Aespelta outrigo vermello (Triticum spelta), é unha especie común decereal do xéneroTriticum. Pertence aostrigos hexaploides pola presenza na súa conformación de 21cromosomas. É un cereal adaptado a climas duros, húmidos e fríos.
A espelta provén daescanda brava (Triticum dicoccoides Kór.): cruzamento natural (hibridación) entreTriticum boeticum Boiss e, posibelmente,Aegilops speltoides Tausch, presentes no próximo Oriente e documentado dende hai 7 milenios - en xacementos arqueolóxicos doIraq,Israel eTurquía (Harlan, 1976)-. Espallouse axiña polo Mediterráneo e na Península Ibérica foi explotada dende os mesmos inicios da agricultura, hai uns 5 milenios (Hopf, 1987).
Dende aIdade Media cultívase enGalicia,Asturias,Suíza, oTirol e no sur deAlemaña. A famosa abadesaSanta Hildegarda de Bingen escribe sobre a espelta no seu libroLiber Simplicis Medicinae: "A espelta é o mellor gran. É nutritivo e mellor tolerado que calquera outro gran. A espelta fornece a quen a come de todos os nutrientes para ter unha óptima saúde e aporta unha mente feliz. Non importa como se tome, xa sexa como pan ou doutro xeito, porque é boa e doada de dixerir".
A colleita porhectárea é inferior á dotrigo e o procesamento é máis difícil, mais atura un clima máis rudo e é máis resistente contra enfermidades. Con todo, no século XX diminuíu o seu cultivo, por ter un mao rendemento. No sur de Alemaña coléctase parte da produción de espelta crúa para despois torrala. Úsase para a preparación depans,cervexas,vodkas,[1]potaxes ealbóndegas vexetarianas.
Nos últimos anos a espelta aos poucos vai retomando o sona, en particular na sección biolóxica. Unha das razóns é que os alérxicos aprecian que conteña menos glute e tamén a presenza de ácidos graxosomega-3,omega-6 eomega-9, ademais de minerais.[2] Hai moitos cruzamentos da espelta cotrigo común[3], mais para utilizar a espelta como substituto do trigo esta ten que ser pura. O seu consumo orixina menos alerxias ca o trigo, porén ao conter taménglute, de ningunha maneira é apta paracelíacos.
Valor enerxético: 1415 KJ/338 Kcal por 100 g
Substancia | Cantidade |
---|
Auga | 11,02 g |
Proteína | 14,57 g |
Graxa | 2,43 g |
Glícido | 70,19 g |
Fibra | 10,7 g |
Sodio | 3,0 mg |
Potasio | 447 mg |
Calcio | 22 mg |
Fósforo | 401 mg |
Magnesio | 136 mg |
Ferro | 4,44 mg |
Cinc | 3,28 mg |
Flúor | 0,06 mg |
Vitamina E | 0,79 mg |
Vitamina B1 | 0,36 mg |
Vitamina B2 | 0,11 mg |
Vitamina B3 | 6,84 mg |
Vitamina B6 | 0,23 mg |
Vitamina B9 | 45 μg |