Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ensanche de Pontevedra

Coord.:42°25′48″N8°38′35″O / 42.429972222222,-8.643
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ensanche de Pontevedra
A rúa Sagasta inaugurada en 1893 no Ensanche
ConcelloPontevedra
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°25′48″N8°38′35″O / 42.429972222222,-8.643
editar datos en Wikidata ]

OEnsanche é unha zona do centro da cidade dePontevedra composta por ampliacións sucesivas da cidade fóra docentro histórico.

Historia

[editar |editar a fonte]

Desde 1833 en que Pontevedra converteuse en capital dasúa provincia, levouse a cabo unha radical transformación da estrutura urbana.[1][2] Derrubousea muralla entre 1852 e 1875, o que abriu as portas ao crecemento urbano máis aló do recinto fortificado. A cidade abriuse ao campo, ancheáronse e urbanizaron antigos camiños que conducían ávila medieval e deseñáronse e abríronse novas rúas.[1] No último terzo do século XIX deseñouse gran parte da nova Pontevedra, a partir fundamentalmente da achega do arquitectoAlejandro Sesmero.[3] A capitalidade e a influencia política de varios pontevedreses de adopción comoEugenio Montero Ríos,Augusto González Besada,Eduardo Vincenti ouGabino Bugallal Araújo impulsaron a transformación e a modernización da estrutura urbana. O aumento da poboación cun sostido crecemento demográfico obrigou aplanificar oensanche e a embelecer os espazos públicos. A planificación do ensanche da cidade realizouse ao redor dos eixos viarios ou estradas que unían a cidade conOurense,Marín ePortugal.[1]

Rúa Michelena.

O político liberal e empresario burguésFrancisco Antonio Riestra Vallaure foi o artífice da realización da maior parte do primeiro ensanche da cidade.[4] O novo sistema viario pontevedrés iniciouse por iniciativa de Francisco Riestra co trazado darúa Michelena en 1856, seguindo a liña daantiga muralla. En 1880Alejandro Sesmero planificou o ensanche burgués ao suroeste do casco antigo coa urbanización daPraza de España a partir de 1880 e da rúa Alameda en 1881 (antiga rúa da Palla) e en 1893 coaGran Vía de Montero Ríos.[5] O conxunto completouse coa urbanización progresiva darúa Riestra.[6] A apertura destas novas rúas permitiu achegar avila medieval a esa nova zona da cidade. Así mesmo, como parte deseensanche burgués reformouse ao mesmo tempo que apraza de España aAlameda de Pontevedra, correspondente ao antigo campo dosdominicos[7], e empezouse a urbanizar oParque das Palmeiras, antigo campo de San Xosé e campo da feira.[6][8] NaGran Vía de Montero Ríos construíronse entre 1884 e 1926 tres nobres edificios para albergar institucións propias da capitalidade (Pazo da Deputación,Edificio do Instituto Provincial,Edificio da Escola de Artes e Oficios e Escola Normal) e entre 1905 e 1909 con fronte aos xardíns do Doutor Marescot construíuse o novo granedificio do cuartel de San Fernando.[9][10][11]

Plano de Pontevedra en 1856 coas estradas a Ourense, Marín e Portugal que se tomaron como eixos da urbanización do ensanche.

