En tempos antigos o territorio actual de Eslovenia foi abarcado polaCultura dos Campos de Urnas, posteriormente, na idade de ferro desenvolveuse na rexión aCultura de Hallstatt. No segundo século antes de Cristo as fontes históricas rexistran a existencia doReino de Noricum nosAlpes Orientais. Este Reino mantiña relacións amigables cos romanos, a quen lles vendíanferro, o cal era moi importante para os romanos para poder producir armas eficaces, necesarias nas súas guerras contra osCeltas. No ano16 a.C.Noricum asóciase definitivamente coImperio Romano, mais preservando a súa autonomía nos termos do "ius gentium", o que lles permitía conservar a súa propia organización social. Porén a cultura romana e a romanización foi amplamente difundida.
As cidades máis importantes da época romana na zona eran: Celeia (actualmenteCelje), Emona (Liubliana), Nauportus (Vrhnika) e Poetovio (Ptuj) e o actual territorio esloveno atopábase dividido entre as provincias romanas deDalmatia,Italia,Noricum ePannonia. Noséculo IV Noricum foi dividida en dúas provincias romanas,Noricum Ripense eNoricum Mediterraneum, esta última tamén chamadaInteriore Noricum. Mentres que a primeira destas provincias foi invadida por tribos xermánicas á caída do Imperio Romano, a segunda puido manter a súa estrutura social e tras a ocupación dosostrogodos declarou a súa propia independencia. Algúns coidan que os devanceiroseslavos dos actuais eslovenos se estableceron nesta área ao redor doséculo VI. Con todo, outros sosteñen que descenden dos pobos autóctonos dos Alpes Orientais.
Igrexa de Maria Saal, onde se coroaba aos duques de Carantania
No ano595 rexístrase, por parte do historiadorlongobardo Paulus Diáconus, o primeiro estado estable eslavo e esloveno como "Provincia Sclaborum", que máis tarde sería coñecido comoCarantania. No ano623, os eslavos foron unidos poloRei Samo naAlianza Eslava, coñecida nas fontes históricas comoMarca Vinedorum, a cal incluía os territorios deCarantania. En658, despois da morte de Samo, a Alianza desintegrouse, mais Carantania sobreviviu e mantivo a súa independencia.
No ano745 Carantania, que até aquel entón era unha nación pagá, foi seriamente ameazada polosávaros da veciñaPanonia, por iso o duqueBorut solicitou axuda militar dosbávaros, a cal estaba xa cristianizada. Os bávaros, que pertencían ao dominio político do rei dosFrancos, o protector docristianismo deEuropa, accederon a axudar mais só baixo a condición de que esta última aceptase o cristianismo. O duque Borut aceptou a condición e coa axuda dos bávaros derrotaron definitivamente aos ávaros. Así foi que o duque Borut enviou ao seu filloGorazd e ao seu sobriñoHotimir para que se educasen na fe cristiá enBaviera.
Nas décadas seguintes á derrota dos ávaros o bispo deSalzburgo, San Virxilio, enviou a Carantania unha serie de monxes irlandeses, destacándose San Modesto como apóstolo dos carantanios. Tras a morte do Santo houbo unha breve restauración pagá debido a que o Tratado polo cal Carantania aceptara asumir o cristianismo fora violado. Así foi que o exército bávaro entrou no país e suprimiu o goberno pagán. A irrupción dos bávaros, con todo, provocou unha imaxe negativa ao cristianismo crecendo a desconfianza cara esta relixión. Porén, grazas á tarefa do duque Domicijan a conversión ao cristianismo foi total. Finalmente, na época deCarlomagno, no ano802, o duque Domitian faleceu sendo recoñecido máis tarde como santo.
Contra o ano828 o Ducado de Carantania ocupaba o actual territorio deAustria e Eslovenia. Mais Carantania uniuse ao reino dos francos coa súa propia lei (Consuetudo Sclavorum) e preservou o rito de proclamación do seu Knez (príncipe) enlingua eslovena sobre a Knezji Kamen (Pedra do Príncipe) até o ano1414. Despois, até o ano1651, a cerimonia de nomeamento do señor tiña lugar no Vojvodski Stol (trono do duque) e finalmente até o ano1728 na mansión condal deKlagenfurt. O ritual de coroación do gobernante carintio descríbese no libro de Jean Bodin "Les six livres de la République".
