A paisaxe eslovaca componse de natureza montañosa. Os montesCárpatos atópanse ao longo da maior parte da metade norte do país. É nos Cárpatos onde se sitúan os elevados picos dos montesTatra, un destino popular para a práctica doesquí e tamén zona de moitos lagos e vales, ademais de albergaren o punto máis alto da Eslovaquia: oGerlachovský štít, con 2.655 metros.
Hai tamén terras baixas nas extremidades suroeste (nas marxes dorío Danubio) e sueste de Eslovaquia. Os ríos principais, ademais do Danubio, son o Váh e o Hron.
Á esquerda: A moeda celta Biatec Á dereita: Cinco coroas Eslovacas
A poboación eslava orixinal formouse noséculo V na área onde hoxe fica Eslovaquia. Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O punto máis alto do estado proto-eslovaco doséculo IX, coñecido como Gran Moravia, deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino daHungría entre os séculosXI eXIV e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata1918. Nese ano, Eslovaquia xuntouse coas rexións da Bohemia e da veciña Moravia para formarChecoslovaquia. Coa separación do país que seguiu ao Acordo de Múnic de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, mais baixo un control firme por parte daAlemaña nazi.