Ademais a cidade ensanchouse seguindo os principais eixos viarios sobre os que se estruturou o crecemento urbano conducentes aOurense,Marín,Ponte Caldelas eTui ePortugal. Construíronse e urbanizaron as novas estradas aOurense en 1844,[12] (cuxo tramo central correspondente á actualrúa de Benito Corbal foise urbanizando a partir de 1866),[13] aMarín entre 1847 e 1851 (cuxo tramo central actual corresponde árúa da Oliva),[14]e aPonte Caldelas (cuxo tramo central corresponde á actual rúaJoaquín Costa) e remodelouse a estrada conducente aPortugal (actual rúa Peregrina na súa parte máis céntrica). No último cuarto do século XIX co aumento da poboación e da superficie edificada abríronse novas rúas transversais como arúa García Camba proxectada porAlejandro Sesmero entre as rúas Peregrina eOliva en 1884,[15] a rúa Andrés Muruais en 1883, a rúa Andrés Mellado en 1885 e a rúa Sagasta entre as rúas Peregrina eBenito Corbal en 1893.[16][17] Así mesmo, en 1927 finalizouse case por completo a apertura darúa Xeneral Gutiérrez Mellado entre as rúas Fernández Villaverde eMarqués de Riestra, poñendo en comunicación directa oantigo recinto amurallado e oparque das Palmeiras.[12] Por outra banda empezáronse a urbanizar amplos espazos que se converterían en tres dasprazas[18] máis importantes da cidade: en 1880 a praza de España[19] en 1884 a praza da Estación, actual praza de Galicia e en 1900 o novo campo da feira, actualpraza de Barcelos.[20]

O 25 de xullo de 1888, asrúas da Oliva eMichelena do primeiro ensanche convertéronse nas primeiras rúas deGalicia en dispor de iluminación pública, grazas á instalación de arcos eléctricos elámpadas incandescentes. Esta primeira rede eléctrica galega foi obra domarqués de Riestra, que construíu napraza da Verdura a primeira fábrica de electricidade do noroeste peninsular, e que en 1887 obtivo a patente dun procedemento para axustar asdinamos.[21]

Rúa Marqués de Riestra.

Neses novos espazos do primeiro ensanche pontevedrés construíronse edificios que coas súas formas e funcións reforzaron o proxecto burguésrestauracionista, expoñentes da nova Pontevedra, como aMansión do Marqués de Riestra. En 1902 terminou a construción doedificio do Café Moderno napraza de San Xosé, en 1903 a do novoEdificio do Banco de España narúa Michelena,[22] en 1905 a construción no lado esquerdo darúa Riestra (con fachada traseira cara aoparque das Palmeiras) do palaceteVila Pilar, mandado edificar polo indiano procedente de Cuba Manuel Martínez Bautista, en 1915 a doEdificio Gran Garaje narúa de Benito Corbal[23] e entre 1915 e 1926 a dasede central de Correos e Telégrafos narúa García Camba.[24][25][26]

Neste primeiro ensanche estableceuse parte daburguesía de Pontevedra,[27] o que deu lugar á existencia de edificios deestilo modernista (como o Palace Hotel construído en 1904 na esquina entre a actualpraza de Galicia e a rúa Andrés Muruais), moitos deles derrubados nos anos 1970 e 1980 por mor da especulación urbanística na cidade.

Rúa Xeneral Gutiérrez Mellado coa súa iluminación nocturna e as súaspalmeiras de abano californianas.

En 1944, o arquitecto municipal Juan Argenti Navajas deseñou o proxecto de prolongación darúa García Camba, que non chegou a realizarse.[28]

Entre os anos 1950 e 1970 realizouse o segundo ensanche da cidade coa apertura de novas rúas cara ao leste e límites marcados polasrúas Daniel de la Sota aberta en 1958 eCobián Roffignac ao leste e Joaquín Costa ao sur.[29][30]

A partir do ano 2000 levouse a cabo unha profunda reforma urbana no ensanche para obter unha alta calidade urbana, peonalizando unha gran parte das rúas do mesmo, integramente ou en parte do seu trazado, (entre as que se atopanMichelena, Peregrina,Benito Corbal,Marqués de Riestra,Gutiérrez Mellado,Daniel da Sota, Lepanto ou apraza de España), ampliando beirarrúas en rúas como Sagasta ou Frei Xoán de Navarrete, plantando árbores (palmeiras de abano californianas,sóforas, perales de Callery, maceiras, magnolios chineses ouameixeiras entre outros) e mellorando en gran medida a iluminación nocturna con elementos de deseño como farois, proxectores, balizas, luminarias e módulos LED.[31][32]

