Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fainestes artigos. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de outubro de 1908 Oviedo, España |
| Morte | 31 de outubro de 1994 Santiago de Compostela, España |
| Catedrático de universidade | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
| Director de tese | Ramón María Aller Ulloa |
| Actividade | |
| Ocupación | pintor, matemático, catedrático, astrónomo |
| Membro de | Real Academia Galega (académico de número)(1971–1994) Real Academia Galega (membro correspondente)(1951–1971) |
| Obra | |
| Doutorando | Antonio Martínez Naveira,Xosé María Masa Vázquez,Luis Hervella Torrón,Luís Ángel Cordero Rego(en) |
| Familia | |
| Fillos | Félix Vidal Costa |
| Pai | Enrique Vidal Bobo |
| Premios | |
| |
Enrique Vidal Abascal, nado enOviedo o12 de outubro de1908 e finado enSantiago de Compostela o31 de outubro de1994, foi unmatemático,astrónomo epintorgalego.
Fillo deEnrique Vidal Bobo. Residiu desde a súa nenez en Galicia. Estudou Ciencias Exactas en Santiago e Madrid. Foi profesor de Matemáticas dos institutos de Santa Cruz da Palma, Monforte, A Estrada, Vigo, Pontevedra e Arcebispo Xelmírez de Santiago. Foi director do Instituto de Monforte (1934) e despois do Instituto da Estrada (1935). En 1940 substituíu a Secundino Vilanova Rivas como presidente da comisión depuradora do maxisterio de Pontevedra.
Doutor enCiencias Matemáticas pola Universidade deMadrid (1944), presentando unha tese, dirixida porRamón María Aller Ulloa, que trataba sobre as órbitas deestrelas duplas[1].
Desde1955 foi catedrático deXeometría Diferencial daUniversidade de Santiago de Compostela sendo, desde a súa creación en1968, decano daFacultade de Ciencias Matemáticas de dita universidade, até a súa xubilación.Está considerado pioneiro no aperturismo matemático internacional daposguerra española, organizando o primeiroColoquio Internacional de Matemáticas celebrado en España (1963)
Foi promotor daReal Academia Galega de Ciencias, da que foi o seu primeiro presidente, sendo designado posteriormente presidente de honra, e director doSeminario de Estudos Matemáticos de Santiago de Compostela entre1967 e1978.
O labor investigador de Vidal Abascal versou sobreXeometría Diferencial e Integral (curvas e superficies) e, enastronomía, no cáculo de órbitas deestrelas duplas.
Introduciu en España o estudo deFoliacións, así como a noción de métricacase fibrada; Vidal e o profesor Hervella encontraron dúas novas xeometrías pseudokahlerianas, que denominaron G1 G2 (Galegas 1ª e 2ª).
Inventou un aparello, oorbígrafo (construído enZürich) para o cálculo das órbitas de estrelas duplas, que aínda segue a usarse noObservatorio Astronómico de Santiago. Ao respecto do seu labor investigador sobre estas estrelas, oObservatorio Astronómico de París, escribía en1979:
"...o conxunto das súas investigacións (...) constitúe sen dúbida ningunha (...) a maior e máis importante contribución dos nosos tempos ao estudo dasestrelas duplas. Por outro lado, Vidal non só se limita á teoría, senón tamén á aplicación práctica dos seus métodos, inventando e facendo construír (...) o seu enxeñoso aparelloorbígrafo, que (...) é usado por numerosos investigadores."
Entre1972 e1977 ditou relatorios e cursos naÉcole Polytechnique deLausana e na Universidade VI deParís.
Pertenceu á Sociedade Americana de Matemática (American Mathematical Society), ao Círculo Matemático dePalermo (Circolo Matematico di Palermo) é aSociedad Matemática Española. Foi membro daReal Academia Galega[2] ingresando o27 de marzo de1971 coa lectura do discursoA crisis da universidade europea, respondido porRamón Otero Pedrayo.[3]
A súa produción complétase cuns cen artigos, algúns deles aparecidos en revistas como:
Osespazos case-foliados (almost-foliated manifolds) son coñecidos coma espazos de Vidal na súa honra, e as estruturas case hermíticas coma G1-G2, porGalicia.