A xuventude de Erik Satie transcorreu entre Honfleur, na baixaNormandía, eParís. Cando tiña catro anos, a súa familia mudouse a París, onde ó seu pai Alfred lle ofreceran un traballo de tradutor. Trala morte da súa nai, Jane Leslie Anton, en1872, foi enviado canda seu irmán máis novo Conrad de volta a Honfleur, onde viviron cos avós paternos. Alí recibiu as primeiras leccións de música por parte dun organista local. Cando a avoa morreu en1878, os irmáns reuníronse de volta en París co pai, quen volveu casar cunha mestra de piano. Dende comezos da década de1880, Alfred Satie comezou a publicar as súas composicións de salón, compostas pola súa nova esposa e el mesmo, entre outros.
Casa museo de Erik Satie en Honfleur.
En1879, Satie entrou no conservatorio de París, mais os seus mestres axiña o etiquetaron como "falto de talento". Tras ser enviado á casa durante dous anos e medio, foi readmitido a finais de1885, mais non mellorou a impresión dos mestres. O ano seguinte decidiu facer o servizo militar. Porén, ás poucas semanas tratou de saír do exército.
En1887 marchou da casa para instalarse enMontmartre. Neste tempo comezou unha grande amizade co poeta románticoPatrice Contamine e, coa axuda do pai deste, publicou as primeiras composicións. Axiña se integrou no café-cabaretLe Chat Noir e relacionouse coa clientela artística deste. Por esta época comezou a publicar as súasGimnopedias, ás que seguiron asOgives e asGnossiennes, entre outras. Neste período coñeceu aDebussy. En1891 converteuse no compositor oficial e mestre de capela daOrdre de la Rose-Croix Catholique, du Temple et du Graal, liderada porJoséphin Péladan. Para ela compuxo pezas de inspiración mística, comaSalut Dapreau!,Le Fils des étoiles eSonneries de la Rose Croix.
Satie eSuzanne Valadon, pintora impresionista e nai deMiguel Utrillo, comezaron unha relación sentimental en1893. Axiña Valadon se mudou a unha vivenda próxima á de Satie, na Rue Cortot. Satie obsesiounouse con ela, chamábaa a súaBiqui e escribía apaixonadas notas sobreo seu ser completo, ollos encantadores, mans xentís e pés pequenos. Valadon pintou o retrato de Satie e deullo, mais ós seis meses ela mudouse, o que deixou devastado ó compositor. Durante a súa relación, Satie compuxo as súasDanses Gothiques, a modo de oración para facer regresar a paz á súa mente. Aparentemente, esta foi a única relación que tivo.
No mesmo ano coñeceu o mozoMaurice Ravel, quen exerceu unha notable influencia nas súas primeiras composicións. Unha das composicións de Satie neste período, asVexations, permaneceu descoñecida ata a súa morte. A finais do ano fundou aEglise Métropolitaine d'Art de Jésus Conducteur (Igrexa Metropolitana da Arte de Cristo o Guía). Como o seu único membro, o papel de "Parcier et Maître de Chapelle" comezou unha composición dunhaGrande Messe (despois coñecida como aMesse des Pauvres), e escribiu un caudal de cartas, artigos e panfletos mostrando a súa convición en temas relixiosos e artísticos.
Presentábase a si mesmo como "ximnopedista" en1887, pouco antes de escribir as súas composicións máis famosas, asGimnopedias.
Colaborou con artigos en varios xornais.
Chamábase a si mesmo "fonometrógrafo" (alguén que mide e escribe sons). De feito, prefiría definirse así antes que coma "músico".
Pode ser considerado un precursor doserialismo, moito antes do século XX.
Foi unha das primeiras persoas en aparecer no cine, en1924, nunha película deRené Clair.
Trala súa primeira composición en1884, cambiou o 'c' final do seu nome por un 'k' (Erik Satie).
Parece que houbo un curto período ó final da década de 1880 no que publicou as súas obras baixo o pseudónimo de 'Virginie Lebeau'. Con todo, posteriormente sentiríase orgulloso de publicar os seus traballos co seu nome real.