Mellóreo engadindo referencias queverifiquen as afirmacións contidas no artigo e engadareferencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unhafonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor,non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado.(Desde novembro de 2017.)
Emperador é un título político orixinado noImperio Romano. Malia que con frecuencia se chameemperadores aos líderes de certos grandesimperios, por asociación con estes, o certo é que os comunmente chamados Emperadores daChina ou doXapón non o son no sentido estrito, porque o título se asocia cun certo continuísmo (ás veces moi de lonxe) coa cultura latina da que emana.
Orixinariamente oimperator era o xefe do exército romano. O ano27 a.C.,Octavio Augusto unificou o mundo romano e estableceu oImperio Romano, pero non se atreveu a asumir poderes absolutos e quebrar desta maneira o sistema político daRepública Romana, debido ao exemplo que representaba o asasinato deXulio César o ano44 a.C., precisamente acusado polossenadores de querer acabar coas liberdades civís republicanas. Desta maneira creou oPrincipado, un réxime político no cal se mantiñan todos os cargos e formas republicanas, pero todos os grandes cargos públicos eran asumidos por Octavio. Malia que este aceptou para si tan só o título deprinceps civium (isto é,o primeiro dos cidadáns), na práctica o título máis importante que tiña era o deImperator ou xefe do exército, porque era este o último garante da paz romana despois das cruentas guerras civís libradas no último século. Desta maneira, co paso do tempo foise identificando o título de Emperador co de amo e señor absoluto dun imperio.
Unha vez derrubado o Imperio Romano de Occidente, oImperio Bizantino considerouse continuador da tradición romana, malia que abandonou a cultura latina pola antiga cultura helénica que dear orixe a aquela. Os emperadores bizantinos fixéronse chamar co termo gregobasileus, que significarei. Non obstante, no ámbito oriental comezou a cobrar forza tamén o título deTsar, derivado do nome latinoCésar, e que se aplicou despois ao Tsar deBulgaria, para ser tomado no seu momento polos Tsares doImperio Ruso, unha vez caídaConstantinopla en mans dosotománs.
En Occidente non houbo Emperadores desde o ano476, pero aIgrexa católica se consideraba continuadora do Imperio, no campo espiritual. Inicialmente os papas romanos recoñeceron aos emperadores bizantinos como continuadores da tradición imperial romana, pero as crecentes desavinzas entre ambos (fundamentalmente porque os papas tiveron moitas veces que se defenderen coas súas propias armas de invasores estranxeiros, sen recibiren axuda dos bizantinos que supostamente debían protexelos) fixeron que oPapa volvese a mirada cara ao crecente poder político dosfrancos. Desta maneira os Papas chamaron aPipino o Breve na súa axuda, entronizándoo como rei dos francos en recompensa. O seu filloCarlomagno foi coroadoEmperador de Occidente o ano800 en Roma, nun xesto do PapaLeón III; oficialmente sostense que por agradecemento ante a súa intervención durante unha revolta en Roma, pero é posíbel que fora motivado polo crecente acercamento entre Carlomagno eIrene, daquela emperatriz de Bizancio, o que ía en contra dos seus intereses. No ano812, o emperador bizantinoMiguel I Rangabé recoñeceu a Carlomagno como emperador de Occidente a través dun tratado firmado en Aquisgrán, malia que esta aceptación foi feble, xa que Bizancio consideraba que a nova realeza xermana non tiña lazo xurídico ningún co Imperio Romano, mentres que o Imperio Bizantino si que era (no papel, polo menos) sucesor legal deste, en Oriente.
Despois de que os netos de Carlomagno se repartiron o seu imperio noTratado de Verdún (843), houbo varios reis que con maior ou menor fortuna intentaron facerse recoñecer como Emperadores, tratando de forzar ao Papa mediante o envío de expedicións militares aItalia. Finalmente o ano962 o rei xermanoOdón o Grande conseguiu ser coroado lexítimo Emperador de Occidente, o que o proclamaba como herdeiro de Carlomagno, fundándose así oSacro Imperio Romano Xermánico. Os seus sucesores conservarían o título ata o ano1806, malia que o propio Sacro Imperio Romano Xermánico foi practicamente desmantelado en1648, despois doTratado de Westfalia.
