| Estación de Ribadavia | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Ribadavia | |||||
Instancia de | |||||
Estado de uso | |||||
| Persoas e organizacións | |||||
Operador/a | |||||
Propietario/a | |||||
| Transporte | |||||
Servizo de conexión | |||||
Código de estación | |||||
Liñas ferroviarias | |||||
Número de beiras | |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata |
Ribadavia é unha estación de tren deAdif situada na vila deRibadavia, naprovincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia.
A estación atópase no punto quilométrico 72,9 da liña férrea deancho ibérico que uneMonforte de Lemos conRedondela a 87 metros de altitude, entre as estacións deBarbantes eFilgueira.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.
A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa aperta do tramoOurense-Arbo da liña que pretendía unirVigo conMonforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo daCompañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida polaCompañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creadaRenfe.
Desde o 31 de decembro de 2004Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Está situada ao norte do concello. O seu edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de base rectangular e dúas alturas que recobre un tellado de catro vertentes. Dispón de dúas plataformas curbadas (unha lateral e outra central) á que acceden tres vías. A plataforma lateral conta cunha marquesiña metálica encostada ao edificio principal como elemento de protección.
Actualizados a14 de xuño de2016.
| Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
|---|---|---|---|---|
| TrenhotelRías Galegas | Madrid-Chamartín | Ávila ·Medina del Campo ·Zamora ·Pobra de Seabra ·A Gudiña ·Ourense-Empalme · Ribadavia ·Guillarei ·O Porriño ·Redondela ·Vigo-Guixar | Pontevedra | 1 tren diario por sentido |
Actualizado a14 de xuño de2016.
| Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
| 6 | Rexional Exprés | León Ponferrada Ourense-Empalme | <> | Vigo-Guixar |