Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Espaguetes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espaguetes industriais.
Espaguetes
Valor nutricional por 1/2 copa (70 gramos)
Enerxía460 kJ (110 kcal)
22g
Azucres0g
Fibra alimentaria1g
0.5g
Saturadas0g
Trans0g
4g
VitaminasCantidade
Vitamina A equiv.
0%
0 μg
Vitamina C
0%
0 mg
MineraisCantidade
Calcio
0%
0 mg
Ferro
31%
4 mg
Sodio
0%
0 mg

Fonte: USDA[1]
As porcentaxes son aproximadas empregando arecomendación de US para os adultos.

Osespaguetes[2] (enitaliano,spaghetti; singularspaghetto, diminutivo despago, 'cordón') son un tipo depasta con forma de cordóns longos e delgados, de sección circular.

Pódense distinguir doutros similares polo seu diámetro. De menor a maior encóntranse osspaghettini (nº 3), osspaghetti (nº 5) e osspaghettoni (nº 8).

Integran a "familia" dosmacarróns oumaccheroni, e son semellantes aostallaríns.

Aínda que son un prato típico da cociña italiana, conta a tradición que foron introducidos enItalia porMarco Polo, ao seu regreso daChina.

Ao igual que outras pastas, son bos para a saúde, xa que non teñengraxas trans (sempre e cando, obviamente, non se engadan na súa preparación ingredientes como amargarina, por exemplo).

Son populares nagastronomía de case todos os países, non só na de Italia.

Preparación dos espaguetes

[editar |editar a fonte]
Espaguetesá boloñesa.

A maioría dos espaguetes que se consomen habitualmente están preparados industrialmente e deshidratados. Estes cocíñanse fervendo a pasta en auga salgada até que abranden, o que leva aproximadamente uns 10 minutos desde que se introducen na auga.

A consistencia e a textura cambian en función do tempo de cocción. A máis popular en Italia éal dente, que leva menor tempo. De desexarmos facelos ben cocidos, convén deitar un chorriño de aceite, evitando así que se peguen ao fondo da ola.

Os que son frescos deberán prepararse con fariña '00'. Os de menor calidade elabóranse habitualmente con outros tipos de fariña.

Adoitan servirse con diversas salsas de recitas tradicionais, habitualmente con salsa de tomate e salferindo con queixo relado como, por exemplo, oparmesano ou oreggiano. Unha das variantes máis común é "á boloñesa" (spaghetti bolognese), onde á salsa de tomate se lle engade carne de vacún picada.

Na sociedade

[editar |editar a fonte]

No teatro e no cinema

[editar |editar a fonte]

Os espaguetes son os memorábeis heroes dunha comedia, "Miseria e nobiltà", deEduardo Scarpetta, interpretada tamén nocinema porTotò, na que terminan nun momento determinado nos petos do miserábel protagonista que, para ocultalos, ponos nun lugar seguro na súa chaqueta.

Un prato de espaguetes é tamén o "protagonista" dunha secuencia moi famosa e divertida da película "Un americano en Roma", cunAlberto Sordi mozo no papel deyankee enfrontado a un moi italiano prato, extra grande, de espaguetes con (moito) tomate, exclama:

Macarrón, provocáchesme e eu te destrúo agora, macarrón! Cómote! ahmm...
Nando Mericoni diante dun prato de pasta.

EnO regreso de Don Camilo, no minuto 17, Peppone, sentado ante os espaguetes, lle ofrece un prato a Don Camilo.

Encontramos tamén aos espaguetes como un compoñente central da escena do restaurante nofilmeLady and the Tramp (A dama e o vagabundo) deWalt Disney.

E porque simbolizan aItalia, os espaguetes deron o seu nome a unxénero cinematográfico, o ironicamente chamadoSpaghetti western, é dicir, unwestern producido e dirixido por un italiano. Odirector de cine máis famoso deste xénero, entre os moitos que o cultivaron, foiSergio Leone:Per un pugno di dollari (Por unha manchea de dólares),Per qualche dollaro in più (A morte tiña un prezo),O bo, o feo e o malo.

En infraestruturas

[editar |editar a fonte]

Os espaguetes son, aplicados ás infraestruturas, grandes nós de intercomunicación entre varias vías de transporte. Adoita aplicarse o termo sobre todo ásautoestradas eautovías. Os espaguetes viais son típicos dos grandes cruzamentos de autoestradas estadounidenses, aínda que tamén poden verse en bifurcacións de autoestradas europeas.

En computación

[editar |editar a fonte]

Ocódigospaguetti é un termo pexorativo para os programas de computación que teñen unha estrutura de control de fluxo complexa e incomprensíbel. O seu nome deriva do feito de que este tipo de código parece asemellarse a un prato de espaguetes, é dicir, unha morea de fíos intricados e enguedellados.

En parodias

[editar |editar a fonte]

Opastafarismo, ou relixión doMonstro de Espaguete Voador, é unha parodia relixiosa creada enKansas para protestar contra o ensino nas escolas públicas deste estado dateoría creacionista (creacionismo).

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Spaghetti, Enriched, Dry"(PDF). United States Department of Agriculture. outubro de 2012. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 04 de xullo de 2014. Consultado o 16 de decembro de 2014. 
  2. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraespaguetes.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  EspaguetesModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Espaguetes&oldid=6623358»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp