Este artigo amosaletras ge'ez. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Eritrea[1] (tigriña: ኤርትራ, Ertrā;árabe: إريتريا, Irītriyā), oficialmenteEstado de Eritrea (tigriña: ሃገረ ኤርትራ, Hagere Ertra;árabe: دولة إرتريا, Dawlat Iritriyá), é un paísafricano, limitado ó norte e leste poloMar Vermello, ó sur conDjibuti e conEtiopía e ó oeste conSudán. Corresponde ó antigo litoral deEtiopía, da cal se independizou en1993 despois dunha longaguerra.
Ao longo da historia e ata1890, ano no queItalia delimita e coloniza o territorio de Eritrea, o territorio formara parte de varios imperios e reinos da rexión.
En1941 pasou a formar parte da administración colonial deGran Bretaña. En1952 entrou nunha federación conEtiopía ata que en1962 foi declarada por esta como unha mera provincia.
A resistencia actuou entón contra o estado etíope, sucedéndose diversos conflitos que se converteron en guerra aberta en1983. Tras catro anos, e xa baixo control daFronte Popular para a Liberación de Eritrea, en1987 decláraselle de novo rexión autónoma.
En1993 obtén a independencia e recoñécese internacionalmente ao país. Iso non evitou os posteriores conflitos territoriais conIemen en1996 e con Etiopía de novo en1997 e2000.
A intervención daONU e o establecemento definitivo de fronteiras en abril de2002 por resolución doTribunal Internacional de Xustiza detivo temporalmente a guerra, pero Etiopía non aceptou aínda a resolución presentada polo Tribunal Internacional de Xustiza. O traballo de delimitar a fronteira atrasou a paz con Etiopía ata o 16 de setembro de 2018.[2]
Tras o referendo de abril de1993,Eritrea proclamouse como estado independente. Establecido un goberno de transición, formáronse os órganos de goberno e administración que foron posteriormente modificados segundo a seguinte estrutura:
OConsello Consultivo, convertido despois enConsello de Estado, formado a modo deconsello de ministros máis os representantes territoriais.
AAsemblea Nacional comopoder lexislativo, formado polo Comité Central do EPLF, 30 representantes provinciais e 30 representantes do partido único e despois por 5 representantes do partido único e outros 75 elixidos polas provincias..
Por unha banda, ao norte do país, atópase unha prolongación do macizo etíope con alturas que alcanzan os 2.600 metros e onde se producen as maiores precipitacións de tipo tropical, asucado polos ríosBarka, oGash e oAnseba.
O Nordés está conformado por unha chaira en dirección sur, moi seca. A franxa costeira dá aoMar Vermello con máis de 1.000 km de costa, aínda que é moi estreita. Aquí alcánzanse máximos anuais de 50º centígrados.
Nesta zona atópase odeserto de Danakil e a depresión deKobar, situada a 130 metros baixo o nivel do mar.
Tras a independencia en1993, Eritrea mantén unhaeconomía de subsistencia similar á de moitos outros países africanos, con preto dun 80% da poboación ocupada na agricultura e a gandería, agravada polas sucesivas guerras conEtiopía.
Tras a ofensiva de2000, Eritrea tivo perdas por valor superior aos 825 millóns de dólares, con graves danos no sector agrícola, mantendo un crecemento negativo da súa economía durante tres anos.
Despois do conflito, as actuacións públicas conseguiron melloras importantes en portos, aeroportos e comunicacións por estrada, aínda que se está moi lonxe de conseguir o descenso significativo da taxa dedesemprego e estabilizar a economía para que sexa apetecible aos investimentos estranxeiros. No entre tanto, ten unha posición comercial estratéxica noMar Vermello e os seus reservas minerais demármore,granito,prata,cobre,cinc,ouro esílice, son moi importantes.
Eritrea ten 4 906 000 habitantes, dos que preto de medio millón viven na capital,Asmara. Outras poboacións importantes sonAssab eKeren con 70 000 habitantes cada unha,Mendefera con 66 000 eMassawa con 37 000. As linguas oficiais son oárabe e otigriña. Outras linguas minoritarias son otigré,afar,saho,bilén,kunama,nara ehedareb. Eritrea ten 9 etnias en total.
Actualmente fálanse moitas linguas en Eritrea. A maioría delas proveñen de dúas grandes familias, asemítica e acuxita. As linguas semíticas de Eritrea son oárabe (falado nativamente pola etniaRashaida),tigriña,tigré, e a recentemente recoñecidadahlik. Entre estas tres linguas; o tigriña e o tigré, son a primeira lingua de ao redor do 80% da poboación. As linguas cuxitas de Eritrea son numerosas, e inclúen oafar,bedja,blin esaho. Tamén se falan okunama enara, pertencentes á familia daslinguas nilo-saharianas. Oinglés úsase nun maior grao na educación, e tamén quedan algúns falantes deitaliano dos tempos coloniais.
↑Gérard Prunier (Novembro 2018). "El fin de las hostilidades entre Etiopía y Eritrea".Le Monde Diplomatique en Español.|data-acceso= require|url= (Axuda)