Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Escultura

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde agosto de 2015.)

AVenus de Milo nomuseo do Louvre enParís. Exemplo de vulto redondo
Busto de Aristóteles.

Aescultura[1] (dolatínsculptūra) é unha dasbelas artes que representa imaxes plásticas de relevancia total ou parcial. Existen varias técnicas de traballar os materiais para a creación dun obxecto. A diferenza dapintura, a cal se crea nun plano -un espazo ficticio de dúas dimensións-, a escultura é unha forma de expresión artística entres dimensións o vulto redondo, ou de relevo,altorrelevo oubaixorrelevo, todo empregando o espazo real. O escultor actúa sobre diferentes materiais que transforma mediante procesos de talla e modelaxe, que son os métodos tradicionais. O emprego de diferentes combinacións de materiais e medios orixinou un novo repertorio artístico que comprende procesos coconstrutivismo eensamblado. As técnicas escultóricas consisten principalmente en retirar ou xuntar ou moldear materia ou ben dando forma a un obxecto, sexa cal for a súa dimensión ou material usado. Nun sentido xenérico, enténdese por escultura a obra de arte plástica feita polo escultor.

Giorgio Vasari (1511-1573), empeza Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori cun prólogo técnico que fala dearquitectura, escultura epintura, unhas disciplinas agrupadas baixo a denominación de «artes do deseño». A obra é un tratado informativo e valioso sobre as técnicas artísticas empregadas na época. En referencia á escultura comeza así:

... o escultor saca todo o superfluo e reduce o material á forma que existe dentro da mente do artista.

Dende tempos remotos o home tivo a necesidade de esculpir. Ao principio fíxoo cos materiais máis simples e que tiña máis á man:pedra,arxila emadeira. Despois empregouferro,bronce,chumbo,cera,xeso,plastilina,resina de poliéster e plásticos con reforzo defibra de vidro,formigón, acinética e areflexión da luz, entre outros. A escultura tivo no seu principio unha única función, o seu uso inmediato; posteriormente engadiuse unha función ritual, máxica, funeraria e relixiosa. Esta funcionalidade foi cambiando coa evolución histórica, adquirindo unha principalmenteestética ou simplementeornamental e chegou a ser un elemento duradeiro ou efémero.

O día6 de marzo celébrase oDía Internacional do Escultor, en lembranza da data de nacemento deMiguel Anxo Buonarroti, acontecida nese día de1475[2].

Técnicas

[editar |editar a fonte]

Existen fundamentalmente tres maneiras de abordar a creación dunha obra tridimensional, amodelaxe, atalla e aensamblaxe.

  • Amodelaxe: o método consiste en engadir ou retirar materia arredor dun ou varios centros que se tornarán "a alma" da escultura. Esta técnica de modelaxe aplicase nos materiais ditos "plásticos", é dicir susceptíbeis de se deformar de xeito reversíbel baixo o efecto de forzas mínimas (arxila, cera, escaiola e outras pastas diversas). En todo momento, a materia pode ser retirada ou engadida, ostrasacordos están autorizados (ata un cero punto, porén). A elasticidade dos materiais permite rexistrar as impresións máis fuxidías cunha total liberdade. A limitación principal do material reside na súa resistencia con frecuencia abondo feble. O secado lento da escultura é a etapa seguinte para a arxila e a escaiola, o arrefriado para a cera e a cocción para a arxila seca.
  • Atalla: hai dúas técnicas fundamentais para traballar deste xeito : a talla directa, oudesbastado, e a talla de posta a punto.
  • Aensamblaxe: e a técnica que consiste en unir pezas diversas dun mesmo ou distintos materiais.

Nos seus últimos escritos,Joan Miró afirmou aínda que no futuro, se podería imaxinar esculturas que utilizasen os gases como material. Facéndolle eco,Louis Leygue, no seu discurso de recepción en honra deNicolas Schöffer, como membroAcademia "des Beaux-Arts", definía así a escultura :

«A escultura pode realizarse consonte tres procedementos : o que consiste en despoxar de materia un bloque compacto, esoutro que consiste en modelar unha materia mol para crear formas, e en fin aqueloutro que consiste en fabricar o que un queira realizar. »

Materiais

[editar |editar a fonte]
Escultura enferro "4 Wings" (4 Ás) deAlexander Calder na FundacióJoan Miró deBarcelona.

