| Estación de Barra de Miño | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Barra de Miño | |||||
Instancia de | |||||
Estado de uso | |||||
| Persoas e organizacións | |||||
Operador/a | |||||
Propietario/a | |||||
| Transporte | |||||
Servizo de conexión | |||||
Código de estación | |||||
Liñas ferroviarias | |||||
Número de plataformas | |||||
Número de beiras | |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata |

Barra de Miño é unha estación de tren deAdif situada enBarra de Miño, no concello deColes,provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.
A estación atópase no punto quilométrico 36,5 da liña férrea de ancho ibérico que uneMonforte de Lemos conRedondela a 118 metros de altitude, entre as estacións dosPeares eOurense-Empalme.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.
A estación foi inaugurada o1 de decembro de1884 coa aperta do tramoMonforte de Lemos-Ourense da liña que uníaVigo conMonforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo daCompañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida polaCompañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creadaRenfe.
Desde o31 de decembro de2004Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Está situada a beiras dorío Miño. O seu edificio para viaxeiros conserva o seu deseño orixinal. É de base rectangular, dúas alturas e está recuberta por un tellado de catro vertentes. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central á que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Actualizado a14 de xuño de2016.
| Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| 6 | Rexional Exprés | León Ponferrada | <> | Vigo-Guixar |