Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Espoo Blues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espoo Blues
Fundación1984 (disolto en2016)
CidadeEspoo,
Uusimaa
FinlandiaFinlandia
EstadioBarona-areena
(7.017 espectadores)
LigaLiiga
Campionatos0
Propietario(s)Jääkiekko Espoo Oy
DirectorPetri Pusa
AdestradorFinlandiaLauri Marjamäki
CoresAzul, amarelo e branco
               
Na rede
http://www.blues.fi/

OEspoo Blues foi un equipo profesional dehóckey sobre xeo da cidade deEspoo (Finlandia). Competiu na máxima competición do hóckey sobre xeo finés, aSM-liiga, onde o seu mellor resultado foi o subcampionato obtido en2008 e2011. Xogaba os seus partidos como local noBarona-areena, un pavillon con capacidade para 7.017 espectadores. Despois datempada 2015-16 o club disolveuse logo da quiebra económica.

Historia

[editar |editar a fonte]

O club foi fundado enfebreiro de1984 comoKiekko-Espoo, debutando nunha competición na tempada1984-85, cando xogou na Segunda División Finesa. En1988 conseguiron o ascenso á Primeira División Finesa, e en1992 áSM-liiga tras derrotar aoJoensuun Kiekkopojat por 3-2 nas series ao mellor de cinco partidos.Tero Lehterä anotou o gol da vitoria a pase deJere Lehtinen.

O Kiekko-Espoo rematou as súas dúas primeiras tempadas na máxima categoría no posto 11 de 12 equipos. Na tempada1994-95 clasificouse por primeira vez para os 'playoffs, perdendo fronte aLukko nos cuartos de final. Na tempada1997-98 sorprendeu ao derrotar nos cuartos de final ao campión da liga regular oTPS. Kiekko-Espoo rematou a tempada na cuarta posición. O verán seguinte o nome do equipo cambiou para adoptar o da cor dominante na súa camisola como local, o azul.

Durante a tempada1998-99, o equipo trasladouse ao seu pavillón actual, oLänsiAuto Areena (renomeado Barona-areena en2009 debido a un troco no patrocinador). As primeiras tempadas na súa nova casa foron difíciles a pesar de teren asinado grandes xogadores. Os Blues perdéronse osplayoffs en2001 e2005. Na tempada2002-03 realizaron a súa mellor liga regular ao finalizar cuartos, só perdendo fronte aoTappara (que finalmente se faría co campionato) no tempo extra do sétimo partido dos cuartos de final.

O equipo deu un paso adiante na tempada2006-07, cando chegou ás semifinais por primeira vez, a pesar de que perdeu en tres partidos fronteKärpät e o partido pola medalla de bronce fronte aoHPK. Durante a tempada2007-08 conseguiu un novo récord na súa historia ao conseguir gañar 12 partidos consecutivos. Finalmente remataron a liga regular na segunda posición e derrotaron aos seus rivais locais doHIFK nos cuartos de final e aos seus outros rivais locais,Jokerit, nas semifinais semi-finals, chegando polo tanto por primeira vez a unha final e asegurando a primeira medalla da súa historia. Finalmente o equipo rematou subcampión tras perder nas finais fronte aoKärpät.

Na tempada seguinte, o equipo finalizou novamente segundo a liga regular, mais caeu fronte a Kärpät nas semifinais, así como fronte aKalPa no partido pola medalla de bronce. A tempada tamén incluíu a súa participación naChampions Hockey League, onde os Blues perderon nas semifinais contra oZSC Lionssuízo, que finalmente se proclamaría campión. A tempada2009-10 foi difícil e os Blues non conseguiron superar os cuartos de final. Na tempada2010-11 rematou a liga regular no 9º posto e derrotou ao Kärpät (8º) na rolda clasificatoria para osplayoffs. O equipo fixo historia ao converterse no primeiro equipo da SM-liiga que conseguía chegar ata as semifinais logo de disputar a rolda clasificatoria e tras derrotar aoÄssät en seis partidos. Nas semifinais a boa marcha dos Blues continuou e derrotaron en cinco partidos aos campións da liga regular, oJYP. Nas finais o HIFK se impuxo con claridade en catro partidos, mais os Blues conseguiron a medalla de prata por segunda vez na súa historia.

Na tempada2011-12 remataron oitavos a liga regular. Logo de derrotar a Lukko na rolda clasificatoria para osplayoffs, os Blues víanse as caras co KalPa nos cuartos de final. Os Blues fixeron historia outra vez, cando se converteron no primeiro equipo da SM-liiga en gañar as series tras remontar un 0-3 en contra. Non obstante, nas semifinais osPelicans derrotaron os Blues 4-1.

Xogadores

[editar |editar a fonte]

Números retirados

[editar |editar a fonte]

Espoo Blues retirou dous números de xogadores ao longo da súa historia. Ambos os dous xogadores homenaxeados son finlandeses. A continuación todos os números retirados por Blues:[1]

Números retirados de Espoo Blues
XogadorPosiciónCarreiraReferencias
10Jere LehtinenLW1989-1993[2]
33Timo HirvonenLW1990-2003
2005-2006
[3]

Denominacións

[editar |editar a fonte]

Palmarés

[editar |editar a fonte]

Trofeos colectivos

[editar |editar a fonte]
  • OTrofeo Memorial Aaro Kivilinna é entregado cada ano ao mellor equipo de hóckey sobre xeo de Finlandia. O trofeo é determinado pola clasificación final do equipo naLiiga ouMestis, o seu equipo na liga feminina e os seus equipos en categorías inferiores. Bluees gañou o trofeo un total de sete veces dende a súa creación na tempada 1972–73: 2007, 2009, 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015.[4]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Blues"(eninglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  2. "Jere Lehtinen"(eninglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  3. "Timo Hirvonen"(eninglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  4. Seppänen, Antti (22 de febreiro de 2019)."Kärpät vahvasti kiinni Kivilinna-palkinnossa – nousu kaikkien aikojen ykköspaikalle?"(en finés).Federación Finlandesa e Hóckey sobre Xeo. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Equipos
Tempadas
Antigos equipos
Estadios
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Espoo_Blues&oldid=6689457»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp