Esparreguera é unha vila milenaria, fundada no985 d.C. O seu nome aparece por primeira vez noséculo X. O ano 985 o conde Borell II estivo obrigado a abandonarBarcelona pola ameaza deAlmanzor e refuxiouse nas montañas deManresa. Desde alí chamou aos seus homes de armas para expulsar aos invasores, e entre estes homes estaba o cabaleiro Guillem de Esparreguera. Borell conseguiu recuperar as terras que chegaban ata os límites deLleida, terra que repartiu entre os baróns, e encomendou a estes a construír, reforzar e armar os castelos que había por todas as terras conquistadas, para así evitar outro ataque por parte dos invasores. Este cabaleiro construíu o seu castelo nos margenes do río Llobregat e no tourón do Puig, localización idónea para vixiar os movementos dos invasores que viñan doPenedès. Este castelo non foi a primeira vez que habitaba esa zona, xa que se atoparon covas na zona do balneario deLa Puda restos prehistóricos, máis concretamente cerámica, puntas de lanzas, fragmentos de sílex, ferramentas feitas con pedras etc...
Igrexa de Esparreguera.
Tamén, seguindo o curso norte do río e chegando á zona doCairat acháronse restos romanos dun poboado, e na zona da Gorgonçana tamén había un asentamento chamadoSparagaria. Na zona NE do termo municipal achábase o castelo deSpasas. No1316 Pere Sacosta decide construír o pobo no pequeno altiplano do Puig e ao redor da Ermida de Santa Maria del Puig, pero máis tarde coa construción da Igrexa de Santa Eulalia, o pobo trasladouse no1587.
Noséculo XVI, os documentos xa falan de decretos asinados polo abade de Montserrat como Señor da Vila e de Esparreguera. AsGuerras Carlistas deixaron arruinada á poboación: a industria da la, que era a principal fonte de riqueza da localidade nos séculos XVI e XVIII, quedou destruída. Durante oséculo XVIII o número de habitantes mantívose en 2.500 habitantes, pero coa industrialización instaláronse diversas fábricas no municipio, a máis importante foi a Colonia Sedó, unhas das colonias máis grandes deEuropa. Grazas a isto, no ano1887 a poboación aumentou ata chegar aos 4.015 habitantes, no1930 aos 5.211, e a finais doséculo XX chega aos 17.000.
O12 de febreiro celébrase a festa maior de inverno, xa que é o día de Santa Eulalia, patroa da cidade. Tamén se celebra ocorrebars no verán, a feira medieval etc...