Urbanismo

[editar |editar a fonte]

O Ensanche de Pontevedra é o barrio central e comercial da cidade e esténdese ao sur e ao leste docasco antigo. Configúrase como unha continuación da cidade existente, adaptándose e relacionándose co armazón urbano antigo. Os eixos viarios posúen unha anchura de entre 12 e 24 metros. Corresponde á ampliación urbana das rúas trazadas ao longo de eixos de comunicación (Ourense, Tui e Portugal, Marín) e as transversais a estas.

Rúa García Camba.

O ensanche, que corresponde co actual centro da cidade articúlase ao redor dos principais eixos viarios que son asrúas da Oliva, Peregrina eBenito Corbal, cuxo antigo nome, rúa do Progreso indicaba o seu papel de zona de expansión e progreso da cidade. O primeiro ensanche, anterior aos anos 1950, está enmarcado polo abanico que describen as rúasMarqués de Riestra, Augusto González Besada, Andrés Mellado e Sagasta, delimitadas ao norte polasrúas Michelena eBenito Corbal. Dentro del quedaron englobados os antigos barrios de San Xosé (ao redor da actualpraza de San Xosé) e Peregrina e Virxe do Camiño (ao redor da confluencia das actuais rúas Sagasta e Frei Xoán de Navarrete), consolidados linealmente no último terzo do século XIX ao redor das estradas de Marín, Portugal e Ponte Caldelas. Esta zona constitúe un espazo de transición entre aantiga cidade medieval e o ensanche posterior dos anos cincuenta. Das casas de pedra dasrúas Michelena,Marqués de Riestra eOliva construídas seguindo a tipoloxía tradicional de balcóns e galerías[33] pásase a outra tipoloxía de corte modernista e racionalista con catro e cinco pisos narúa García Camba[29] con edificios como o Edificio González Vega proxectado en 1939 polo arquitectoEloy Maquieira.[34][35]

O ensanche burgués de finais do século XIX cara ao oeste do casco antigo articúlase ao redor daGran Vía de Montero Ríos e apraza de España, seguindo o eixo vertebrado polaAlameda de Pontevedra e oparque das Palmeiras, zonas verdes máis importantes do centro da cidade.[36] Outras zonas verdes do ensanche son os xardíns do doutor Marescot, apraza de Barcelos e apraza de Galicia,[20] que actúa como transición entre o ensanche e obarrio de Campolongo.

Servizos

[editar |editar a fonte]

Delegacións gobernamentais e organismos públicos

[editar |editar a fonte]
Praza de España.

Napraza de España, atópanse a sede institucional doconcello de Pontevedra naCasa consistorial de Pontevedra, unedificio ecléctico de inspiración parisiense deseñado polo arquitectoAlejandro Sesmero e inaugurado en agosto de 1880 e a sede provincial daSubdelegación do Goberno en Pontevedra, nun edificio inaugurado en 1958.[37][38]

NaGran Vía de Montero Ríos áchanse as sedes provinciais daDeputación Provincial de Pontevedra: oPazo da Deputación de Pontevedra, inaugurado en 1890 e oEdificio Administrativo da Deputación de Pontevedra inaugurado en 1901.[39][36]

Narúa Michelena sitúanse a sede administrativa doconcello de Pontevedra na antigamansión do Marqués de Riestra[40] e a sede das delegacións periféricas da Administración do Estado no antigoedificio do Banco de España.[41]

Entre asrúas da Oliva eGarcía Camba atópase asede central de Correos na cidade e xefatura provincial de Correos na provincia de Pontevedra.[42] Narúa de Benito Corbal está situado un dos edificios daXunta de Galicia na cidade, que durante as dúas últimas décadas do século XX foi a súa sede principal en Pontevedra. En 2019 reformouse por completo e adquiriu a súa característica cor azul no exterior.[43][44]

Na rúa Joaquín Costa localízase a sede provincial daComisaría de Policía en Pontevedra.[45]

Centros educativos

[editar |editar a fonte]
Gran Vía de Montero Ríos.

