Epsomita | |
---|---|
![]() | |
Fórmula química | MgSO4 · 7H2O |
Clase | Sulfato |
Sistema cristalino | Ortorrómbico |
Cor | Branca, amarelada, verdosa, avermellada, rosa |
Brillo | De vítreo a sedoso |
Dureza | 2 - 2,5 (escala de Mohs) |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 1,68 g/cm³ |
Aepsomita é a formamineral dosulfato de magnesio heptahidratado (MgSO4 · 7H2O).O seu nome provén da localidade deEpsom (Surrey,Inglaterra), de onde hai tempo que son coñecidos os depósitos deste mineral asociados a augas minerais.
Aínda que é de cor branca, a epsomita adoita aparecer coloreada cunha variedade de matices pálidos debido á presenza de impurezas. Estas son fundamentalmenteníquel,ferro,cobalto,manganeso ezinc; a cor rosa relaciónase coa presenza de cobalto, mentres que a verde asóciase a da de níquel.
Forma unha serie completa canda agoslarita (ZnSO4 · 7H2O) e amorenosita (NiSO4 · 7H2O).
A epsomita ésoluble en auga e ten un sabor amargo e salgado.Ao aire libre deshidrátase, tornándose mate, polo que debe ser conservada nun recipiente pechado ou en plástico e ser limpada só con alcol. Cristaliza nosistemaortorrómbico.
A epsomita aparece formando cristais, agregados fibrosos, costras,estalactitas,eflorescencias. Habitualmente atópase comoeflorescencias en zonas abrigadas deafloramentos rochosos dolomíticos ecalcarios. Normalmente tamén se pode atopar nas paredes de covas e en depósitos de lagos salgados. Tamén abunda en paredes de minas decarbón e minas metalíferas, incluso ns soportes de madeira e no material abandonado.
As acumulacións de epsomita son frecuentes, podéndose destacar os existentes na antigaUnión Soviética —lagos magnésicos de Djaman-Klytch e de Djelonsk—. Nos lagos salgados do Monte Kruger (Washington,Estados Unidos) acháronse cristais que teñen os 2 metros. EnEspaña existen eflorescencias importantes moi cerca deCalatayud (Aragón) e enMéxico enAquiles Serdán (Chiapas).
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Epsomita |