Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Esperanto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esperanto
EsperantoEditar o valor en Wikidata
Imaxe do emblema
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Nome orixinal
Esperanto (eo)Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Historia
 Cultura
 Movemento
 Alfabeto
 Uso
 Estudado por
 Lista do elemento
Implicados
 Usado por
 Practicado por
 Inventor/a ou descubridor/a
 Creador/a
Propiedades
 Número de falantes
60000 (2017)
2000000 (2015)
100000 (2006)
2000Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
 Institución de normalización
 Caso gramatical
 Usa maiúsculas para
 Forma xestual
Localización
 Lugar de formación
Datas
 Fundación / creación
26 de xullo de 1887Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
5 de agosto de 1905Congreso Universal de Esperanto de 1905
25 de xullo de 1987Congreso Universal de Esperanto de 1987Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
Identificadores
Freebase/m/02jcwEditar o valor en Wikidata
ISO 639-1eoEditar o valor en Wikidata
ISO 639-2epoEditar o valor en Wikidata
ISO 639-3epoEditar o valor en Wikidata
ISO 639-5epoEditar o valor en Wikidata
IETFeoEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX527298
Wikidata C:Commons

Oesperanto é unhalingua auxiliarartificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada.

O esperanto é un idioma auxiliar internacional, concibido como segunda lingua de comunicación (despois da lingua nai). A maior parte do seu vocabulario está formado por raíces de linguas modernas de orixeindoeuropea e tamén dolatín e ogrego clásicos. Pola súa estrutura simplificada e case sen excepcións[1] o esperanto resulta sinxelo de aprender. Polo demais, esta lingua funciona como calquera outra.

A creación dunha lingua artificial tiña como obxectivo que ningún falante fose subordinado ou privilexiado nos necesarios contactos lingüísticos entre individuos de distintas falas, xa que deste xeito ningún posuía a lingua de intercambio como lingua materna. O obxectivo foi crear unha lingua que fose fácil de aprender para calquera persoa.

Historia

[editar |editar a fonte]
Primeira edición en inglés deLingua internacional (1888).

O esperanto foi desenvolvido a finais da década de1870 e a comezos da década de1880 polooftalmólogoxudeuLudwik Lejzer Zamenhof. Logo de 10 anos de traballo, que Zamenhof pasou traducindo literatura ao idioma, así como escribindoprosa eversos orixinais, aprimeira gramática do esperanto foi publicada enVarsovia en xullo de1887, asinada co nome deDoktoro Esperanto (Doutor Esperanzado).

O primeiro grupo de Esperanto apareceu en Alemaña da man de Leopold Einstein que mantiña correspondencia con Zamenhof e fora o fundador e presidente do club deVolapük deNürnberg, ata dimitir en febreiro de 1888 por razóns de saúde, da súa man o novo presidente Christian Schmidt, tamén esperantista, levou ao club a mudar en asemblea, celebrada o18 de decembro de1888, a súa dedicación cara ao Esperanto[2]. O ano seguinte apareceu a primeira publicación periódica,La Esperantisto, por iniciativa do propio Zamenhof e editado por Christian Schmidt, tiña carácter mensual, mantívose ata 1895 e en 1894 tiña 717 subscritores, o 60% rusos[3].

A cifra de falantes medrou axiña durante as décadas seguintes, nun principio noImperio ruso e naEuropa oriental, logo naEuropa occidental, enAmérica, naChina e noXapón. Nos primeiros anos do movemento, os esperantistas mantiñan contacto por correspondencia e por medio de publicacións periódicas, pero en1905 levouse a cabo o primeiroCongreso Universal de Esperanto, na cidadefrancesa deBoulogne-sur-Mer. Dende entón, os congresos mundiais organizáronse nos cinco continentes ano tras ano agás durante as dúas Guerras Mundiais.

