| Entrez | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
OEntrez Global Query Cross-Database Search System é un motor debusca federada[1] ouportal web que permite aos usuarios buscar en moitasbases de datos deciencias da saúde no sitio web doNational Center for Biotechnology Information (NCBI) norteamericano.[2] O NCBI forma parte daBiblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos (NLM), a cal é un departamento dosInstitutos Nacionais da Saúde (NIH), os cales á súa vez forman parte do Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos. Escolleuse o nome "Entrez" (que é unha benvida en francés invitando a entrar, que significa "Entre") para reflectir o espírito de dar a benvida ao público para que busque nos contidos dispoñibles na Biblioteca Nacional de Medicina.
Entrez Global Query é un sistema integrado de busca e recuperación de datos que proporciona acceso a todas as bases de datos simultaneamente cunha soa cadea de caracteres de busca e unha interface de usuario. Entrez pode recuperar eficientementeestruturas primarias, secundarias e terciarias de moléculas relacionadas, e referencias. O sistema Entrez pode proporcionar vistas de secuencias dexenes eproteínas e mapas decromosomas. Tamén se pode ter acceso a algúns libros de texto desde o sistema Entrez.
A páxina de inicio de Entrez proporciona, por defecto, acceso a unha busca global. Pode buscarse en todas as bases de datos indexadas por Entrez por medio dunha soa cadea de caracteres de busca, que soportanoperadores booleanos e etiquetas de termos de busca para limitar partes do texto de busca a campos determinados. Isto orixina unha páxina de resultados unificados, na que se mostra o número de casos atopados para esa busca en cada unha das bases de datos, as cales son tamén ligazóns aos resultados da busca nunha base de datos determinada.
Entrez tamén proporciona unha interface similar para a busca en cada base de datos particular e para refinar os resultados de busca. A característica Limits permite que o usuario estreite unha busca. A característica History dá lugar a unha lista numerada de buscas realizadas recentemente. Os resultados e buscas previas poden ser referidas por número e combinadas por medio de operadores booleanos. Os resultados da busca poden gardarse temporalmente no portapapeis. Os usuarios con conta MyNCBI poden gardar as buscas indefinidamente e tamén elixir recibir acctualizacións cos novos resultados de buscas que se envían por correo electrónico para buscas gardadas na maioría das bases de datos. Utilízase amplamente no campo da biotecnoloxía como ferramenta de referencia tanto para estudantes coma para profesionais.
Entrez fai bucas nas seguintes bases de datos:
Ademais de usar o motor de busca para procurar datos en Entrez, oNCBI proporciona a ferramentaEntrez Programming Utilities (eUtils) para ter un acceso máis directo aos resultados das buscas. Accédese aos eUtils ao enviar certas URLs ao servidor do NCBI, e analizar a resposta XML. Hai tamén unha interfaceSOAP de eUtils.
En 1991, presentouse Entrez en forma deCD-ROM. En 1993, unha versión servidor cliente do software proporcionaba xa conexión aInternet. En 1994, o NCBI creou unha páxina web, e Entrez era unha parte desa páxina. En 2001, saíu Entrez bookshelf, e en 2003 desenvolveuse a base de datos Entrez Gene.[3]