Nesta época compre tamén destacar que foron escritos os manuscritos Freising, o que supoñían o primeiro documento escrito enesloveno, sendo o primeiro en dialectoeslavo enescritura latina (ao redor do ano1000). Durante oséculo XIV, a maioría das rexións de Eslovenia pasaron á propiedade dosHabsburgo cuxas terras logo formarían oImperio Austrohúngaro, os eslovenos habitaban totalmente ou maioritariamente as provincias deCarniola,Gorizia eGradisca, ademais de partes das provincias deIstria eEstiria.
Como unha nova república independente, Eslovenia persegue a estabilización económica e a apertura política, pondo de relevo a súa visión occidental e o seu patrimonio daEuropa central. Oxefe de Estado esloveno é opresidente, cargo que ocupa hoxeBorut Pahor, e é elixido por voto popular cada cinco anos. Opoder executivo está encabezado poloprimeiro ministro e o Consello de Ministros ou do gabinete, que son elixidos pola Asemblea Nacional. Dende o13 de marzo de2020 ocupa o cargoJanez Janša.[1]
O parlamento bicameral de Eslovenia componse da Asemblea Nacional (Državni zbor) e o Consello Nacional (Državni svet). A Asemblea Nacional ten 90 asentos, parcialmente ocupados por representativos elixidos directamente, e parcialmente con representativos elixidos proporcionalmente (dous asentos están reservados para as minoríashúngara eitaliana). O Consello Nacional ten 40 asentos, e está composta por representativos dos grupos intereses locais sociais, económicos, profesionais .As eleccións parlamentarias teñen lugar cada catro anos.
O goberno e a maioría do sistema político esloveno comparte unha visión común sobre a conveniencia dunha estreita asociación con occidente, sobre todo coaUnión Europea e aOTAN. Porén, toda a aparente amargura que divide á esquerda e dereita, a sociedade eslovena baséase no consenso, que converxeu nun modelo socialdemócrata. As diferenzas políticas tenden a ter as súas raíces nos roles que os grupos e os particulares tiveron durante os anos de réxime comunista e a loita pola independencia. Despois da fin do réxime socialista a primeira fase da privatización está xa completa e o comercio diversificouse cara occidente (o comercio con países daUE supón o 66% do comercio total en2000).
Eslovenia está dividida en 210 concellos, dos cales 11 teñen o rango de urbanos. Porén, tamén se pode dividir ao país nunha serie de rexións tradicionais, baseadas nas antigas catro divisións feitas polosHabsburgo, é dicir,Carniola,Carintia,Estiria e oLitoral esloveno. Así pois as divisións son as seguintes:
Ademais destas divisións tradicionais, Eslovenia está dividida en doce entidades administrativas creadas en2007 con fins legais e estatísticos (NUTS), ademais as doce rexións están agrupadas en dúas subdivisións de maior rango:
Vzhodna Slovenija (Eslovenia Oriental), que agrupa as rexións de Pomurska, Podravska, Koroška, Savinjska, Zasavska, Spodnjeposavska, Jugovzhodna Slovenija e Notranjsko-kraška.
Zahodna Slovenija (Eslovenia Occidental), que agrupa as rexións de Osrednjeslovenska, Gorenjska, Goriška e Obalno-kraška.
Eslovenia é un pequeno estado daEuropa Central de 20.273 km², que se atopa entreItalia,Austria,Hungría eCroacia. É un país cunha costa moi pequena aoMar Adriático polo Golfo de Trieste, a través do porto de Koper, na península deIstria. Trátase dunha zona poboada en parte por eslovenos que falanitaliano.