Distribución xeográfica

[editar |editar a fonte]
Bandeira do movemento esperantista

Falantes

[editar |editar a fonte]

As características do esperanto e os obxectivos do movemento esperantista provocaron unha propagación relativamente elevada nos seus comezos, pero a finais dos anos trinta sufriu unha dura freada, debido ás guerras e as represións políticas. É difícil dicir cantos falantes de esperanto hai na actualidade. A maioría das fontes fan referencia a dous millóns de falantes (con maior ou menor nivel de lingua) en todo o mundo. Hai tamén varios centos de falantes nativos, en moitas ocasións nacidos no seo de familias multiculturais cuxa lingua habitual no lar é o esperanto[4]. Cada ano hai centos de novos títulos (tanto traducidos como orixinais) que se publican en esperanto, así como música e ata filmes. Tamén hai un gran número de xornais, revistas e emisoras de radio que transmiten en esperanto.

Internet deulle un novo pulo á lingua, os esperantófonos teñen acceso a foros de discusión, publicacións en liña, blogs, cancións, vídeos que son accesibles tamén á poboación sen coñecemento da lingua. Así, tamén hai moitas organizacións especializadas ou de temática xeral que usan este idioma como lingua de traballo[5]

O esperanto é o que ten máis éxito de todos os idiomas planificados ata o día de hoxe. A finais de 2003, aUniversala Esperanto-Asocio(Asociación Universal de Esperanto) tiña 16.978 membros en 111 países do mundo, e oUniversala Kongreso(Congreso Universal de Esperanto) usualmente reúne de dous mil a catro mil esperantistas cada ano.

Actualmente, existen institucións internacionais, como aAkademio de Esperanto e aUniversala Esperanto-Asocio, que se ocupan da promoción e protección da cultura esperantista.

Galicia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Movemento esperantista en Vigo.
Peche do 32º Congreso Español de Esperanto. Vigo o 20-25 de xullo de 1972.

EnGalicia, a principios doséculo XX, había asociacións esperantistas nas cidades daCoruña,Betanzos,Santiago de Compostela,Mondoñedo,Vilalba,Foz,Lugo eVigo; na actualidade só existe unha asociación galega, aGalega Esperanto-Asocio. Da literatura galega foron traducidas integramente ao esperantoRetrincos, deCastelao, traducida por Fernando de Diego[6];Memorias dun neno labrego deXosé Neira Vilas[7],A ferida, deBegoña Paz[8], eVento ferido, deCarlos Casares[9], traducidas por Suso Moinhos.

Sons

[editar |editar a fonte]

Vogais

[editar |editar a fonte]

O esperanto ten cinco vogais. A lingua non fai distinción na lonxitude das vogais e tampouco existen vogais nasalizadas.

FrontalPosterior
pechadaiu
Mediaeo
Abertaa

Hai seis ditongos decrecentes :uj, oj, ej, aj, aŭ, eŭ (/ui,oi,ei,ai,aw,/ew).

Con só cinco vogais, tolérase un alto grao de variación. Por exemplo,/e/ vai dende[e] (e pechado galego) ata[ɛ] (e aberto galego); estas diferenzas case sempre dependen da lingua nai do falante. Aínda que non é contemplado na norma da lingua, algúns falantes articulan un paro glotal [ʔ] entre vogais adxacentes, especialmente se as vogais son as mesmas, como enheroo (heroe) epraavo (bisavó).

Consoantes

[editar |editar a fonte]
BilabialLabio-
dental
AlveolarPost-
alveolar
PalatalVelarGlotal
Oclusivapb td  kg 
Nasal m  n    
Vibrante simple   ɾ    
Fricativa fvszʃʒ x h 
Africada  t͡s t͡ʃd͡ʒ   
Aproximante lateral   l    
Aproximante     jw 

Fonoloxía do esperanto

[editar |editar a fonte]

O esperanto ten 5vogais e 23consoantes, dúas das cales sonsemivogais. Non tentons. Ao igual ca nonáhuatl ou opolaco oacento tónico sempre cae na penúltima sílaba, a menos que a vogal finalo sexaelidida, o cal adoita acontecer napoesía. Por exemplo,familio (familia) é[fa.mi.ˈli.o], perofamili’ é[fa.mi.ˈli].

Gramática

[editar |editar a fonte]
A lingua internacional, coñecido como "O primeiro libro", editado en ruso (1887)

Agramática do esperanto baséase nas coñecidas como16 regras do esperanto que non teñen excepcións e o seu alfabeto é fonético (a cada son corresponde unha soa letra e viceversa). Posúe unha estrutura moi regular (as mesmas terminacións de palabras para as mesmas partes do discurso, por exemplo,-o parasubstantivos e-a paraadxectivos). O seu carácteraglutinante permite construír de forma sistemática palabras combinando raíces,prefixos esufixos. Isto implica que, a partir dun número relativamente pequeno de raíces, pódense expresar todos os conceptos posibles, o que acelera a aprendizaxe debida ao reducido vocabulario para memorizar.