Durante séculos admitiuse en Occidente que oPapa, como lexítimo custodio da tradición romana, era o único capaz de designar Emperadores. Supostamente, na concepciónmedieval, o mundo estaba baixo a tutela temporal do Emperador, e a espiritual do Papa, como señores conxuntos do mundo cristián (e do mundo, en definitiva, por canto o Papa se consideraba Vicario de Cristo para toda a Humanidade). Desta maneira só podía haber un único Emperador, con xurisdición sobre todos os reis cristiáns. No entanto, este soño estivo lonxe de cumprirse, xa que nunca o Emperador de Occidente conseguiu impoñerse a todos os reis cristiáns; quen levou máis lonxe este soño universalista foi o EmperadorCarlos I de España, precisamente nunha época (oSéculo XVI) na que o universalismo medieval estaba desaparecendo en beneficio do nacionalismo moderno. Porén, malia que os reis medievais se trenzaran en múltiples guerras, e incluso moitos deles combateran polas armas ao Emperador, xamais intentaron tomar para si o título por non contar coas bases legais para iso.
A chegada deNapoleón Bonaparte cambiaría as cousas. Durante oSéculo XVIII producírase un forte renacemento do clasicismo romano (Neoclasicismo), que vinculara á idea de que aRazón había superar o escurantismo que se identificaba coaIdade Media. No político (e tamén no artístico), Napoleón tratou xustamente de regresar ao modelo imperial romano, polo que se transformou en cabeza dun goberno directorial á maneira romana: oConsulado. Napoleón finalmente mandou chamar mediante presións e ameazas ao PapaPío VII para coroarse Emperador naCatedral Notre Dame de París, o ano1804. Non obstante, no momento decisivo e nun xesto de orgullo, Napoleón arrebatou ao Papa a coroa imperial, e cinguiuna el mesmo, como un xesto segundo o cal el mesmo se facía o home máis poderoso da Terra. Con todo, aínda seguía existindo o Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, daquelaFrancisco II, quen optou por renunciar ao seu título en1806 e adoptar o de Emperador deAustria co nome deFrancisco I.
O xesto de Napoleón non só foi cualificado como unha usurpación por parte dun recentemente chegado sen títulos legais nin xurídicos para a súa acción, senón que ademais abriu a espita para outros que a seguir se proclamaron Emperadores nos máis curiosos lugares da terra. Desta maneira, enHaití reinaron os EmperadoresXacobo I de Haití (1804-1806) eFaustino I (1847-1859). EnMéxico, o xeneralAgustín de Iturbide proclamouse como EmperadorAgustín I en1821, malia que sería derrocado ao ano seguinte; en1864 asumiríaMaximiliano I en México, entronizado polos exércitos deNapoleón III, e duraría en funcións ata ser fusilado en1867. Ao ano seguinte que Agustín Iturbide, en1822, proclamouse o Imperio do Brasil, conPedro I do Brasil como Emperador; este duraría ata a proclamación da República en1888. En1871 o Rei Guillerme dePrusia, despois daGuerra franco-prusiana, e considerándose lexítimo herdeiro do Sacro Imperio Romano Xermánico (que seguía existindo xuridicamente baixo a forma deImperio Austrohúngaro, ao cal os propios prusianos derrotaran militarmente en1866), proclamouse Emperador deAlemaña. E en1976 o xeneral africanoJean-Bédel Bokassa (admirador de Napoleón Bonaparte) transformou aRepública Centroafricana enImperio Centroafricano, e el mesmo proclamouseBokassa I nunha desmesurada cerimonia; este ditador duraría ata1979, ano en que foi derrocado por unha sublevación popular.
Na actualidade, o único gobernante do mundo que conserva o título de Emperador é o doXapón.