Atópanse en Eslovenia catro grandes rexións xeográficas europeas: osAlpes, a áreaDinárica, a planicie daPanonia e oMediterráneo. O punto máis elevado de Eslovenia é omonte Triglav (2 864 m) e a altitude media do país é de 557 m por riba do nivel do mar.
Preto da metade do país (10 124 km²) está cuberta por bosques, o que torna a Eslovenia no terceiro país europeo máis arborado, despois deFinlandia e deSuecia. Aínda poden ser atopados restos dos bosques primitivos, os maiores dos cales situados na zona deKočevje. Os cultivos cobren 5.593 km² do país, e os prados e xardíns 2 471 km². Tamén existen 363 km² de pomares e 216 km² de viñedos. Asformacións kársticas, estendidas desdeLiubliana até o litoral, están escavadas por ríos subterráneos e constitúen enormes cavidades, como as covas de Postojna, de 19 km de lonxitude. Á parte do Drava e o Sava, cabe citar o río Kolpa.
Oclima émediterráneo na costa,alpino nas montañas econtinental con veráns entre suaves e quentes e invernos fríos nas mesetas e vales do leste do país. Astemperaturas medias son de -2 °C en xaneiro e 21 °C en xullo. Asprecipitacións medias son de 1000 mm na costa, 3500 mm nosAlpes, 800 mm na rexión sueste e 1400 mm na Eslovenia central.
Os xeógrafos Anton Melik e Svetozar Ilešič foron os primeiros en rexionalizar Eslovenia. Unha rexionalización posterior, obra de Ivan Gams, divide a Eslovenia nas seguintes macrorrexións:
Eslovenia submediterránea ou litoral (submediteranska - primorska Slovenija)
Karstdinárico de Eslovenia interior (dinarski kras notranje Slovenije)
Eslovenia subpanónica (subpanononska Slovenija)
Segundo unha rexionalización xeográfico-natural máis recente, o estado consta de catro macrorrexións: alpina, mediterránea, dinárica e panónica, que se definen así a partir de características importantes do relevo e dos tipos de clima. As macrorrexións constan de múltiples e diversas mesorrexións. O factor principal que as define é o relevo e a composición xeolóxica. As mesorrexións, á súa vez, comprenden numerosas microrrexións.
Durante o2000, Eslovenia estivo levando a cabo privatizacións nos eidos da banca, telecomunicacións e servizos públicos. As restricións dos investimentos estranxeiros estanse a desmantelar e agárdase que o investimento estranxeiro medre nos próximos anos. Nos últimos anos a economía está a medrar a un ritmo moi forte, 5,2% nos primeiros 9 meses do2006, 4,0% no2005, 4,4% no2006 e un 4,8% no2007 segundo estimacións, en comparación co 2,7% de2003.
Eslovenia conta con importantes reservas depetróleo,carbón ezinc. A pesar de que só o 2% da poboación se dedica á agricultura, a produción de cereais satisfai a demanda interna e mesmo exporta a maior parte das súas colleitas de trigo aRusia e aantiga Iugoslavia. Tamén é líder mundial na fabricación de elementos para deportes de inverno, tamén é de destacar que o 20% dos xenéricos que se venden no mundo son producidos por farmacéuticas eslovenas.
En canto ao sector industrial as fábricas situadas enLiubliana eMaribor producen automóbiles, motores e autopartes, material eléctrico, aparellos ópticos, medicamentos, papel e derivados. A filial eslovena de Renault (Revoz) conta en2004 cun persoal de 2.100 empregados e en2003 destinou a exportacións o 95% da produción da súa factoría eslovena enNovo Mesto. O principal socio comercial de Eslovenia éAlemaña.
O grupo étnico maioritario na Eslovenia son oseslovenos (83%) a estes lles seguen as nacionalidades da antigaIugoslavia (serbios,croatas,bosníacos emusulmáns) os que representan o 6,3% da poboación. As minoríashúngarasitalianas exitanas forman parte do 0,6% da poboación, o 8,9% restante representa a aqueles que non declararon etnia. No2003, a esperanza de vida no país era de 72.2 para os homes e de 80 anos para as mulleres.