Morfoloxía

[editar |editar a fonte]

Ao ser unhalingua artificial, o esperanto non estáxenealoxicamente relacionado co idioma dalgún grupo étnico.

Podería ser descrito como "un idioma cuxo léxico é eminentementelatino. Dende un punto de vistamorfolóxico, é predominantementeaglutinante, ao punto de ter un carácter un pouco illante".[10] Afonoloxía,gramática,vocabulario esemántica están esencialmente baseadas enlinguas indoeuropeas occidentais. A escolma fonémica éeslava, malia ser principalmente románico case todo o vocabulario, cunha achega menor por parte daslinguas xermánicas. Os trazospragmáticos, entre outros, non foron definidos nos documentos orixinais de Zamenhof.

Tipoloxicamente falando, o esperanto é un idiomapreposicional e a súa orde por omisión éSuxeito Verbo Obxecto eAdxectivo - Substantivo, aínda que tecnicamente calquera orde é posible grazas aos morfemas que sinalan a función gramatical de cada palabra. Pódense crearnovas palabras mediante o uso deafixos:

ĝoja 'contento' -malĝoja 'triste'herbo 'herba' -herbejo 'prado'koko 'galo' -kokido 'pito'

Case a totalidade dos afixos poden ser usados tamén como morfemas con valor léxico. Seguindo os exemplos anteriores:

mala 'contrario, -a';male - 'pola contra';la malo - 'o contrario'ejo - 'lugar'ido - descendente, fillo;idaro - descendencia, prole

Desta forma, hai palabras formadas totalmente por afixos, como a xa mencionadaidaro, oualiĝi 'inscribirse', 'anotarse';ilarujo 'caixa das ferramentas' etc.

Pode ser interesante comparar os sistemas de derivación regular mediante afixos do esperanto cos doutras linguas aglutinantes, como o xaponés:

xaponésesperantosignificado
tabemasu, tabemonomanĝi, manĝocomer, comida
nomimasu, nomimonotrinki, trinkobeber, bebida
kimasu, kimonovesti, vestovestir, vestido/peza de roupa

Léxico

[editar |editar a fonte]
Abecedario do esperanto nunha escola infantil deMazara del Vallo,Sicilia

O vocabulario do Esperanto provén de moitas linguas. Algunhas palabras novas teñen a súa orixe en idiomas non indoeuropeos, coma oxaponés, por ser consideradas internacionais. Con todo, a gran maioría do vocabulario do esperanto procede daslinguas romances (principalmente olatín, oitaliano e ofrancés), oalemán e mailoinglés.

