| Apeadoiro de Ourense-San Francisco | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Ourense | |||||
Instancia de | |||||
Instalacións | |||||
| Persoas e organizacións | |||||
Propietario/a | |||||
| Transporte | |||||
Servizo de conexión | |||||
Código de estación | |||||
Liñas ferroviarias | |||||
Número de plataformas | |||||
Número de beiras | |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |
Ourense-San Francisco foi unha estación de tren, actualmente convertida enapeadoiro, deAdif situada no barrio de San Francisco da cidade deOurense. É a segunda estación da cidade por detrás deOurense-Empalme. Ten servizos demedia distancia operados porRenfe.
Atópase no punto quilométrico 246,2 da liña férrea deancho ibérico que uneZamora eA Coruña a 161metros de altitude,[1] entre as estacións deTaboadela eOurense-Empalme. O tramo é de vía única e está en proceso de electrificación.
A vontade de unirMadrid víaMedina del Campo conVigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada doporto de Payares no ferrocarril deAsturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o1 de xullo de1957 coa posta en marcha do tramoOurense-Pobra de Seabra da liña entreZamora eA Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo deRenfe cuxo nacemento se produciu en1941.
Desde o31 de decembro de2004Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
O edificio de viaxeiros realizado en granito ten planta rectangular e consta de dous pisos. Para a súa decoración empregáronse pináculos e un frontón inspirados no barroco galego, o que dá ao edificio unha estrutura de pazo urbano. Como moitas estacións do tramo posúe unha galería na planta baixa formada por diversos arcos. Os xardíns laterais contaban con dúas esculturas un afiador e un paraugueiro realizadas por Faílde que foron movidas posteriormente.
Na actualidade dispón unicamente dunha plataforma lateral e dunha vía. Outra plataforma, antes central está completamente en desuso, de feito nin sequera posúe as vías que accedían a ela.
Actualizado a20 de xuño de2016.
| Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| 2 | MD | Santiago de Compostela | <> | Ourense-San Francisco |