| Estación de Ourense | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Ourense | |||||
Instancia de | |||||
Estado de uso | |||||
Instalacións | |||||
| Persoas e organizacións | |||||
Operador/a | |||||
Propietario/a | |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
Fundación | |||||
Inauguración | |||||
| Transporte | |||||
Servizo de conexión | |||||
Código de estación | |||||
Liñas ferroviarias | |||||
Número de plataformas | |||||
Número de beiras | |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |
AEstación de Ourense, tamén coñecida comoOurense-Empalme, é a principal estación de tren deAdif da cidade deOurense, por diante deOurense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados porRenfe. En 2023 rexistrou un tráfico de 2.082.576 pasaxeiros, sendo a terceira estación con maior número de viaxeiros de Galicia por detrás das de Santiago e A Coruña. Nese mesmo ano duplicouse o número de usuarios dos aeroportos de Alvedro e Peinador.[1]
A estación atópase situada a 133 metros de altitude nos trazados das seguintes liñas férreas:
Ademais a estación integrarase dentro daliña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia que uniráGalicia coaMeseta e cuxo tramoSantiago-Ourense está operativo desde decembro de2011.[3]
A chegada a Ourense do ferrocarril produciuse o18 de xuño de1881 coa apertura da liñaVigo-Ourense.[4] Unha máquina de vapor de tres eixos e sete vagóns novos foron os encargados de estrear a nova estación tras cinco horas de viaxe.[4] ACompañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo (MZOV) constituída en1880 foi a encargada das obras. O1 de decembro de1884 esta mesma compañía realizou a conexión conMonforte de Lemos. En1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación naCompañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[5] En1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas enRENFE. Moito máis tardía foi a ligazón coa Meseta debido á gran complexidade das obras naprovincia de Zamora. Por iso non foi ata o1 de xullo de1957 coa posta en marcha do tramoOurense-Pobra de Seabra cando se puido completar aliña Zamora-A Coruña.[6]
Desde o31 de decembro de2004Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
O10 de decembro de2011 inaugurouse o tramoSantiago de Compostela-Ourense como parte da futuraliña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.

A estación está situada na rúa Eulogio Gómez Franqueira s/n, na zona norte deOurense, na ribeira norte dorío Miño, a 1,5 km do centro da cidade.
O edificio para viaxeiros está composto por un pavillón central flanqueado por dous anexos laterais de dous pisos. A parte central incorpora unha ampla cristaleira. En xeral o conxunto mostra unhas liñas sobrías e funcionais.
Componse de tres plataformas, unha lateral e dous centrais ás que acceden cinco vías. O complexo ferroviario complétase con máis vías. Os cambios de plataforma realízanse grazas a un paso subterráneo.
Dispón de venda de billetes, punto de información, cafetería, librería e aseos. Todo o recinto está adaptado para as persoas conminusvalía. No exterior atópase un aparcadoiro, unha parada de taxi e outra de autobuses urbanos.
Actualizados a10 de xuño de2016.
Actualizados a10 de xuño de2016.
| Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| Avant | Terminal | <> | A Coruña | |
| Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
| 2 | Rexional | Ourense-San Francisco | <> | Santiago de Compostela |
| 4 | MD | Terminal | <> | A Coruña Lugo |
| 6 | Rexional Exprés | León Ponferrada | <> | Vigo-Guixar |
| 6 | MD Rexional Exprés | Terminal | <> | Vigo-Guixar |