Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Es Castell

Coord.:39°52′49″N4°17′27″L / 39.880277777778,4.2908333333333
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Castell.
Modelo:Xeografía políticaEs Castell
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 39°52′49″N4°17′27″L / 39.880277777778,4.2908333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Baleares
Provincia históricaprovincia de Baleares
IllaMenorcaEditar o valor en Wikidata
CapitalEs CastellEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación7.772(2024)Editar o valor en Wikidata (670hab./km²)
Lingua oficiallingua cataláEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie11,6 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar MediterráneoEditar o valor en Wikidata
Altitude19 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataJosé Luis Camps PonsEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal07720Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE07064Editar o valor en Wikidata

Sitio webaj-escastell.orgEditar o valor en Wikidata

Es Castell é un concelloespañol situado na illa deMenorca, nasIllas Baleares. Esténdese por unha área de 11,66 km² onde no ano2020 vivían 7 572 habitantes.

Entidades de poboación

[editar |editar a fonte]
  • Cala Sant Esteve
  • Es Castell
  • El Fonduco
  • Santa Anna
  • Sínia d'en Riera
  • Sol de l'Est
  • Son Vilar
  • Trebalúger

Demografía

[editar |editar a fonte]

Evolución da poboación de Es Castell dende o ano1950 ata agora:

Política

[editar |editar a fonte]

Desde a finalización dofranquismo, Es Castell tivo 6 alcaldes diferentes. O primeiro, en 1979, foi José Tadeo, único alcalde menorquino do momento que non pertencía áUCD. Sucedeuno Jaume Peralta, que foi alcalde desde 1983 até 1991. De 1991 a 1995 alternáronse na alcaldía Bernat Llompart (PP) e Ester Riudavets (PSM), e en 1995, durante dous mandatos, ocupou o cargo María Borràs (PSOE). En 2003 o PSOE, encabezado porIrene Coll, volveu gañar as eleccións municipais, pero en 2004 esta foi expulsada do partido e pasou a gobernar xunto co PP. Tralas eleccións de 2007, por mor de que non había unha maioría absoluta, os partidos IPEC, de Irene Coll, e Partido Popular, pactaron a alcaldía de tal forma que Irene Coll volveu gobernar a xunta local até xuño de 2008 para, posteriormente, a alcaldía pasar a Juan Cabrera Valenzuela (PP).

Lluís Camps (PP) substituíu en 2011 a Juan Cabrera Valenzuela como alcalde de Es Castell tras conseguir nas eleccións municipais dese ano o 42,85% dos votos no concello polo 19,27% doPSOE, que quedou en segunda posición. Catro anos máis tarde, en 2015, Camps revalidou a alcaldía cun 43,98% dos votos, pero oPSOE conseguiu recortar distancias e aumentou a súa porcentaxe de votos até o 25,31%. En 2018, Camps anunciou que non volvería presentarse a un terceiro mandato,[1] sendo Dinonisio Marí a persoa elixida poloPP para representar o partido nas eleccións municipais de 2019 e revalidar a alcaldía.

En 2019, oPSOE e Som Es Castell chegan a un acordo para investir a socialista Joana Escandell como nova alcaldesa do concello[2] tras conseguir sumar ambas formacións o 46,73% dos votos polo 43,98% do Partido Popular, que foi novamente o partido máis votado na localidade.[3]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Lluís Camps cerrará en mayo su etapa como alcalde de Es Castell".menorca.info. 12 de decembro de 2018. Arquivado dendeo orixinal o 11 de setembro de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2021. 
  2. "Escandell tiende la mano a PP y PI: «No sobra nadie»".Menorca - Es diari(encastelán). 2019-06-15. Consultado o2022-11-17. 
  3. "Resultados eleccións: Es Castell".El País. Consultado o 11 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Es CastellModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Illas BalearesIllas Baleares  · Concellos deMenorca
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Es_Castell&oldid=6838596»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp