"Coa moza de belos pés, a oceánide Clímene, casou Xapeto e con ela subiu ó mesmo leito. Ela deulle un fillo, o valoroso Atlante, e procreou o famoso Menetio, o sutil Prometeo, rico en recursos, e o torpe Epimeteo, que foi desde o principio un mal para os laboriosos homes, pois por primeira vez aceptou unha doncela modelada por Zeus".
Outras fontes din que a súa esposa foiAsia, tamén filla de Océano; ou ben Asopis, unha neta de Océano.
Xunto ós seus irmáns, púxose do lado deCronos na guerra daTitanomaquia, fronte aZeus. Ó ser derrotados, todos eles terminaron condenados por Zeus a ser encerrados noTártaro.