Exemplos etimolóxicos

[editar |editar a fonte]
  • dolatín e aslinguas romances:
    • dolatín:abio, sed, tamen, okulo, akvo, vulpo (abeto, pero, non obstante, ollo, auga, raposo)
    • dofrancés:dimanĉo, fermi, ĉe, frapi, ĉevalo, butiko (domingo, pechar, en, bater, cabalo, tenda)
    • doitaliano:ĉielo, fari, voĉo (ceo, facer, voz)
    • docastelán:ĉarlatano (charlatán)
    • doportugués:saŭdado (saudade)
    • de varias:facila, fero, tra, verda (doado, ferro, a través de, verde)
  • daslinguas xermánicas:
    • doalemán:baldaŭ, bedaŭri, haŭto, jaro, fraŭlino, nur (cedo, lamentar, pel, ano, señorita, só)
    • doinglés:birdo, mitingo, spite, suno, teamo, ŝi (ave, mitin, a despeito, sol, equipo, ela)
    • de varias:bildo, fiŝo, fremda, grundo, halti, hasti, hundo, ofta, somero, ŝipo, vintro (imaxe, peixe, estranxeiro, chan, parar, bulir, can, frecuente, verán, barco, inverno)
  • daslinguas eslavas:
    • dopolaco:celo, ĉu, krado, luti, moŝto, piĉo (obxectivo, (partícula interrogativa), reixa, soldar, alteza, cona)
    • doruso:barakti, serpo, vosto (forcexar, fouciño, rabo)
    • de varias:klopodi, krom, prava (tentar, ademais de, acertado)
  • doutraslinguas indoeuropeas:
    • dogrego antigo:hepato, kaj, biologio, politiko (fígado, e, bioloxía, política)
    • dolituano:du, ju, tuj (dous, canto máis, inmediatamente)
    • dosánscrito:budho, nirvano (buda, nirvana)
  • daslinguas saamis:samea, boaco, jojko (saami, reno, joik -música tradicional lapoa-)
  • daslinguas urálicas:
    • dofinés:lirli, saŭno (cantaruxar -a auga-, sauna)
    • dohúngaro:cinci, ĉako, ĉardo, ĉardaŝo, ĉuro (chiar -os ratos-, gorro alto de uniforme, taberna húngara, chardas, leitada -seme-)
  • daslinguas semíticas:
    • doárabe:kadio, kaido (cadí, caíd)
    • dohebreo:kabalo (cábala)
  • doutros idiomas:
    • doxaponés:cunamo, utao, zeno, obio, getao, toŭfuo, sakeo, kakemono (tsunami, uta -composición poética xaponesa-, zen, obi -cinto do quimono-, sandalia xaponesa, tofu, sake, pintura colgante xaponesa)

Criterios para a escolla do vocabulario

[editar |editar a fonte]

Os días da semana están tomados do francés (dimanĉo, lundo, mardo,...), moitos nomes de partes do corpo do latín (hepato, okulo, brako, koro, reno,...), as unidades de tempo do alemán (jaro, monato, tago,...), os nomes de animais e vexetais, en ocasións, dos nomes científicos en latín (fenikoptero, urso, fringilo), aínda que abundan os procedentes das linguas nacionais (muŝo, kokcinelo, hundo, fiŝo).

Pódese inferir o significado de moitas palabras pola súa semellanza con outros idiomas (moito máis detallado no libroEtimologia vortaro de Esperanto, "Dicionario etimolóxico do esperanto", de Ebbe Vilborg)

  • abdiki(abdicar) como en inglés, latín, italiano, galego e castelán.
  • abituriento(bacharel) como en alemán ou ruso.
  • ablativo(ablativo) como en latín, inglés, italiano e castelán, pero tamén é recoñecible por alemáns entendidos en gramática.
  • funto(libra -unidade de peso-) como en polaco, ruso, yiddish e alemán.
  • ŝnuro(corda) como en alemán, polaco e checo.

Ademais, Zamenhof creou coidadosamente unha pequena base de palabras radicais e afixos, a partir da cal é posible formar unha cantidade moito maior de palabras. Grazas a isto, pódese adquirir un alto nivel comunicativo tendo aprendido unha cantidade relativamente pequena de palabras (entre 500 e 2.000 palabras e afixos).

Exemplos de frases

[editar |editar a fonte]
GalegoEsperantoAFI
OlaEo-saluton.oggSaluton[saˈluton]
SiEo-jes.oggJes[jes]
NonEo-ne.oggNe[ne]
Bo díaEo-bonan matenon.oggBonan matenon[ˈbonan maˈtenon]
Boa noite (á tardiña)Eo-bonan vesperon.oggBonan vesperon[ˈbonan vesˈperon]
Boa noiteEo-bonan nokton.oggBonan nokton[ˈbonan ˈnokton]
Até logoEo-ĝis la revido.oggĜis (la) revido[ˈd͡ʒis (la) reˈvido]
Chámome MarkoEo-mia nomo estas marko.oggMia nomo estas Marko[ˌmia ˈnomo ˌestas ˈmarko]
Como estás?Eo-kiel vi fartas.oggKiel vi fartas?[ˈkiel vi ˈfartas]
Estou benEo-mi fartas bone.oggMi fartas bone[mi ˈfartas ˈbone]
Falas esperanto?Eo-ĉu vi parolas esperante.oggĈu vi parolas esperante?[t͡ʃu vi paˈrolas espeˈrante]
BenEo-bone.oggBone[ˈbone]
GrazasEo-dankon.oggDankon[ˈdankon]
De nadaEo-ne dankinde.oggNe dankinde[ˌne danˈkinde]
Por favorEo-bonvolu.oggBonvolu[bonˈvolu]
DesculpeEo-pardonu min.oggPardonu min[parˈdonu ˌmin]
Saúde!Eo-sanon.oggSanon![ˈsanon]
Parabéns!Eo-gratulon.oggGratulon[ɡraˈtulon]
QuéroteEo-mi amas vin.oggMi amas vin[mi ˈamas ˌvin]
Unha cervexa, por favorEo-unu bieron mi petas.oggUnu bieron, mi petas[ˈunu biˈeron, mi ˈpetas]
Onde está o cuarto de baño?Eo-kie estas la necesejo.oggKie estas la necesejo?[ˈkie ˈestas la ˌnet͡seˈsejo]
Que é iso?Eo-kio estas tio.oggKio estas tio?[ˈkio ˈestas ˈtio]
Iso é un canEo-tio estas hundo.oggTio estas hundo[ˈtio ˈestas ˈhundo]

