Espeleotema, enxeoloxía, é a denominación formal para o que comunmente se coñece como "formacións das cavidades". A palabra está formada polos termosgregosσπήλαιονspélaion "caverna", "gruta" (da que derivan taménespeleoloxía e espeleólogo) e θέμαthema "depósito", "sedimento".[1], é dicir, "depósito nas cavidades", que se refire xeralmente adepósitos minerais secundarios, formados encovas, grutas ou cavernas, xeralmente en terreoscársticos, tras a xénese destas e nos cales as augas de infiltración que gotexan e escorren teñen un papel fundamental.
Pero atendendo ao uso estendido da palabra en alusión ás "formacións das cavidades", encontramos que existen non só espeleotemas secundarios, senón tamén primarios, dependendo do tipo de cova en que se encontren.[2]
A auga de filtración a través das fendas do terreo nas proximidades dunha caverna pode disolver certos compostos, normalmentecalcita earagonita (carbonato cálcico) exeso (sulfato cálcico). A cantidade de mineral disolvido depende, entre outros factores, da concentración dedióxido de carbono e a temperatura da solución. Cando esta solución alcanza unha caverna chea de aire, a descarga do CO2 altera a capacidade da auga para manter estes minerais en disolución, provocando queprecipiten. Co tempo, que pode ser de decenas de miles de anos, a acumulación destesprecipitados pode formar espeleotemas secundarios.
Os espeleotemas secundarios non se forman unicamente en cavernas cársticas, aínda que é nelas onde mellor se aprecian. Tamén poden formarse en calquera outra cavidade onde o gotexo de auga cargada de minerais procedentes do terreo teña ocasión de precipitar. Deste modo, poden encontrarse espeleotemas secundarios entubos volcánicos que se encontren en terreos húmidos e incluso en cavidades artificiais, comominas, sempre que transcorra o tempo necesario para a súa formación.
Os espeleotemas secundarios formados por calcita pura son dunha cor branca e transparente, pero xeralmente aparecen coloreados por minerais comoferro,cobre oumanganeso, ou poden seren pardos pola inclusión de partículas de barro ou de sedimentos.
Moitos factores inflúen na forma e na cor dos espeleotemas secundarios, incluíndo a cantidade e a dirección da filtración de auga, a cantidade de ácido na solución, a temperatura e a humidade ambiental da cova, as correntes de aire, o clima da superficie, a cantidade de precipitacións anuais e a densidade da cobertura vexetal exterior.
A maior parte da química da caverna cárstica desenvólvese en torno ácalcita, CaCO3, o mineral primario na rochacalcaria. É un mineral pouco solúbel, cuxasolubilidade aumenta coa introdución dedióxido de carbono, CO2. É paradoxal que a súa solubilidade diminúe conforme a temperatura aumenta, ao contrario que a gran maioría dos sólidos disolvidos. Esta diminución débese a interaccións co dióxido de carbono, cuxa solubilidade diminúe con elevadas temperaturas. Cando o dióxido de carbono se libera, o carbonato cálcico precipita.
Moitas outras solucións nas cavernas non están compostas decalcaria oudolomita, senón dexeso (sulfato cálcico hidratado), cuxa solubilidade aumenta proporcionalmente coa temperatura.
Pódense tomar mostras de espeleotemas secundarios para usalos, ao igual que unnúcleo de xeo como un rexistro de cambios climáticos pasados.
Unha característica destes espeleotemas á a súa capacidade única para seren datados con gran precisión.[3]
Asestalagmitas son particularmente útiles para aplicacións paleoclimáticas pola súa forma relativamente simple e porque conteñen diversos rexistros climáticos, comoisótopos de oxíxeno e carbono e trazas decatións. Estes poden achegar informacións sobre a precipitación no pasado, a temperatura, e os cambios na vexetación durante os últimos ~ 500 000 anos.[4][5][6][7]
Os espeleotemas fórmanse tamén nascovas volcánicas como ostubos de lava. Aínda que en ocasións son similares en aparencia aos presentes nascovas cársticas, os espeleotemas primarios presentes nos tubos volcánicos están formados por arrefriamento dalava residual no interior da cova.
Dependendo da idade do tubo volcánico e do terreo en que se encontre, poden formarse no seu interior outros espeleotemas secundarios, como pequenasestalactitas e diversasconcrecións, grazas a achegas de auga con minerais disolvidos que acaban precipitando.
Osespeleotemas primarios máis comúns nos tubos de lava son:
Osespeleotemas secundarios máis comúns nos tubos de lava de certa antigüidade son:
![]() | Commons ten máis contidos multimedia sobre: Espeleotema |