Na rúa Maestranza, con fronte aos xardíns do doutor Marescot atópase aFacultade de Belas Artes de Pontevedra, instalada noantigo cuartel de San Fernando, un edificio de grandes dimensións terminado en 1909.[46] Narúa de Benito Corbal está situada aFacultade de Deseño de Pontevedra.[47]

NaGran Vía de Montero Ríos sitúase oEdificio do Instituto de Ensino Secundario Valle-Inclán, inaugurado en 1927 e que foi ata entón o instituto provincial de Pontevedra.[48][49]

Napraza de Barcelos atópase o colexio plurilingüe Barcelos e na rúa Joaquín Costa o Colexio Álvarez Limeses, inaugurado en xaneiro de 1960, así como o colexio privado plurilingüe Calasancio.[50][51]

Centros sanitarios

[editar |editar a fonte]

Entre as rúas Frei Xoán de Navarrete e Castelao localízase oHospital Quirónsalud Miguel Domínguez.[52] Na rúa Maestranza atópase o Centro de Saúde Virxe Peregrina, cuxo edificio proxectado polo arquitecto Alfonso Barreiro Buján foi inaugurado en 1963.[53]

Ao final darúa de Benito Corbal, no número 2 da rúaDoutor Loureiro Crespo atópase oHospital Provincial de Pontevedra, inaugurado en 1897 ao final da entón chamada rúa do Progreso, principal eixo do primeiro ensanche pontevedrés.[54][55][56]

Comercio e outros servizos

[editar |editar a fonte]
Rúa de Benito Corbal.

As rúas do Ensanche constitúen o epicentro dos numerosos establecementos comerciais de Pontevedra incluíndo franquías nacionais e internacionais así como comercios locais tradicionais, recibindo o nome de "milla de ouro" arúa de Benito Corbal.[57][58][59][60] O Ensanche tamén dispón de múltiples restaurantes.

Outros equipamentos

[editar |editar a fonte]

Napraza de Barcelos situáse o maior aparcadoiro subterráneo da cidade, con 906 prazas de estacionamento.[61] Napraza de España e naGran Vía de Montero Ríos atópanse outros dous aparcadoiros subterráneos con capacidade para 326 e 376 vehículos respectivamente.[62][63]

