Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Escrita

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Transmisión (homónimos).

Escrita,escritura outransmisión escrita é o sistema de representación secundaria dalingua sobre material físico, ben sexa papel, pedra, madeira,arxila ou calquera outromaterial.[1][2][3]

Composición e características

[editar |editar a fonte]
  • grafema: cada un dos símbolos da escrita;
  • Dígrafo: conxunto de dous símbolos que representan un sófonema;

Os sistemas de escrita poden ser de varios tipos en función do número de fonemas que representan cada símbolo:

As filosofías nas que se basan as escollas gráficas nos sistemas de escrita poden ser:

segundo respecten á pronuncia ou a tradición escrita anterior. As dúas perspectivas vanse diferenciando co tempo, pois o establecemento e mantemento da norma escrita muda a unha velocidade menor có da pronuncia. Por exemplo, o inglés de agora escríbese como se pronunciaba hai varios séculos (por iso non hai unha correlación).

Historia

[editar |editar a fonte]

A aparición da escrita

[editar |editar a fonte]

A escrita apareceu por vez primeira enSumeria, naMesopotamia; dous ou tres séculos máis tarde, e de maneira independente, apareceu noExipto. Desde Mesopotamia, a técnica estendeuse ao reino veciño deElam e, desde este, pasou aoval do Indo a mediados do III milenio a.C. NaChina, os primeiros textos apareceron, tamén de maneira independente, a mediados do II milenio.

En todos os casos, tanto a estrutura interna como a evolución da tecnoloxía asociada son moi semellantes:

En primeiro lugar úsanse signos que representan esquematicamente obxectos (pictogramas) e estes pásanse a ler comopalabras, converténdose así enlogogramas. Ademais, os logogramas adquiren unha lectura alternativa como entidades fónicas sen significado semántico intrínseco (silabogramas).

Os medios inmediatamente anteriores á escrita consistiron no que o arqueólogos denominanbulas, pequenas bolas dearxila marcadas por fora con selos cilíndricos e con fichas, tamén de arxila, no interior. Estas fichas teñen formas diferentes e probabelmente representan unhas numerais (1, 10 ou 60) e outras bens típicos da cultura mesopotámica, como cabezas de gando ou recipientes. Ás veces, as bulas tamén levan impresas no exterior marcas que coinciden coa forma e número de fichas do interior. Usáronse entre os anos 5000 e 4000 a. de C. enUruk,Susa e o curso medio doÉufrates. Suponse que o vendedor ou subministrador enviaba a mercadoría e asegurábase de que chegaba intacta, na mesma cantidade en que fora expedida, facéndoa acompañar destas bulas. Moitas delas atopáronse sen rachar, o que indica que se confiaba na integridade da mensaxe transmitida.

Comezouse entón a prescindir das fichas e a gravar sempre os sinos e se selase o documento, co cal as novastabelas perdían tamaño e gañaban en estabilidade, o que facilitaba o seu manexo e arquivo.

Estas mensaxes, consistentes exclusivamente en numerais e deseños esquemáticos de obxectos, podían ser interpretados por falantes de diferentes linguas. Ao non faceren referencia a palabras, senón a feitos e procesos extralingüísticos, non se poden considerar escrita en sentido estrito.

Arredor do ano -3300, os pictogramas pasaron a representar palabras dunha lingua viva, osumerio, tornándose en logogramas. Nesta época usábanse preto de dous mil signos lingüísticos.

O paso seguinte deuse ao abstraer o son puro dun signo prescindindo do contido semántico da figura. O sumerio era unha lingua eminentemente monosilábica, co que se obtivo un repertorio extenso de sílabas puras, ousilabogramas. Estes signos podíanse ler como representación de obxectos ou ben para representar palabras dificilmente representábeis mediante logogramas, como os nomes abstractos e verbos de difícil representación. Cos silabogramas resultaban máis difíciles de memorizar, pero eran máis flexíbeis á hora de codificar a linguaxe, o que favoreceu que se reducise o seu número. Na época deGamdat Nasr (arredor do ano -3000), usábase xa o mesmo conxunto de signos de maneira uniforme en todo o sur daBabilonia.

Se nun principio a escrita acompañaba exclusivamente a cultura oral e se reducía a mensaxes simples que anotaban unicamente os datos esenciais dun proceso, cos silabogramas foi posíbel escribir textos moito máis complexos, como himnos, proverbios e conxuros máxicos. En volta do -2300, xa se plasmaban co mesmo repertorio de signos os maticesmorfolóxicos esintácticos de tres linguas diferentes, osiro-eblaíta, osumerio e oacadio antigo.

A escritacuneiforme foi un desenvolvemento forzado pola utilización dun punzón de cana ou de folla de cana sobre as tabelas de arxila. Estas representacións adoptaban a forma de liñas rectas e difundíronse moi rapidamente. Os documentos importantes ían sempre autentificados por medio dun ou varios selos.

Particularidades do sistema ortográfico galego

[editar |editar a fonte]

A base normativa da lingua galega é principalmenteetimolóxica, Así, respecta por exemplo o uso dov e dob en función da escritalatina. Esta filosofía ortográfica, habitual nas linguas románicas, sobre todo da contorna (agás por exemplo no aragonés ou no italiano), produce certas incoherencias ao respecto dapronuncia, como por exemplo:

  • Duplicidade gráfica cando existe unha soa pronunciafonolóxica co uso deb ev;
  • Duplicidade fónica cando existe un sógrafemao que representa ávogal velar semiaberta e á vogal semipechada;
  • Duplicidade fónica cando existe un só grafemae que representa á vogal palatal semiaberta e á vogal semipechada;
  • Mantemento dun grafema para o cal non existe pronuncia: oh;
  • Existencia dunha disimetría na escrita das consoantes oclusivas velares:
    • Fronte ó uso prescrito degu antee ei, débese utilizarg antea,o eu;
    • Para este mesmo fonema consonántico sonoro seguido de semivogal velar, débese usar antee ei e usargu antea,o eu;
    • Mentres que antea,o eu debe escribirsec, antee ei debe usarsequ;
    • Isto mesmo pasa para a consoante interdental: mentres que antea,o eu debe escribirsez, antee ei debe usarsec. Un esquema destes usos asimétricos sería a seguinte táboa:
VOGALIEAOU
VELAR OCLUSIVA SONORAGUGUGGG
VELAR OCLUSIVA SONORA + SEMIVOGALGUGUGU
VELAR OCLUSIVA XORDAQUQUCCC
INTERDENTAL FRICATIVA XORDACCZZZ

Estas mesmas normas incúmprense (por exemplo, non se escribe "Hespaña" ou "Xohán" inda que a etimoloxía así o obrigaría) ou ás veces son escuras (non se coñece con seguridade aetimoloxía de todo o léxico galego)

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Mitos; transmisión escrita".www.uv.es(encastelán). Consultado o2024-02-01. 
  2. "escrito, escrita".Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o2024-02-01. 
  3. "Dicionario".Real Academia Galega. Consultado o2024-02-01. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Escrita&oldid=6635611»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp