OEquipo All-NBA é un galardón anual daNBA nos que se escollen os mellores xogadores da liga na tempada. As votacións son realizadas por redactores e presentadores dosEstados Unidos e oCanadá.[1] O Equipo foi seleccionado cada tempada dende a existencia da liga, a tempada inaugural en1946.[2] O Equipo está formado por tres quintetos, o primeiro, o segundo e o terceiro, e xeralmente compóñense de 15 xogadores en total.
Os xogadores reciben cinco puntos pola votación para o primeiro equipo, tres puntos polo voto para o segundo equipo, e un punto para a votación do terceiro equipo. Os cinco xogadores co maior número de puntos totais fai o primeiro equipo, os seguintes cinco fan o segundo equipo, e os seguintes o terceiro. No caso de empate entre xogadores, amplíase o equipo. Se o primeiro equipo ten seis xogadores por un empate, o segundo equipo seguirá tendo cinco xogadores. O empate só ocorreu unha vez, en 1952, candoBob Davies eDolph Schayes empataron a votos recibidos.[1] De1946 a1955, os xogadores eran seleccionados sen ter en conta a súa posición; con todo, dende1956, cada equipo componse de dous aleiros, un pivote, e dos bases/escoltas.[2]
Kareem Abdul-Jabbar eKobe Bryant teñen o récord de máis seleccións con 15.[3]Karl Malone,Tim Duncan eShaquille O'Neal o seguen con 14,Bob Cousy,Dirk Nowitzki,Hakeem Olajuwon,Dolph Schayes eJerry West teñen 12 seleccións.[3] Malone e Bryant teñen o máximo número de seleccións no primeiro equipo con 11, mentres Abdul-Jabbar, Duncan, Cousy, West,Michael Jordan,Bob Pettit eElgin Baylor están empatados no segundo lugar con 10.[3]
^ | Xogadores en activo na NBA |
* | Elixidos noBasketball Hall of Fame |
Xogador (X) | Número de veces que o xogador foi escollido |
Xogador (en cursiva) | Xogadores que gañaron oMVP da Tempada da NBA no mesmo ano |
Da tempada 1946-47 á 1954-55, o Equipo All-NBA estaba composto por dous equipos, cada un con cinco posicións, excepto cando se produciran empates. Durante este período, os xogadores eran elixidos sen ter en conta a súa posición.
Datempada 1955–56 átempada 1987–88, o Equipo All-NBA estaba composto de dous equipos, cada un con cinco xogadores, excepto cando había empates. Durante este período, os xogadores eran escollidos segundo a posición; eran listados segundo a posición en orde descendente: dous aleiros, un pivote e dous bases/escoltas.
Dende atempada 1988-89 hai tres equipos da NBA, cada un con cinco xogadores, excepto cando hai empates. Os xogadores lístanse segundo a posición na seguinte orde descendente: dous ás, un pivote e dous bases/escoltas.