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2Caeiro González 1993, p. 1116.
  2. Rodríguez Mouriño 2020, p. 127.
  3. Aganzo 2010, p. 21.
  4. Juega Puig 2000, p. 92.
  5. Juega Puig 2000, p. 95.
  6. 6,06,1Durán Villa 2000, p. 88.
  7. Aganzo 2010, p. 91-92.
  8. "Retrospectiva de la Alameda pontevedresa".La Voz de Galicia(encastelán). 10 de abril de 2010. 
  9. "Los ingenieros del cuartel de San Fernando en Pontevedra".ElDiario de Pontevedra(encastelán). 12 de decembro de 1905. 
  10. "En febrero empezarán las obras de cantería del cuartel de San Fernando".ElDiario de Pontevedra(encastelán). 3 de novembro de 1905. 
  11. "Finalizadas las obras del nuevo cuartel de San Fernando".ElDiario de Pontevedra(encastelán). 23 de marzo 1909. 
  12. 12,012,1Durán Villa 2000, p. 90.
  13. Juega Puig 2000, p. 66.
  14. Fortes Bouzán 2011, p. 386.
  15. Juega Puig 2000, p. 83.
  16. Juega Puig 2000, p. 107.
  17. "¿Qué ha quedado de la calle de los espectáculos?".Diario de Pontevedra(encastelán). 5 de marzo de 2023. 
  18. "El Museo conmemora el 130 aniversario de la llegada del tren a Pontevedra".Faro(encastelán). 30 de marzo de 2014. 
  19. González Clavijo 2008, p. 18.
  20. 20,020,1Aganzo 2010, p. 101.
  21. "El alumbrado público de La Oliva y Michelena, el primero de toda Galicia, cumple 133 años".Diario de Pontevedra(encastelán). 6 de xullo de 2021. 
  22. Moreno Arana 2017, p. 261.
  23. "La «milla de oro» recupera al Gran Garaje como superficie comercial". 4 de mayo de 2017. 
  24. "Café Moderno: Su historia, tertulias y vivencias".La Voz de Galicia(encastelán). 27 de xuño de 2019. 
  25. "El Colegio pontevedrés dedicará a «Villa Pilar» el Día de la Arquitectura".La Voz de Galicia(encastelán). 18 de xuño de 2005. 
  26. "La Casa de Correos, la obra interminable".Diario de Pontevedra(encastelán). 25 de agosto de 2019. 
  27. Aganzo 2010, p. 34.
  28. "A Pontevedra do século pasado".Diario de Pontevedra. 9 de decembro de 2020. 
  29. 29,029,1Durán Villa 2000, p. 96.
  30. "Acto de apertura oficial de la nueva calle de Daniel de la Sota".El Pueblo Gallego(encastelán). 9 de decembro de 1958. 
  31. "Pontevedra, la ciudad que logró vencer a los coches".El País(encastelán). 1 de decembro de 2018. 
  32. "La 'almendra central' de Pontevedra se convierte en 'zona 10' esta misma semana".Pontevedra Viva(encastelán). 22 de outubro de 2019. 
  33. Aganzo 2010, p. 98.
  34. "Eloy Maquieira, un arquitecto olvidado".Faro(encastelán). 14 de novembro de 2021. 
  35. "Edificios singulares".La Voz de Galicia(encastelán). 17 de maio de 2013. 
  36. 36,036,1"Ladrillo de lujo".Faro(encastelán). 10 de febreiro de 2011. 
  37. Abelleira Doldán 2018, p. 129.
  38. "Los 11 edificios que reconoces si eres de Pontevedra".El Español(encastelán). 28 de xaneiro de 2021. 
  39. "El Palacio Provincial de la Diputación, por dentro".Faro(encastelán). 28 de novembro de 2016. 
  40. "El Concello prepara la mudanza a Michelena 30".La Voz de Galicia(encastelán). 30 de decembro de 2009. 
  41. "El antiguo Banco de España agrupará a más de cien funcionarios del Estado".La Voz de Galicia(encastelán). 6 de maio de 2009. 
  42. "El edificio de Correos volvió a la luz".Diario de Pontevedra(encastelán). 14 de maio de 2013. 
  43. "Una empresa coruñesa completará la reforma de la sede de Benito Corbal".Diario de Pontevedra(encastelán). 20 de febreiro de 2020. 
  44. "Azul metálico, el antiguo edificio de la Xunta en Benito Corbal muestra su color".Pontevedra Viva(encastelán). 28 de decembro de 2018. 
  45. "Un sindicato policial lleva a nivel nacional su demanda de una nueva Comisaría".La Voz de Galicia(encastelán). 2 de novembro de 2016. 
  46. "Belas Artes celebra su cuarto de siglo".La Voz de Galicia(encastelán). 31 de outubro de 2015. 
