Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Especulación (economía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aespeculación é un termo polisémico cun mesmo orixe etimolóxico, do latínspeculari, observar; referido á filosofía aespeculación refírese á observación teórica sobre un asunto (do gregotheoría =visión), adquire un significado especial no eido do cartos e a economía[1]. A persoa que especula chámaseespeculador. Un especulador non compra bens para posuílos, senón para vendelos despois. O motivo é que quere obter beneficios coa variación doprezo.

Téntase comprar os produtos cando son baratos e vendelos cando son caros. Hai unha boa oportunidade de beneficiarse sempre que o prezo de mercado dunben económico cambie a miúdo en diferentes direccións.

A especulación inclúe a compra, tenencia, venda e venda en curto deaccións, bonos, mercadorías,moedas, obxectos de colección, inmobles, derivados ou calquera instrumento financeiro valioso. É o contrario de comprar porque se quere utilizar un ben para a vida diaria ou obter ingresos con eles (como dividendos ouintereses).

A especulación é un dos principais papeis domercado nos mercados financeiros occidentais. Os outros son cobertura,investimento a longo prazo e arbitraxe. Os especuladores non planean manter unactivo durante moito tempo.

A especulación é contraria a certas escalas de valores éticos e relixiosos.[2]

Aespeculación inmobiliaria é un tipo particular de especulación.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Dicionario".Real Academia Galega. Consultado o2022-03-01. 
  2. Ryan, John A. (1902)."The Ethics of Speculation".International Journal of Ethics12 (3): 335–347.ISSN 1526-422X. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especulación_(economía)&oldid=6100715»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp