| Estación de Pedrelo-Céltigos | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Céltigos | |||||
Instancia de | |||||
Estado de uso | |||||
| Persoas e organizacións | |||||
Operador/a | |||||
Propietario/a | |||||
| Transporte | |||||
Servizo de conexión | |||||
Código de estación | |||||
Liñas ferroviarias | |||||
Número de plataformas | |||||
Número de beiras | |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata |
Pedrelo-Céltigos é un apeadoiro deAdif, situado no lugar deCéltigos, no concello deSarria,provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia operados porRenfe.
A estación atópase no punto quilométrico 402,7 da liña férrea deancho ibérico que uneLeón eA Coruña[1], entre as estacións daPobra de San Xiao e deSarria. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Aínda que se atopa no tramoSarria-Lugo da liña que pretendía unirPalencia coaCoruña aberto ao tráfico o2 de agosto de1878 polo Estado[2], non se dispuxo de ningunha estación nesta zona. A súa construción é moi posterior e vai unida a unha zona industrial dedicada ao embotellamento de auga mineral propiedade da empresaFontecelta.
As instalacións limítanse a un pequeno refuxio dotado de zonas de asento. Polo apeadoiro só cruza a vía principal á que se accede grazas a unha plataforma lateral.
Actualizado a18 de xuño de2016.
| Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| 4 | MD | A Coruña | <> | Monforte de Lemos Ourense-Empalme |