quilómetro da catedral e da autoestradaAP-9, preto dorío Sar.
Fiel ao estilo das estacións da zona o edificio segue o esquema dunpazo. Componse dun pavillón central de dous pisos flanqueado por dúas ás laterais que nos seu extremos posúen dúas torres de planta cadrada. O conxunto é asimétrico dado que mentres unha das torres alcanza os tres pisos, a outra apenas supera a altura das ás laterais. A fachada principal está decorada por un soportal formado por unha galería de cinco arcos frontais e 2 laterais.
Componse de tres plataformas, unha lateral e dúas centrais ás que acceden cinco vías. Todas elas están protexidas por unha marquesiña metálica de dúas vertentes de considerables proporcións e de difícil integración no conxunto. Fóra do seu alcance quedan máis vías de servizo destinadas a carga, apartado ou garaxe. Os cambios de plataforma realízanse grazas a pasos subterráneos.
Conta con atención ao cliente, punto de información, venda de billetes, aseos, cafetería e alugueiro de coches. Toda o recinto está adaptado para as persoas con minusvalía. No exterior atópase un amplo aparcadoiro e unha parada de taxis.
Actualizados a 14 de febreiro de 2023.
| Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
|---|---|---|---|---|
| Alvia | Madrid-Chamartín | Segovia-Guiomar ·Medina del Campo ·Zamora ·Pobra de Seabra ·A Gudiña ·Ourense-Empalme · Santiago de Compostela | A Coruña | 1 tren diario por sentido |
| Alvia | Madrid-Chamartín | Segovia-Guiomar - Medina del Campo AV- Sanabria AV - A Gudiña-Porta de Galicia- Ourense- Empalme - Santiago de Compostela - A Coruña - Betanzos Infesta - Betanzos-Cidade - Pontedeume | Ferrol | 2 trens diarios por sentido |
| Alvia | Madrid-Chamartín | Zamora - Ourense - Santiago de Compostela - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra | Vigo-Urzáiz | 1 tren diario por sentido |
| Alvia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona ·Lleida-Pirineus ·Zaragoza-Delicias ·Tudela de Navarra ·Castejón de Ebro ·Tafalla ·Pamplona ·Vitoria ·Miranda de Ebro ·Burgos-Rosa de Lima ·Palencia ·Sahagún ·León ·Astorga ·Bembibre ·Ponferrada ·O Barco de Valdeorras ·A Rúa-Petín ·San Clodio-Quiroga ·Monforte de Lemos ·Ourense-Empalme · Santiago de Compostela | A Coruña | Ida:1 tren L-Ma-X-S Volta: 1 tren Ma-Mér-V-D |
Actualizado a 14 de febreiro de 2023
| Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| Avant | A Coruña | <> | Ourense-Empalme | |
| Avant/MD | A Coruña | <> | Vigo-Urzáiz | |
| Rexional | A Coruña | <> | Vigo-Guixar | |
| Rexional | Santiago de Compostela | <> | Vigo-Guixar | |
| Rexional | Santiago de Compostela | <> | Ourense-Empalme |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Santiago de Compostela-Daniel Castelao |