Aescala de Richter cuantifica amagnitude sísmica dunterremoto.
Aescala de Richter foi desenvolvida en1935 polos sismólogosCharles Francis Richter eBeno Gutenberg, ambos membros do California Institute of Technology (Caltech), que estudabansismos no sur daCalifornia.
É unha escala logarítmica: a magnitude de Richter corresponde ao logaritmo da medida da amplitude das ondas sísmicas de tipo P e S a 100 km doepicentro.
A fórmula utilizada é ML = logA - logA0 onde A representa a amplitude máxima medida no sismógrafo e A0 unha amplitude de referencia.
Así, por exemplo, un sismo con magnitude 6 ten unha amplitude 10 veces maior que un sismo de magnitude 5. Con todo, o sismo de magnitude 6 libera preto de 31 veces máis enerxía que o de magnitude 5.
Na práctica, a escala está graduada de 1 a 9, mais teoricamente é ilimitada.
- 1. Detectado só por instrumentos científicos.
- 2. Sentido por algunhas persoas e animais.
- 3. Sentido por moitas persoas.
- 4. Sentido por todas as persoas.
- 5. Destrúe algunhas construcións
- 6. As estruturas balancéanse e as paredes comezan a caer.
- 7. Destrúe moitas construcións e mata xente.
- 8. Un desastre.
- 9. Destrución total. (Caos, morte e destrución)
O sismo máis forte xamais rexistrado foi ogran terremoto de Chile, o22 de maio de1960, que acadou o valor de 9,5 nesta escala. Do outro lado da escala, a caída dunha tella dunha altura de 1 m. ten a magnitude -2.
A escala de Richter non permite avaliar aintensidade sísmica dun sismo nun lugar determinado, e en particular en zonas urbanas. Para iso, utilízanse escalas de intensidade tales como aescala de Mercalli.
A magnitude é única para cada sismo, mentres que a intensidade das ondas sísmicas diminúe conforme a distancia das rochas atravesadas polas ondas e as liñas de falla.