Aespermateca é unórgano doaparato reprodutor dasfemias de certosinsectos,moluscos e algúns outrosinvertebrados,[1] no que estas almacenan oesperma dosmachos tras acópula.[2]
O termo está formado polos elementosesperma- e -teca, ambos os dous derivados das voces dogrego antigo σπέρμα, σπέρματοςspérma, spérmatos "semite", "seme", e θήκη thḗkē "caixa", "depósito".[2]
Este neoloxismo emprgouse por primeira vez na linguaxecientífica en1826 noinglés.[2]
O propósito da espermateca é o de recibir e almacenar a esperma do macho e, xelamente, é alí onde ten lugar afecundación, é dicir, a unión dogameto feminino con masculino, cando oóvulo está maduro.[1]
A espermateca está recuberta deepitelio e ten forma variábel; algunhas son tubos finos e enroscados, outras son evaxinacións do aparato reprodutor.[3]
Algunhasespecies teñen máis de unha espermateca.[3]
Cómpre non confundir este termo conespermatóforo, estrutura que conténespermatozoides, que é precisamente a que os machos introducen na espermateca das feminias durante a cópula.[4][5]