Cultura

[editar |editar a fonte]
A novelistacroata Spomenka Štimec

A cultura en esperanto ten tantos anos como ten a lingua. Unha das súas manifestacións máis destacables é a existencia dunhaliteratura propia, que comeza ao mesmo tempo que en Galicia se desenvolve oRexurdimento e que chega até hoxe. Destacan, na primeira metade do s. XX, a escola deBudapest, con poetas comoKálmán Kalocsay e Lajos Tárkony; despois das guerras mundiais, a escolaescocesa, conWilliam Auld (que foi candidato aopremio Nobel durante varios anos) e Marjorie Boulton, e axaponesa, con Miyamoto Masao; a partir dos anos 90 desenvolve a súa actividade literaria a escola ibérica, con Jorge Camacho, Miguel Fernández, Miguel Gutiérrez Adúriz (Liven Dek) ou Gonçalo Neves. Alén desta última, no panorama actual cómpre mencionar tamén os escritores Mao Zifu (chinés), Sten Johansson (sueco), Anna Löwenstein (inglesa), Spomenka Štimec (croata), Nicola Ruggiero (italiano), Mikaelo Bronŝtejn (ruso) etc.

Barbara Pietrzak, locutora da Radio Polaca na Rede

As emisións internacionais de radio teñen unha grande importancia na cultura esperantista desde os inicios do século XX. Actualmente emiten en esperanto a Radio Internacional da China (con programas diarios dunha hora),Radio Habana Cuba eRadio Vaticana. As emisións da Radio Polonia foron anuladas en 2011 polo goberno do país, pero desde entón o equipo continúa a emitir, en Internet e coa mesma profesionalidade, tres programas semanais de media hora de duración[11]. No pasado houbo outras emisións internacionais en esperanto, como a RadioSuíza Internacional, RadioCorea, RadioZagreb, Radio Austria Internacional, RadioEstonia, Radio Roma, RadioRío de Xaneiro ouRadio Moscova. Algunhas delas desapareceron ao deixar de existir o bloque comunista. A chegada dospodcasts facilitou o xurdimento de novas radios, como Varsovia Vento. A aplicación Muzaiko permite escoitar varias emisoras en esperanto en dispositivos móbiles.

Os cantantes Ĵomart kaj Nataŝa (Uzbekistán/Suecia)

A música é outro elemento destacable da cultura en esperanto. Algúns dos grupos e solistas actuais abranguen estilos moi diversos, como Kajto e Kapriol', que teñen musicado algúns poetas esperantistas cun estilo próximo aofolk, o cantante Martin Wiese (antigo compoñente dos grupos Persone e Amplifiki, Ĵomart kaj Nataŝa (deUzbekistán, actualmente vivindo enSuecia), a polaca Suzana Kornicka, Asorti, JoMo, o conxunto brasileiro de rock BaRok', o grupo cubano Amindaj, os cataláns de Kaj Tiel Plu, Konga Espero (música doCongo) etc.