Tradicionalmente, os materiais utilizados na escultura son polo xeral de orixemineral, a pedra, aarxila,pasta Fimo, que se secan nun forno ou asarxilas que secan ao aire libre en 24 h., mais poden tamén ser metais (bronce,ferro,aceiro,aluminio,estaño etc.) ou mesmo de orixe animal como oalmafí, ou vexetal como amadeira, e aínda certasfroitas,legumes oucucurbitáceass (acabaza deHalloween). A escultura moderna e contemporánea utiliza tamén o téxtil (de feito utilizado desde o século XVI), o vidro, o sal, a area (cfr. os castelos de area), o xeo, a auga, os cristais líquidos e outros materiais fabricados polo ser humano, de xeito que non importa moito cal sexa o obxecto empregado.

A escultura pode permanecer núa ou serpintada (como as imaxes doPórtico da Gloria con coloración hoxe practicamente desaparecida, como desapareceran os dafachada do Obradoiro) oupatinada.

Arxila

[editar |editar a fonte]

A arxila (caolín,barro) é un dos materiais máis antigos empregado polos humanos, por ser fácil de modelar e non neceistar utensilios especiais, xa que se pode utilizar simplemente as mans. Co barro pódense sacar moldes para despois traballar con outros materiais ou facer reproducións. Se se emprega como material definitivo debe cocerse; neste caso recibe o nome deterracota. Para a preparación do barro, os procesos de industrialización modificaron e alixeiraron o traballo manual de prensar e relar a arxila. Atópanse no mercado bloques preparados para o uso dos escultores.[3]

Pedra

[editar |editar a fonte]

Este material emprégase dende a antigüidade por atoparse de forma abondosa na natureza. Para traballar a pedra precísanse ferramentas especiais. A pedra utilizouse nasVenus paleolíticas, en estatuas gregas e nas posteriores copias romanas, nas obras de grandes escultores dorenacemento comoMichelangelo,Donatello ouBernini e emprégase dende moito tempo atrás en monumentos públicos de todo o mundo.[4]

As pedras máis comúns na escultura son acalcaria,mármore,arenito,alabastro,granito oupedra de gra ediorita,esteatita,cuarzo exade.

Estuco

[editar |editar a fonte]

Oestuco é unha pasta conseguida a base decal, po de mármore, area e cola decaseína. Empregouse xa na Grecia e na Roma antiga para facer moldes. Aarte islámica utilizouno tallándoo como adornos que se poden ver naAlhambra de Granada. Norenacemento volveu rexurdir a súa aplicación para baleirados de xeso do natural, é dicir, sobre diversas partes do cuerpo humano e para facer máscaras mortuorias. Quizais foi nobarroco cando máis se utilizou, como motivo decorativo nos teitos de palacios. No século XX, escultores comoGeorge Segal ouClaes Oldenburg realizaron obras figurativas enxeso.[5][6]

Metal

[editar |editar a fonte]

As placas decobre,bronce,ouro eprata pódense utilizar na técnica de elaboración directa, que se traballa conmartelo,burís oupunzóns. Con pezas pequenas ou debaixorrelevos úsase o repuxado. Para a realización dunha escultura exenta e en maior tamaño emprégase un corpo duro normalmente demadeira que se cobre conbetún para a mellor adhesión das chapas que se fixan con cravos ou con costuras por medio de fíos metálicos, hai que ir golpeando o metal e para seguir o traballo, hai que quentar as láminas conseguindo así elasticidade ao metal. Despois deta primeira parte, a obra retócase cos burís e os punzóns. Antigamente, estas esculturas realizábanse moito para o seu uso comorelicarios, deixando o interior baleiro para a custodia dereliquias.[7]

Oaceiro corten é un tipo deaceiro fabricado cunha composición química que fai posible que a súaoxidación quede máis protexida ante acorrosión atmosférica. Por iso, moitos artistas utilízano como un dos materiais máis axeitados para expor a súa obra á intemperie.

Madeira

[editar |editar a fonte]

É un material moi prezado polos escultores polas súas propiedades físicas e bos resultados. Hai moitos tipos de madeira e en función da súa cualidade pode deixarse a escultura na súa cor natural ou polo contrario tinxir con anilinas á auga ou ao alcohol,policromarse ou protexela congoma laca. As madeiras chamadas nobres adoitan deixarse na súa cor natural, protexidas cunha cera neutra. Son anogueira,carballo,faia,cedro ecaoba entre outras.[8]

Almafí

[editar |editar a fonte]

Oalmafí obtense dos cairos dalgúns animais, en especial doselefantes. O uso ornamental do tallado xa se producía noAntigo Exipto eMesopotamia. É doado de cortar e se se queren obter superficies planas córtanse os cairos lonxitudinalmente e mergúllanse nunha mestura de aceite de améndoas con vinagre; ao absorber este líquido abrándase e pode modelarse lixeiramente.[9]