  47. "El grado en Diseño y Creación tendrá espacios propios en el edificio administrativo de Benito Corbal".Pontevedra Viva(encastelán). 29 de maio de 2020. 
  48. "La ambiciosa rehabilitación del IES Valle Inclán supondrá una inversión de 4,7 millones".Diario de Pontevedra(encastelán). 31 de agosto de 2022. 
  49. "Cuando el Instituto se instaló en la Alameda".Faro(encastelán). 27 de setembro de 2015. 
  50. "El colegio de Barcelos se suma a otros 17 centros y ya tiene un mural sobre su historia".Pontevedra Viva(encastelán). 16 de outubro de 2021. 
  51. "El CEIP Álvarez Limeses celebra sus cincuenta años".La Voz de Galicia(encastelán). 9 de novembro de 2010. 
  52. "Los Domínguez venden su hospital".La Voz de Galicia(encastelán). 20 de outubro de 2015. 
  53. "A Alfonso Barreiro Buján, arquitecto noble y limpio".Diario de Pontevedra(encastelán). 4 de abril de 2020. 
  54. Fortes Bouzán 2011, p. 456.
  55. "¿Qué futuro le espera al Hospital Provincial?".La Voz de Galicia(encastelán). 24 de abril de 2016. 
  56. "El CXX aniversario del Hospital".Diario de Pontevedra(encastelán). 18 de decembro de 2017. 
  57. "Las mejores ciudades gallegas para ir de rebajas".La Voz de Galicia(encastelán). 7 de xaneiro de 2019. 
  58. "Setenta años de una esquina emblemática de la milla de oro de Pontevedra: de la primera gasolinera urbana a un hipermercado".La Voz de Galicia(encastelán). 11 de marzo de 2022. 
  59. "Lleno en la milla de oro de Pontevedra al bajar los alquileres".La Voz de Galicia(encastelán). 1 de decembro de 2022. 
  60. "Inditex alargará «la milla de oro»".La Voz de Galicia(encastelán). 8 de maio de 2023. 
  61. "Pontevedra es la ciudad gallega con el aparcamiento de pago más barato".Diario de Pontevedra(encastelán). 21 de xullo de 2021. 
  62. "El aparcamiento de la plaza de España se construirá seis años después de su adjudicación".La Voz de Galicia(encastelán). 2 de febreiro de 2008. 
  63. "Concluidos los estudios del párking de Montero Ríos".La Voz de Galicia(encastelán). 11 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Ensanche de PontevedraModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
De interese enPontevedra
Lugares senlleiros
Edificios civís
Casa das Campás • Casa do Correo Vello • Casa dos Vaamonde • Pazo dos Condes de Maceda • Pazo de Mugartegui • Pazo de Castro Monteagudo • Pazo de García Flórez • Casa das Caras • Liceo Casino • Teatro Principal • Casa consistorial de Pontevedra • Palacete das Mendoza • Pazo da Deputación de Pontevedra • Goberno Militar de Pontevedra • Hospital Provincial de Pontevedra • Mansión do Marqués de Riestra • Edificio da antiga Escola Normal • Praza de touros • Café Moderno • Edificio do Banco de España • Villa Pilar • Instituto Valle Inclán • Pazo de Lourizán • Antigo Cuartel de San Fernando • Casa dos Fonseca • Casa de Correos • Edificio Gran Garaje • Edificio do Colexio Oficial de Aparelladores • Mercado de Abastos de Pontevedra • Edificio da Caixa de Pontevedra • Goberno Civil de Pontevedra • Pavillón Municipal dos Deportes • Biblioteca Pública do Estado • Auditorio e Pazo de Congresos e Exposicións • Recinto Feiral de Pontevedra • Edificio Central da Xunta de Galicia en Pontevedra • Edificio Castelao  • Cidade da Xustiza de Pontevedra
Edificios relixiosos
Monumentos e esculturas
Prazas e rúas
Pontes
Restos arqueolóxicos
Museos
Artes escénicas
Educación e Cultura
Parques e espazos naturais
Instalacións deportivas
Exposicións e espectáculos
Hospitais
Transportes
Barrios
Medios de comunicación
Eventos
Asociacións culturais
Barrios dePontevedra
Escudo de Pontevedra
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ensanche_de_Pontevedra&oldid=6862603»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp