Ospremios Emmy songalardóns que se entregan anualmente como premio á excelencia na industria da televisión estadounidense.
Tres organizacións separadas, pero relacionadas, presentan os premios Emmy:
Os máis coñecidos son os Premios Primetime Emmy, seguido polos Premios Daytime Emmy, tendo ambos as súas propias categorías dos Emmy ás Artes Creativas (Creative Arts Emmys).
Os premios Emmy foron entregados por primeira vez o25 de xaneiro de1949 noHollywood Athletic Club. Os trofeos dos Premios Emmy son fabricados por unha compañía privada no cárcere de máxima seguridadeO Dorado Correctional Facility, n'O Dourado,Kansas.
O nome Emmy tivo as súas orixes no termoImmy, que se usou nos primeiros tempos da televisión para identificar o tubo de rexistro de imaxes das cámaras. As iniciais da palabra "imaxe" en diminutivo,Immy, transformáronse no nomeEmmy, de carácter máis feminino. A estatuilla, que representa a unha muller, deseñouna o enxeñeiro Louis McManus, cuxo modelo foi a súa propia esposa. A súa estatua foi a última en chegar das 48 que se presentaron ó concurso convocado, e foi a que gañou a competición.
As ás representan a musa da arte e o átomo representa o "electrón da ciencia".