Espiroquetas | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Treponema pallidum. | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias e xéneros | |||||||||
Spirochaetaceae |
Asespiroquetas (Spirochaetes) son unfilo debacterias gramnegativas que teñen células alongadas e enroladas helicoidalmente. Entre elas hai algunhas que producen enfermidades nos humanos, como asífilis ou aenfermidade de Lyme.[1]
Son bacterias bastante longas pero estreitas, cunha lonxitude comprendida entre 5 e 250 µm e un diámetro de arredor de 0,1-0,7 µm[2]. O citoplasma, membrana plasmática e parede forman o chamadocilindro protoplásmico. Teñen a peculiaridade de posuír unha membrana externa formada por múltiples capas chamada "envoltura celular" ou "vaíña externa" que rodea completamente o cilindro protoplásmico.
Spirochaetes distínguese dos demaisfilos bacterianos pola posesión dunsflaxelos especializados denominadosfilamentos axiais, que non saen ao exterior, xa que están situados entre a envoltura celular externa e o cilindro protoplásmico (noespazo periplásmico). Producen un movemento xiratorio que fai que a bacteria se mova cara a adiante, como se fose un sacarrollas facendo flexións. Segundo a especie, poden ter de dous a 100 destes flaxelos por célula. Os flaxelos son de estrutura e composición similar aos do resto das bacterias, diferenciándose en que son completamente intracelulares. De cada extremo da célula emerxe un feixe de flaxelos, que se dobran cara a atrás e discorren por dentro do espazo periplásmico ao longo de 2/3 da lonxitude celular, e os que proceden de cada polo da bacteria se encontran no centro da célula.[2]
A mobilidade das espiroquetas é diferente á do resto das bacterias móbiles. A pesar de que os flaxelos son internos, o movemento dos flaxelos causa torsión na célula e, por tanto, mobilidade. Poden empregar tres tipos de movemento en medio líquido: rotación arredor do seu eixe, contraccións flexulosas e movemento helicoidal. Tamén poden desprazarse en ambientes altamente viscosos, mesmo en medios sólidos cun 1% deágar.
Son organismosquimioheterótrofos, a maioríaanaerobios que viven libremente, pero hai numerosas especies parasitas.
Oxenoma de Spirochaetes é moi infrecuente e consta decromosomas eplásmidos, e en xéneros comoBorrelia os cromosomas son liñais en vez de circulares.[3]
Ofilo Sprirochaetes divídese en tresfamilias (Leptospiraceae, Spirochaetaceae e Brachyspiraceae), todas incluídas nun únicoorde,Spirochaetales. Membros importantes deste filo son:
Cavalier-Smith postulou que Spirochaetes forma parte dunclado maior denominadoGracilicutes.[7]
A taxonomía aceptada actualmente está baseada naList of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN)[8] e na base de datos do Centro Nacional para a Biotecnoloxía e Información (NCBI)[9]e a filoxenia está baseada noARNr 16S LTP 106 do Proxecto 'The All-Species Living Tree'[10]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas:
♦ Cepas tipo perdidas ou non dispoñibles
♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispoñibles, é dicir, que non se poden cultivar ou non poden sosterse os cultivos durante certo tempo
♠ Cepas atopadas no NCBI pero non listadas na (LSPN)