| Estación de Montefurado | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Quiroga | |||||
Instancia de | |||||
Estado de uso | |||||
| Persoas e organizacións | |||||
Operador/a | |||||
Propietario/a | |||||
| Transporte | |||||
Servizo de conexión | |||||
Código de estación | |||||
Liñas ferroviarias | |||||
Número de beiras | |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |
Montefurado é unha estación de tren deAdif, situada enMontefurado, no concello deQuiroga,provincia de Lugo. Ten servizos demedia distancia.
Está situada no punto quilométrico 318,6 da liña deancho ibérico que uneLeón eA Coruña, a 279 metros de altitude,[1] entre as estacións deSoldón-Sequeiros eA Rúa-Petín. O tramo é de vía única e está electrificado.
A estación foi aberta ao tráfico o4 de setembro de1883 coa posta en marcha do tramoO Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unirPalencia coaCoruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creadaRenfe.
Desde o31 de decembro de2004Renfe Operadora explota a liña mentres queAdif é a titular das instalacións ferroviarias.
Sitúase ao sur do núcleo deMontefurado. O seu edificio para viaxeiros é unha pequena estrutura que cumpre principalmente funcións de refuxio. Dispón de dúas vías aos que acceden dúas plataformas, unha lateral e outra central. Unha terceira vía morre nun dos laterais do recinto. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Actualizado a18 de xuño de2016.
| Liña | Trens | Orixe | <> | Destino |
|---|---|---|---|---|
| 6 | Rexional Exprés | Vigo-Guixar | <> | León |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Montefurado |