Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Escudo de Croacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Croacia
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
21 de decembro de 1990Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/01sk3_Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Oescudo de armas deCroacia aparece descrito nunha lei aprobada o 21 de decembro de 1990. A lei recolleu unha proposta presentada unha comisión presidida por Nikša Stančić, xefe do Departamento de Historia de Croacia naFacultade de Filosofía e Letras daUniversidade de Zagreb que á súa vez encargara o deseño do escudo a Miroslav Šutej, un deseñador gráfico.

O escudo está composto por un brasónxedrezado ouxaquelado degoles eprata; de vinte e cinco ordes (cadradas), cinco ordes en horizontal e o mesmo número en vertical. Ao timbre, unha coroa composta por cinco escudos estilizados, coas súas puntas cara ao xefe, nos que aparecen as armas das rexións históricas das que orixinouse Croacia:

  • O primeiro escudo é un campo deazur cuncrecente de prata, surmontado no xefe por unha estrela de seis puntas deouro que son as armas vellas deZagreb e da Croacia central.
  • O segundo brasón é un campo de azur con dúas faixas horizontais de goles, símbolo daRepública de Ragusa ouRepública de Dubrovnik.
  • No terceiro escudo figuran, nun campo de azur, tres testas de leopardo ou de león (en heráldica confúndense) de ouro coroadas do mesmo metal que representa aDalmacia.
  • No cuarto escudo aparece, nun campo de azur, unha cabra de ouro con cornos ezocas de goles que é o brasón deIstria.
  • No derradeiro escudo, un campo de azur, unha faixa de goles bordeada de prata e cargada cunhamarta pasante desabre con ventre de prata, surmontada no xefe por unha estrela de seis puntas de ouro que son as armas deEslavonia.

Escudos Históricos

[editar |editar a fonte]
  • Escudos de estados non recoñecidos ou con recoñecemento parcial
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Escudo_de_Croacia&oldid=7215769»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp