Aencefalopatía esponxiforme bovina ouenfermidade das vacas tolas (tamén coñecida polas súas siglas EEB ou BSE, segundo a denominación inglesaBovine Spongiform Encephalopathy) é unhaenfermidade causada por unprión, propia dogando vacún e transmisible ósseres humanos a través do consumo de partes deanimaisinfectados, sobre todo tecidos nerviosos.
A encefalopatía esponxiforme bovina é unha enfermidade de recente aparición, pertencente a unha familia de enfermidades neurodexenerativas, emparentadas entre si, moi raras na súa maioría (incluído okuru, unha encefalopatía esponxiforme humana). Os primeiros casos de animais enfermos declaráronse noReino Unido en 1986. En 1996 detectouse no home unha nova enfermidade, unha variante daEnfermidade de Creutzfeldt-Jakob, que se relacionou coa epidemia de EEB no gando vacún.
A vía de transmisión desta enfermidade coñecida ata o de agora é o consumo depensos contaminados co prión. Esta contaminación dos pensos procede da utilización como ingrediente proteico defariñas animais elaboradas concadáveres ou restos devacas ou -principalmente-ovellas enfermas, aínda queasintomáticas.
A transformación industrial dos restos destes animais en fariña decarne ou deósos non inactiva o prión. De feito, cando se comprobou a orixe nos pensos contaminados e se prohibiu o uso de fariñas animais na alimentación do gando, constatouse unha clara redución do número de novos casos. Pero esta prohibición do uso de farinas de carne e ósos na alimentación do gando bovino non se produciu ata 1997, prohibición que se estendeu no 2001 á alimentación de calquera animal de abasto[2].
Existe tamén a posibilidade de transmisión desde a nai á cría, aínda que non está confirmada.
Corre tamén unha teoría proposta por científicosbritánicos, pero descartada polacomunidade científica, de que a enfermidade se orixinou por alimentar gando con penso contaminado con restoshumanos. Segundo esta teoría, Gran Bretaña importou centos de miles de toneladas de ósos enteiros ou pulverizados e de partes de cadáveres desde o sur deAsia nos anos60 e70 para facer fertilizantes e fariña de óso, e entre eses ósos poderían haber ósos humanos de cadáveres abandonados nos ríos daIndia.
Os primeiros casos diagnosticados oficialmente tiveron lugar no Reino Unido en 1986, aínda que se trataba de animais mortos en 1985[3]. Desde o Reino Unido continuouse exportando animais enfermos e penso contaminado[4] ó resto de Europa e ó resto do mundo e foron aparecendo casos enIrlanda en 1989, enPortugal eSuíza en 1990, enFrancia ouCanadá en 1993, ou nosEstados Unidos en 2005.
En España produciuse o primeiro caso en Galicia, cando a vaca Parrula morreu o 25 de outubro de 2000 enCarballedo[5]. Houbo antes outro caso, Elvira, que morrera en agosto, enCoristanco, pero non se diagnosticou oficialmente ata decembro. En xaneiro produciuse unha terceira morte enGuitiriz, Gallega, e xa os primeiros casos fóra de Galicia, enLeón.
Co tempo foi estendéndose por toda a península ata alcanzar o máximo de mortes en 2003, con 167 casos (62 deles en Galicia), para irse reducindo paulatinamente: en 2009, último ano no que se publicaron datos oficiais, houbo 18 casos (oito en Galicia). Posteriormente seguiron aparecendo casos, pero de forma esporádica. En 2019 diagnosticouse un caso enOrtigueira e en 2023 outro naEstrada, nunha vaca de 23 anos que morreu na explotación.[6]
A Dirección Xeral de Saúde Pública estimou unha prevalencia ata fins de 2006 dun 25,5 por cen mil (en Galicia), cunha destacada ocorrencia de animais maiores de 4 anos: o 85 % dos positivos[7].
Trátase unha enfermidade dexenerativa dosistema nervioso central dosbovinos, que se caracteriza pola aparición de síntomas nerviosos nos animais adultos: incoordinación de movementos, agresividade e sensibilidade aumentada ante ruídos ou golpes. A esa sintomatoloxía nerviosa débese a denominación popular deenfermidade das vacas tolas (mad-cow desease, en inglés). A evolución da enfermidade é irreversible e, progresivamente, finaliza coa morte ó cabo duns dous anos dos primeiros síntomas, ou co sacrificio do animal.
O período de incubación da enfermidade é de 4 ou 5 anos, cun abano temporal moi amplo, desde 16 meses a oito anos. Este feito, xunto á orixe alimentaria a partir de pensos contaminados, explica que se trate dunha enfermidade propia de animais adultos.
Os síntomas observados están motivados pola acumulación doprión nascélulas neuronais, orixinando a morte celular. Unha análise microscópica revela lesións comovacúolos que dan ó tecido nervioso un aspecto de esponxa.
O único método dispoñible para detectar a infección en fase terminal é a inoculación parenteral detecido encefálico enratos, pero esta técnica non é utilizable na práctica, xa que os períodos de incubación son duns 300 días.
Ata2007, inclusive, declaráronse 336.770 reses enfermas de EEB naUnión Europea e 516 máis no resto do mundo[8], a inmensa maioría noReino Unido: o 98,38%.
Acrise das vacas tolas pode considerarse a maior crise alimentaria europea, polo elevadísimo custo que representou a morte dos animais enfermos, o sacrificio obrigatorio dos animais sospeitosos, a destrución por incineración dos cadáveres e dos pensos sospeitosos ou o complexo sistema de vixilancia que se implantou, que non evitou unha forte retracción do consumo de carne de vacún. Calcúlase que só no Reuno Unido foron sacrificadas máis de 4 millóns de reses e houbo que destruír máis de 250.000 toneladas de penso.
Por outra parte, ata xuño de2010 diagnosticáronse 220 doentes humanos afectados pola nova variante da Enfermidade de Creutzfeldt-Jakob[9], 217 casos primarios e 3 secundarios (por cousa dunha transfusión de sangue)[10]. Cómpre ter presente que no Reino Unido se consumiron non menos de 500.000 animais infectados entre 1985 (ano dos primeiros casos confirmados) e 1996 (ano en que se instauraron as medidas de retirada do mercado de carne de animais sospeitosos), sen que sexa posible augurar cantas persoas que consumiron esa carne poderán desenvolver a enfermidade no futuro.
Como principal consecuencia da gravidade desta crise alimentaria pódese destacar o cambio substancial introducido na lexislación da Unión Europea, e implementado nas lexislacións nacionais dos estados membros, en todo o relacionado co control oficial dos alimentos, especialmente dos de orixe animal, e nos establecementos de alimentación, desenvolvendo un novo concepto de seguridade alimentaria. En 2002 publicouse o Regulamento 178/2002 polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria e se crea a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria[3] e en 2004 publicáronse outros Regulamentos específicos que conforman o coñecido comoPaquete de Hixiene[4].
↑Vinte anos despois, en agosto de 2021, a Unión Europea autorizou de novo o emprego de proteínas animais -pero só as derivadas de animais non ruminantes- na formulación de pensos para aves de curral e porcos, pero mantendo a prohibición do seu uso en animais ruminantes (Regulamento (UE) 2021/1372 da Comisión, de 17 de agosto de 2021 polo que se modifica o anexo IV do Regulamento 999/2001 (DOUE nº 295, de 18.08.2021)[1].
↑Alí prohibiuse o uso na alimentación dos ruminantes de pensos elaborados con fariñas animais en 1988, pero seguiu exportando a Europa este tipo de pensos ata 1994, cando foron prohibidos na Unión Europea. Non foi ata 1996 que se prohibiu a exportación desde o Reino Unido de gando bovino, carne e produtos derivados.
↑A declaración oficial da presenza da enfermidade en Galicia tivo lugar o 24 de novembro, coa confirmación do diagnóstico (Orde de 22 de novembro de 2000 pola que se declara oficialmente a existencia da enfermidaed encefalopatía esponxiforme bovina. DOG nº 228, de 24.11.2000[2]).
↑Os primeiros casos diagnosticáronse no Reino Unido en 1996, se ben sobre mortes acaecidas en 1994 e 1995. En España, o primeiro caso foi unha muller falecida en 2005. En 2008 houbo un caso en Ferrol, non confirmado, que podería ser o primeiro caso en Galicia.