| Estación de Pontevedra | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Pontevedra | |||||||
Instancia de | |||||||
Estado de uso | |||||||
Instalacións | |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
Operador/a | |||||||
Propietario/a | |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
Fundación | |||||||
Inauguración | |||||||
| Transporte | |||||||
Servizo de conexión | |||||||
Código de estación | |||||||
Liñas ferroviarias | |||||||
Número de beiras | |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
Aestación de Pontevedra é unha estación de ferrocarril deAdif da cidade dePontevedra. Ten servizos de longa e media distancia, incluíndo os doeixe atlántico de alta velocidade. Ten tamén funcións loxísticas.[1]
Tivo 1 024 500 pasaxeiros en 2022.[2] En 2021, Pontevedra foi unha das quince estaciones españolas con acceso gratuíto a Internet Wi-fi.[3].
A estación está a 31 metros de altura e forma parte da seguintes liña férreas deancho ibérico:
En1863 creouse a sociedade do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel co propósito de unirSantiago de Compostela coCarril, no concello deVilagarcía de Arousa.[6] Esta sociedade foi vendida en1866 a The West Galicia Railway Company Limited, compañía británica que foi quen puxo en marcha o mencionado tramo o15 de setembro de1873 tras once anos de traballo. En1889 púxose en marcha o tramo de 42 quilómetros que permitiu prolongar a liña ataPontevedra.[6]
O 16 de maio de 1884, o primeiro tren chegou a Pontevedra, nun percorrido de proba desde Redondela. Esta foi a etapa previa á viaxe inaugural da liña Pontevedra-Redondela o 30 de xuño do mesmo ano. En1886, aCompañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo (xeralmente abreviada comoMZOV) concluíra o trazado da liña férrea que uníaMonforte de Lemos conVigo e que se pretendía prolongar aPortugal.[7] Esta liña contou cunha ligazón de 18,95 quilómetros desdeRedondela que alcanzaba a recentemente creada estación de Pontevedra, inaugurada o 30 de xuño de 1884 no barrio deCampolongo, nun terreo correspondente a unha parte da actualpraza de Galicia.
O9 de setembro de1928, MZOV fíxose co control de The West Galicia Railway Company Limited.[7] Con todo esta situación só durou un ano tras ser absorbida a primeira polaCompañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. En1941, Oeste foi nacionalizada e integrada na recentemente creadaRenfe quen xestionou a estación ata a súa separación enAdif eRenfe Operadora o31 de decembro de2004.
A actual estación foi inaugurada o8 de agosto de1966[8], substituíndo a vella do barrio deCampolongo.

O 30 de novembro de2000 inaugurouse o centro comercial Vialia, anexo á estación de ferrocarril, onde hai 8 salas de cinema con 1.488 butacas. Trátase do primeiro centro comercial Vialia de Galicia.[9][3]. Está explotado porADIF en nel hai tendas de agasallos, servizos, lecer e restauración.
En setembro de 2000 iniciáronse as obras do ramal de Pontevedra aoporto de Marín-Pontevedra. O 10 de xullo de2002 inaugurouse esta liña de mercadorías de 6,487 km.[10][11].
En 2007 e 2008 adxudicáronse as obras dos tramos que unen a cidade co chamadoeixe atlántico de alta velocidade que facilitarán as conexións dealta velocidade conPontevedra.
Entre2013 e2015 a estación de Pontevedra recibiu unha profunda remodelación total das instalacións ferroviarias. Demoléronse todas as plataformas e vías, construíronse 3 novas plataformas e unha nova praia de vías con dúas vías centrais pasantes e 5 vías con plataforma. Realizouse un enorme paso inferior que substitúe ao antigo paso inferior, actualmente transformado en galería de servizos. Instaláronse ascensores nas tres plataformas e fíxose a preinstalación para 6 escaleiras mecánicas, instalando finalmente só dúas, de subida nas 2 plataformas máis usadas.
O edificio de viaxeiros da estación de Pontevedra é unha estrutura de dous pisos de planta alongada e rectangular revestida de pedra e adornada no seu acceso principal por un amplo arco nun frontón triangular. Unha marquesiña en beiril en formigón armado cobre as plataformas da estación. O edificio foi proxectado en abril de1943 polos enxeñeiros de camiños José Luis Tovar Bisbal e Eugenio de la Sal Crespo. Sitúase na Avenida da Estación, na zona sueste da cidade, no lugarda Parda. Está a carón dorío dos Gafos e daestación de autobuses, e por diante dela pasa avía portuguesa docamiño de Santiago e atópase o monumentoDorna.
O edificio de pasaxeiros está equipado con máquinas expendedoras de billetes e unha sala de espera. Conta con tres plataformas, a principal pegada ao edificio e dúas laterais cinco vías. Entre a plataforma principal e as dúas laterais hai dúas vías centrais pasantes. Os cambios de plataforma realízanse grazas a un paso subterráneo. Dispón de venda de billetes, atención ao cliente, aseos e cafetería. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existen varias zonas de aparcadoiro e unha parada de taxi.

Actualizados a12 de xuño de2022.
| Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
|---|---|---|---|---|
| Alvia | Madrid-Chamartín | Segovia-Guiomar ·Medina del Campo ·Zamora ·Pobra de Seabra ·A Gudiña ·Ourense-Empalme ·Santiago de Compostela -Vilagarcía de Arousa -Pontevedra ·Vigo | Pontevedra / Vigo | 3/4 trens diarios por sentido - Alta Velocidade Madrid Chamartín-Ourense Cambio de ancho de vía en Taboadela (Ourense) |
| Alvia | Alacant-Terminal | Villena AV ·Albacete-Los Llanos ·Cuenca-Fernando Zóbel ·Madrid-Puerta de Atocha ·Madrid-Chamartín ·Segovia-Guiomar ·Medina del Campo ·Zamora ·Pobra de Seabra ·A Gudiña ·Ourense-Empalme ·Guillarei ·Redondela ·Vigo-Guixar | Pontevedra | 1 tren semanal por sentido |
| TrenhotelRías Galegas | Madrid-Chamartín | Ávila ·Medina del Campo ·Zamora ·Pobra de Seabra ·A Gudiña ·Ourense-Empalme ·Ribadavia ·Guillarei ·O Porriño ·Redondela ·Vigo-Guixar | Pontevedra | 1 tren diario por sentido |
Actualizados a12 de xuño de2016.
| Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| Avant (MD) | A Coruña Santiago de Compostela Pontevedra | <> | Vigo-Urzáiz | |
| 1 | MD | A Coruña Santiago de Compostela Pontevedra | <> | Vigo-Guixar |
Aestación de autobuses atópase xunto á estación de ferrocarril de Pontevedra. A conexión entre ambas as estacións realízase a través dun itinerario peonil directo e unha marquesiña cuberta, complementados por unha praza de acceso peonil fronte á estación de autobuses.[12].
Nas inmediacións hai un aparcadoiro de superficie e outro subterráneo. Á estación chegan os autobuses urbanos da cidade (liñas 1 e 2); a parada atópase fronte á estación.
Esta estación está aberta para o servizo de mercadorías, especialmente para as procedentes ou con destino aoporto de Marín-Pontevedra.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Pontevedra |