O director polaco Roman Dobrzyński

Sen apoio oficial, as producións cinematográficas en esperanto son moi escasas. Cabe destacar o filmeAngoroj (Angustias, Jacques-Louis Mahé, 1964), osdocumentais de Roman Dobrzyński ou os feitos polacooperativa Literatura Foiro. Téñense dobrado algúns filmes ao esperanto, como os húngarosEn Eŭropo ie... (Nalgures en Europa, de Géza Radványi, 1947, dobrado en 1987) ouMefisto (de István Szabó, 1981, dobrado en 1988).

A actriz croata Vida Jerman noCongreso Universal de Esperanto enGotemburgo,2003

O teatro ve limitada as súas posibilidades pola itinerancia dos grupos, que actúan en festivais e congresos. Isto condiciona, por exemplo, a escenografía, que ha ser transportable e lixeira, e tamén as procedencias dos compoñentes, que para ensaiaren deben preferentemente pertencer a unha mesma cidade ou rexión. Por esta última razón non son raros os actores que frecuentemente optan por monólogos, como as actrices profesionais Vida Jerman (1939-2011), Jadwiga Gibczyńska (1924-2012) ou o actor e cantante Georgo Handzlik. O proxecto da compañía Studio P enToruń,Polonia, dirixido por Lucyna Sowińska, presenta o interese de seguir os pasos doteatro pobre deJerzy Grotowski. O grupo Bulgara Esperanto-Teatro, fundado en 1957 e actualmente inactivo, deixou interesantes espectáculos levados a cabo por actores profesionais como Belka Beleva (1927-2012)[12]. No seo da comunidade esperantófona naceu o PIF (Pupteatra Internacia Festivalo, Festival Internacional de Teatro de Monicreques), que cada verán desde 1968 reúne enZagreb espectáculos de compañías dos cinco continentes, dos cales algúns son en esperanto[13].

Oficialidade

[editar |editar a fonte]

O esperanto non ten status oficial en ningún país; pódese estudar como materia nuns poucos centros oficiais de ensino de todo o mundo[14].

Durante os anos 80 e até o curso 1991-92 ensinouse esperanto no Instituto de Idiomas daUniversidade de Santiago de Compostela. Desde 2018 é posible estudalo no Centro de Idiomas daUNED[15].

Facultade de filoloxía moderna da Universidade Adam Mickiewicz

Na Universidade Adam Mickiewicz dePoznań,Polonia, existiu até 2024 o curso de posgraduación Estudos deinterlingüística, con duración de tres anos lectivos e con 120ECTS. As aulas eran enteiramente en esperanto, o profesorado e alumnado eran internacionais, e os contidos equivalían aos dunha filoloxía do esperanto[16].

AUniversidade Eötvös Loránd (ELTE) deBudapest,Hungría, a través do seu centro de linguas ELTE Origó Nyelvi Centrum, realiza exames de esperanto dos niveis B1, B2 e C1 (segundo oMCER), aprobados pola ALTE en 2008. Mediante un acordo coaAsociación Universal de Esperanto (UEA), ditos exames son feitos, ademais de en Hungría, en varios lugares do mundo escollidos pola UEA e aprobados pola ELTE.[17]

Houbo plans de establecer a comezos doséculo XX o primeiro Estado esperantista enMoresnet, e na efémera illa artificial-estado deIlla das Rosas (en esperanto:Respubliko de la Insulo de la Rozoj) usouse o esperanto como idioma oficial en 1968. Na China, durante a revolución Xinhai de 1911, houbo grupos que consideraron a idea de declarar o esperanto idioma oficial, pero máis tarde esta medida refugouse por insostible.

AAsociación Universal de Esperanto ten relacións oficiais coasNacións Unidas e aUnesco.

Persecución política

[editar |editar a fonte]

Moitos réximes perseguiron e prohibiron o esperanto durante oséculo XX.

Adolf Hitler citou no seu libroMein Kampf o esperanto coma unha lingua que podería ser empregada para a dominación do mundo por unha conspiración xudía internacional.[18] Como resultado desa animadversión, produciuse a persecución dos esperantistas durante oHolocausto[19].

Stalin denunciou o esperanto como "lingua de espías" producíndose execucións de esperantistas naUnión Soviética[20]. Durante as purgas estalinistas, a partir do1937, moitos esperantistas da URSS foron executados ou enviados aosgulags[21].