Formigón

[editar |editar a fonte]

O uso do formigón na escultura é relativamente novo e adquiriu máis importancia a medida que aumentou a súa utilización nasfachadasarquitectónicas dos edificios. Sobre o formigón pódense conseguir texturas diferentes co uso de ciceis ou limas. É un material económico e permite a súa exposición ao aire libre.Henry Moore empregouno en varias obras.[10] Utilízase facendo un baleirado sólido dentro dun molde dexeso empapado en auga, para evitar que ao pór a mestura de formigón, absorba a auga que leva a mestura. Convén que a masa do formigón sexa o máis compacta posible para que manteña a súa densidade homoxénea e para evitar burbullas de ar ao final. Pódense utilizar moldes realizados con caixóns de madeira previamente untados con graxas ou aceites.[11]

Formas

[editar |editar a fonte]
Lápita loitando cun centauro. Métopa Sur 31, Partenón,circa 447-433 a. J.-C.

Distínguense dúas grandes categorías de esculturas : orelevo e ovulto redondo.

  • Orelevo : é a escultura que permanece ligada a un fondo sólido, mais parte dela se destaca ou sobresae dese fondo. Segundo o grao de proxección das figuras a respecto do fondo, os relevos son cualificados distintamente : lerelevo esmagado (stacciato relievo) : o relevo moi feble. O contornos das figuras son apenas apreciábeis (p.ex.: certos relevos asirios).
    • Obaixorrelevo (do italiano basso-relievo) : a proxección dunha figura por encima da superficie de fondo é inferior á metade do seu espesor. Diferenciase ás veces osemi-relevo (mezzo-relievo) : o avance da figura ao exterior con respecto ao fondo é igual ou lixeiramente superior á metade do seu espesor.
    • Oaltorrelevo (italiano: alto-relievo) : as formas son case completas en volume, porén permanecen aínda ligadas a un fondo. Algunhas partes (membros, cabeza) poden estar completamente libres.
  • A entalladura: relevo no que o obxecto estáinciso no espesor da superficie de traballo. Esta técnica foi usada polos exipcios, de onde vén que ás veces se denomine "relevo exipcio", pero, en realidade, xa se utilizara no Paleolítico Superior.
  • Ovulto redondo: trátase dunha escultura concibida de xeito que pode ser observada desde tódolos lados. Ou desde case tódolos lados: o vulto redondo repousa sobre o chan e con frecuencia está colocado nun nicho.

Lémbrese a unMichelangelo a xogar con estes dous principios, executando estatuas nas que as personaxes emerxen do bloque de mármore, mais non completamente.

Outras formas

[editar |editar a fonte]
Arte urbana: esculturaabstracta tituladaVrouwen ("Muller"), na cidadeholandesa deDeventer, obra deCor Dam (1968).

Algunhas formas comúns de esculturas occidentais son:

  • Estatua: son as esculturas illadas que representan unha entidade específica tridimensional.
  • Obusto, representación dunha persoa desde o torso para arriba.
  • A esculturaecuestre, mostra unha persoa significada da cabalo.
  • Fonte ouchafariz: a escultura está deseñada con auga móbil.
  • Xoiaría, calquera tipo de ornamento persoal realizado con pedras ou metais preciosos ou incluso materiais máis pobres.
  • Instalación (inglés:Site-Specific Art), forma tridimensional complexa, ligada dun xeito permanente a un espazo aberto ou pechado, no que poden incluírse elementos como o tempo, iluminación, son, mass-media e compoñentes cinéticos
  • Aescultura cinética implica aspectos da física de movemento, como asfontes ou osmóbiles.
  • A vídeo escultura emprega ovídeo como elemento escultórico para a representación tridimensional.[12]

Ata certo punto a maioría daarte pública é escultura.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraescultura.
  2. "Día Internacional del Escultor"(encastelán). Consultado o 8.03.2024. 
  3. Maltese 2001: p.85
  4. Fuga 2004: p.153
  5. Midgley 1982: p.141
  6. Fuga 2004: p.167
  7. Fuga 2004: p.158-159
  8. Medina Ayllón 2006: p.21
  9. Fuga 2004: p.150
  10. Midgley 1982: p.160
  11. Midgley 1982: p.165
  12. Groves, Jeff David (2004-09-30).Video sculpture:spatio-temporal warping(eninglés). Texas A&M University. Consultado o2020-12-03. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  EsculturaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Escultura&oldid=6838720»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp