Aínda que os primeiros habitantes de Espoo chegaron durante os séculos XII e XIII, non foi ata os anos 50 do século XX cando comezou o seu maior desenvolvemento. Debido á súa proximidade con Helsinqui, Espoo converteuse nun lugar de residencia para os traballadores da capital.
A súa poboación creceu dende os 22.000 habitantes en 1950 até os 210.000 no ano 2000. A media de incremento da poboación entre o ano1964 e o2006 é duns 3.900 habitantes anuais.Continúa o incremento de poboación, mais nos últimos anos faino a un ritmo moito menor.
Evolución do número de habitantes(31 de decembro):
A poboación por nacionalidade era o1 de xaneiro de2007: 95.1% nacionalidade finesa e 4.9% outra nacionalidade. A relixión do 77.4% da poboación era a luterana, 1.3% ortodoxa, 1.3% outras crenzas, e o 19.9% dos cidadáns non tiña afiliación relixiosa ningunha.
O obxectivo da cidade foi a de desenrolarse preservando a natureza, o que conduciu a unha peculiar planificación da cidade baseada na construción de diversos núcleos urbanos separados entre eles por amplos espazos de zonas verdes e bosques. Espoo está así dividida nas seguintes áreas:Espoon keskus,Espoonlahti,Kalajärvi,Kauklahti,Leppävaara,Matinkylä-Olari, eTapiola.