![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1959![]() Montevideo, Uruguai ![]() |
![]() | |
15 de xuño de 2019 – 17 de xuño de 2023 ← Joseba Asiron –Cristina Ibarrola(pt) ![]() | |
![]() | |
11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015 ← Yolanda Barcina –Joseba Asiron → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Navarra![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor universitario, arquitecto, escritor![]() |
Empregador | Universidade de Navarra![]() |
Partido político | Unión del Pueblo Navarro![]() |
![]() |
Enrique Maya Miranda, nado enMontevideo en1960, é unpolíticonavarro. Foi alcalde do concello dePamplona porUnión del Pueblo Navarro, cargo que ocupou entre o2011 e2015.
Naceu enMontevideo en1960, aínda que reside enPamplona desde os 4 anos. Arquitecto de profesión, está casado e ten dous fillos. No ano1989 comezou a traballar como funcionario municipal cando accedeu como arquitecto da Oficina de Rehabilitación Municipal. Ocupou o cargo de director da área de Urbanismo e Vivenda, e da Xerencia de Urbanismo do Concello de Pamplona.[1] Non está afiliado a ningún partido político, aínda que naseleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura deUnión del Pueblo Navarro (UPN) ao Concello de Pamplona, logo de que o Consello Político deste así o aprobase o 14 de xaneiro de 2011.[2]Tras acadar este partido 11 dos 27 concelleiros do consistorio, logrou a alcaldía pamplonesa con 13 votos, os de UPN ePP e a abstención doPSN-PSOE, mentres que a outra candidataUxue Barkos (NaBai) conseguiu 11 votos, os de NaBai,Bildu eIzquierda-Ezkerra.[3]
Presentouse á reelección nas eleccións de2015 nas que o seu partido foi a forza máis votada. Non obstante, un pacto de investidura cuatripartito entreEH Bildu,Geroa Bai,Aranzadi - Iruñea Denon Artean - Pamplona En Común (marca dePodemos) eIzquierda-Ezkerra (marca deIU)[4] outorgou o bastón de mando municipal aJoseba Asirón, deEH Bildu, o 13 de xuño de 2015. Nesa votación Asirón obtivo 14 votos, Enrique Maya logrou 10 apoios, mentres que a socialistaMaite Esporrín logrou 3 apoios.[5]
Entre as publicacións e relatorios de Enrique Maya, destacan as referidas a Pamplona. Os seus principais traballos son:
Predecesor: Yolanda Barcina | ![]() Alcalde de Pamplona 2011 -2015 | Sucesor: Joseba Asirón |
Predecesor: Joseba Asirón | ![]() Alcalde de Pamplona 2019 - | Sucesor: En el cargo |