Cunha densidade de poboación de 99 habitantes por km², Eslovenia posúe unha das densidades de poboación máis modestas daUnión Europea,comparándoa cos 320/km² habitantes dosPaíses Baixos e os 195/km² deItalia. A rexión de Notranjsko-kraška ten a menor densidade de poboación , mentres que Osrednjeslovenska posúe a maior. Ao redor do 51% da poboación vive en áreas urbanas mentres que o 49% vive no rural.
A lingua oficial de Eslovenia é oesloveno, membro da familia das linguas eslavas do sur de Europa. Ohúngaro e oitaliano son cooficiais co esloveno nas rexións veciñas conHungría eItalia.
Basílica de Santa María Auxiliadora en Brezje, declarada Santurario Nacional Esloveno, é o principal centro de peregrinación católica no país
Antes dasegunda guerra mundial o 97% dos eslovenos considerábanse católicos, o 2,3% protestantes e o 0,6% ortodoxos[3], ocatolicismo como relixión tradicional dos eslovenos tiña unha grande importancia na vida social e política. Despois de 1945 o país foi cara a un proceso de gradual pero continuasecularización, e tras unha época de persecución da vida relixiosa, o réxime comunista adoptou unha política de relativa tolerancia cara ás igrexas, limitando porén as súas funcións sociais. Na década de 1990 logo da caída do comunismo, a igrexa católica renovou algo a súa antiga influencia, pero Eslovenia permanece con moito unha sociedade secularizada. Segundo o censo de 2002 un 57,8% da poboación declárase católica, como no resto de Europa é unha porcentaxe que está a diminuír, así no censo de 1991 era do 71,6%. A inmensa maioría dos católicos son dorito latino, hai uns 1600[4]greco católicos, pero as dúas únicas igrexas, con arredor de 500 fieis, están na rexión deCarniola Branca[5].
A pesar de ser os protestantes relativamente poucos, historicamente exerceron unha grande influencia na conformación da lingua estándar eslovena e na súa literatura, que ten a súa orixe na reforma protestante do século XVI. Un 0.9% dos eslovenos declarábanse protestantes en 2002, a maioría pertencentes áIgrexa luterana eslovena que ten un bispo e que ten unha presenza significativa no leste da rexión dePrekmurje. Os xudeus, aínda que sen formar unha gran comunidade, estiveron presentes historicamente no país pero tras oHolocausto e a desaparición deIugoslavia só quedou unha sinagoga activa na capital[6].
Segundo o censo de 2002 oislam é a segunda comunidade relixiosa do país, á que pertencen arredor do 2,4% da poboación, a maioría procede deBosnia,Kosovo eMacedonia do Norte.[7] A terceira denominación, con arredor do 2,2% da poboación é aortodoxa, a maioría membros daIgrexa ortodoxa serbia e unha minoría daMacedonia.
En 2002 o 10% dos eslovenos declaráronseateos, outro 10% non profesaba unha denominación específica, e o 16% non responderon á pregunta do censo sobre afiliación relixiosa. Consonte oEurobarómetro de 2010,[8] 32% dos eslovenos responderon que crían que existía un deus, un 36% que existía algunha clase de espírito ou forza vital e 26% que non crían en clase ningunha de espírito, deus ou forza vital.
O primeiro libro en esloveno foi impreso polo reformador protestantePrimož Trubar (1508-1586). Eran na realidade dous libros,Catechismus (uncatecismo) eAbecedarium, que foi publicado en1550 enTubinga,Alemaña.
Eslovenia foi berce de numerosos músicos, incluíndo ao compositor renacentistaJacobus Gallus Carniolus (1550-1591), quen exerceu grande influencia na música clásica de Europa central e, no século XX, aBojan Adamič, compositor de música para películas.
En Eslovenia, ademais de varias festas celebrados en varios países do mundo (como o Aninovo, aPascua, oDía do traballo ou oNadal), tamén existen festas nacionais como o Día de Prešeren, durante o cal se conmemora a morte do poetaFrance Prešeren ou o da Sublevación contra a Ocupación.