«Sc» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxase
Sc (homónimos).
Escandio |
---|
 |
|
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]] |
Liñas espectrais do Escandio |
Información xeral |
---|
Nome,símbolo,número | Escandio, Sc, 21 |
Serie química | Metal de transición |
Grupo,período,bloque | 3,4,d |
Densidade | 2985 kg/m3 |
Dureza | {{{dureza}}} |
Aparencia | branco prateado
|
N° CAS | |
N° EINECS | |
Propiedades atómicas |
---|
Masa atómica | 44,955908(5)[1]u |
Raio medio | 160pm |
Raio atómico(calc) | 184pm |
Raio covalente | 144pm |
Raio de van der Waals | pm |
Configuración electrónica | [Ar]3d1 4s² |
Electróns pornivel de enerxía | |
Estado(s) de oxidación | 3 (base débil) |
Óxido | |
Estrutura cristalina | hexagonal |
Propiedades físicas |
---|
Estado ordinario | Sólido |
Punto de fusión | 1814 K |
Punto de ebulición | 3103 K |
Punto de inflamabilidade | {{{P_inflamabilidade}}} K |
Entalpía de vaporización | 314,2 kJ/mol |
Entalpía de fusión | 14,1 kJ/mol |
Presión de vapor | 22,1 |
Temperatura crítica | K |
Presión crítica | Pa |
Volume molar | m3/mol |
Velocidade do son | m/s a 293.15K (20°C) |
Varios |
---|
Electronegatividade(Pauling) | 1,36 |
Calor específica | 568J/(K·kg) |
Condutividade eléctrica | 1,77S/m |
Condutividade térmica | 15,8 W/(K·m) |
1.ªEnerxía de ionización | 633,1 kJ/mol |
2.ª Enerxía de ionización | 1235,0 kJ/mol |
3.ª Enerxía de ionización | 2388,6 kJ/mol |
4.ª Enerxía de ionización | 7090,6 kJ/mol |
5.ª Enerxía de ionización | {{{E_ionización5}}} kJ/mol |
6.ª Enerxía de ionización | {{{E_ionización6}}} kJ/mol |
7.ª Enerxía de ionización | {{{E_ionización7}}} kJ/mol |
8.ª enerxía de ionización | {{{E_ionización8}}} kJ/mol |
9.ª Enerxía de ionización | {{{E_ionización9}}} kJ/mol |
10.ª Enerxía de ionización | {{{E_ionización10}}} kJ/mol |
Isótopos máis estables |
---|
|
Unidades segundo oSI e encondicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria. |
Oescandio é unelemento químico datáboa periódica con símboloSc enúmero atómico 21.
É unmetal brando, moi lixeiro, resistente ao ataque doácido nítrico efluorhídrico, de cor prateada deslustra exposto ao aire adoptando unha cor lixeiramente rosada. O seuestado de oxidación máis común é 3 e as súas sales son incoloras. As súas propiedades son máis parecidas ás doitrio e oslantánidos que ás dotitanio, polo que adoita incluírse con frecuencia entre asterras raras.
O óxido de escandio (Sc2O3) utilízase en luces de alta intensidade e engadindo ioduro de escandio naslámpadas de vapor de mercurio conséguese unha luzsolar artificial de moi alta calidade. Oisótoporadioactivo Sc-46 úsase coma trazador para opetróleo, e o metal ten aplicación na industria aeroespacial dado que presenta unpunto de fusión moi superior ao doaluminio.
O escandio (dolatínscandĭum, e este deScandi, Escandinavia) foi descuberto porLars Fredrick Nilson en1879 en Suecia (e aí o seu nome)[2] mentres traballaba co seu equipo na procura de terras raras mediante análises espectrais deeuxenita egadolinita. Para illar o elemento procesou 10 kg de euxenita con outros residuos de terras raras logrando aproximadamente 2 gramos deóxido de escandio de gran pureza.
En1869Dmitri Mendeleiev predixo, baseándose nasleis periódicas, que este metal debía ter propiedades similares ás doboro, polo que chamou ao elemento aínda por descubrirekaboro (símbolo Eb). Aproximadamente na mesma época que Nilson,Per Theodor Cleve descubriu o óxido de escandio e confirmou que se trataba doekaboro.
En1937 illouse por vez primeira o metal porelectrólise dunha solución eutéctica depotasio,litio e cloruros de escandio a 700-800°C, empregando comaeléctrodos un filamento devolframio e un baño decinc líquido nun crisol degrafito. A primeiralibra de escandio do 99% de pureza fabricouse en1960.
As únicas fontes concentradas coñecidas do metal, que non se atopa en estado nativo, son minerais pouco abundantes deEscandinavia eMadagascar como euxenita, gadolinita ethortveitita.
É máis abundante no sol e estrelas similares que naTerra, onde se atopa moi repartido aparecendo trazas do metal en máis de 800 minerais. A cor azul daaugamariña, variedade doberilo, crese que se debe á presenza de escandio e aparece entre os residuos davolframita trala extracción dovolframio.
A thortveitita é a principal mena de escandio sendo outra fonte importante os residuos da extracción douranio onde se obtén como subproduto. O metal obtense industrialmente por redución dofluoruro de escandio concalcio.
- "Táboa periódica dos elementos"(PDF).Consello da Cultura Galega,Xunta de Galicia,Real Academia Galega de Ciencias,Real Academia Galega eCiencia Nosa. 2019.
- Bermejo, M. R.;González, A.;Vázquez, M. (2006).O nome e o símbolo dos elementos químicos(PDF).Xunta,Secretaría Xeral de Política Lingüística eCRPIH.ISBN 978-84-453-4325-8.
- Bermejo, M. R.;González, A.;Maneiro, M. (2018).Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións.Xunta de Galicia eCRPIH.ISBN 978-84-453-5297-7.