O senadorestadounidenseJoseph McCarthy, coñecido polo seu anticomunismo, considerou o coñecemento do esperanto como "case sinónimo" de simpatía cara aocomunismo.[22]

Durante aGuerra Civil española morreron moitos esperantistas en ambos os lados, principalmente no bando republicano. Nas Brigadas Internacionais había esperantistas procedentes doutros países. Despois da guerra, a cadea, o medo ás persecucións, o exilio de moitos falantes, ou as necesidades materiais, fixeron que o esperanto quedase reducido á esfera privada durante unha década. Só pouco a pouco se foi reorganizando o movemento esperantista. No entanto, os incidentes contra as asociacións e os falantes da lingua, levados a cabo por parte de grupos ou autoridades sucedéronse aínda durante varios anos despois[23].

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Wells, John (1978):Lingvistikaj aspektoj de Esperanto. Rotterdam: Universala Esperanto-Asocio.
  2. Korzhenkov, Aleksandr (2009).Zamenhof: The Life, Works and Ideas of the Author of Esperanto. New York: Mondial, p. 20.
  3. Bibliografio de Internacia Lingvo 1929, p. 306
  4. Corsetti, Renato. "A Mother Tongue Spoken Mainly by Fathers", enLanguage Problems & Language Planning, vol. 29, number 3, 1996, pp. 263-273.
  5. Universala Esperanto-Asocio (2017):Jarlibro 2017. Rotterdam: Universala Esperanto-Asocio.
  6. Rodríguez Castelao, Alfonso (1983):Viveroj. Santiago de Compostela: Universitato de Santiago de Compostela.
  7. Neira Vilas, Xosé (2017):Memoraĵoj de kampara knabo. Nova York: Mondial.
  8. Paz, Begoña (2019):La vundo. Nova York: Mondial.
  9. Casares, Carlos (2019):Vundita vento. Partizánske: Espero.
  10. Blank, Detlev (1985). Akademie-Verlag, ed.Internationale Plansprachen. Eine Einführung ("Linguas planexadas internacionais: Unha introdución"). ISSN 0138-55 X. 
  11. "La ĉefa voĉo de Esperantujo rememoras — Libera Folio".www.liberafolio.org(en esperanto). Consultado o2019-02-04. 
  12. "Esperanto-teatro".esperanto-teatro.blogspot.com(en esperanto). Consultado o2019-02-04. 
  13. "NASLOVNICA - Međunarodni festival kazališta lutaka – PIF, International Puppet Theatre Festival – PIF".www.pif.hr. Arquivado dendeo orixinal o 25 de abril de 2017. Consultado o2019-02-04. 
  14. "No liceo 38 de Kiev forma parte do currículo escolar". Arquivado dendeo orixinal o 14 de agosto de 2007. Consultado o 08 de agosto de 2009. 
  15. Centro de Idiomas daUNED.
  16. "Interlingvistiko - UAM".interl.amu.edu.pl. Arquivado dendeo orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o2019-02-04. 
  17. "ELTE Origó Nyelvi Centrum de la Universitato Eötvös Loránd (ELTE ONYC)". Arquivado dendeo orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 04-feb-2019. 
  18. Adolf Hitler (1924)."Mein Kampf".Volume 1, Chapter XI. Arquivado dendeo orixinal o 17 de decembro de 2008. Consultado o 21 de setembro de 2008. 
  19. "About ESW and the Holocaust Museum". Arquivado dendeo orixinal o 11 de decembro de 2008. Consultado o 21 de setembro de 2008. 
  20. "Asociación de Esperanto de Irlanda". Arquivado dendeo orixinal o 04 de decembro de 2008. Consultado o 21 de setembro de 2008. 
  21. Lins, Ulrich (1990):La danĝera lingvo. Studo pri la persekutoj kontraŭ Esperanto. Moscova: Progreso
  22. "Esperanto - Questions, Answers, Fun Facts, Information". Arquivado dendeo orixinal o 11 de decembro de 2008. Consultado o 21 de setembro de 2008. 
  23. "La utiligado de esperanto dum la hispana intercivitana milito".www.nodo50.org. Consultado o2019-02-04. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  EsperantoModificar a ligazón no Wikidata
Existe unha versión daWikipedia en  Esperanto
Vexa noGalizionario as palabras en  Esperanto

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Esperanto&oldid=7172681»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp