Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Erídano (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eridanus»)
Eridanus
Eridanus
NomelatinoEridanus
AbreviaturaEri
XenitivoEridani
SimboloxíaORío
Ascensión recta3,25 h
Declinación−29°
Área1138 graos cadrados

Rango 6º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

4
Estrela máis brillanteAchernar (α Eri)

(magnitude ap. 0,45)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +32° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de decembro

Eridanus ouEridano,[1] nome en grego antigo para orío Po, é a sexta constelación máis grande das 88constelacións modernas. Tamén é unha das 48 constelacións deTolomeo.

Obxectos notables en Eridanus

[editar |editar a fonte]

Achernar

[editar |editar a fonte]

No seu extremo austral está aestrela de primeiramagnitudeAchernar (α Eri). Achernar é unha estrela moi peculiar porque é unha das estrelas máis planas coñecidas. As observacións indican que o seu radio é case un 50% máis longo noecuador ca nos polos. Isto débese a que a estrela rota a unha gran velocidade.

Epsilon Eridani

[editar |editar a fonte]

Outra estrela ben coñecida en Eridanus éEpsilon Eridani, que se ten feito moi popular naciencia ficción porque está relativamente preto e é semellante óSol. Tamén se sabe que posúe ó menos unplaneta, que é unxigante gasoso, comaXúpiter.

O Superbaleiro de Eridanus

[editar |editar a fonte]

OSuperbaleiro de Eridanus é osuperbaleiro foi descuberto en agosto do 2007. Dun diámetro aproximado dunbillón deanos luz, é con moito o superbaleiro (ausencia de galaxias) máis grande coñecido ata o momento nouniverso, e representa todo un desafío a explicar polas teorías da orixe e formación do universo. Foi descuberto ligando unhamancha fría ouburato frío naradiación de fondo de microondas (tamén denominada radiación cósmica de microondas ou radiación do fondo cósmico) cunha ausencia deradio galaxias nos datos dunha pescuda estelar noUSNational Radio Astronomy Observatory'sVery Large Array.[2] Lánzanse tamén hipóteses de que este baleiro podería ser unEntrelazado cuántico entre o noso universo e unUniverso paralelo.[3][4][5]

Mitoloxía

[editar |editar a fonte]
O río Eridanus.

Eridanus asóciase con dous mitos gregos, ambos derivados da forma da constelación. Ás veces considerábase a Eridanus coma un río que se alimentaba das augas deAcuario; neses casos Acuario miraba a Eridanus (o que requiría cambiar de ángulo e a conexión entre as estrelas deAcuario para que as súas augas foran Eridanus).

Eridanus relacionábase sobre todo co mito deFaetón, quen tomou o carro voador deHelios (o Sol), pero non tivo forza dabondo para controlalo, e foise en diferentes direccións. O resultado é que ás veces o carro se aproximase moito á terra, creando desertos e queimándolle-la pel os humanos (un mito que explica a pel dosetíopes).Zeus interveu derribando a Faetón cun lóstrego. Aconstelación foi considerada orixinalmente como parte do camiño atravesado por Faetón; despois foi considerada como o río no que caeu. Os mitógrafos antigos discutían se se trataba do río Po ou doNilo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo."Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións"(PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  2. NRAO: "Astronomers Find Enormous Hole in the Universe". NRAO website, retrieved 24 August 2007.
  3. "The void: Imprint of another universe?". Arquivado dendeo orixinal o 09 de maio de 2008. Consultado o 20 de xuño de 2008. 
  4. "Evidence for a parallel universe?". Arquivado dendeo orixinal o 22 de decembro de 2008. Consultado o 20 de xuño de 2008. 
  5. Great 'cosmic nothingness' found, BBC News.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  ErídanoModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Erídano_(constelación)&oldid=6954822»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp