Emma Thompson (2022) |
Biografía |
---|
Nacemento | 15 de abril de 1959 (65 anos) Paddington, Reino Unido(pt)  |
---|
Residencia | West Hampstead |
---|
Educación | Newnham College Universidade de Cambridge The Camden School for Girls(en)  |
---|
Lateralidade | manicho |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Filme,Actuación,guión cinematográfico,Escrita creativa e profesional eLiteratura infantil |
---|
Ocupación | actriz, guionista, actriz de teatro, actriz de dobraxe, directora de cinema, actriz de cinema, humorista, actriz de televisión, escritora |
---|
Período de actividade | 1979 - |
---|
Obra |
---|
Obras destacables |
Familia |
---|
Cónxuxe | Greg Wise(2003–) Kenneth Branagh(1989–1995) |
---|
Fillos | Tindyebwa Agaba Wise ( )Greg Wise Gaia Wise ( )Greg Wise |
---|
Pais | Eric Thompson e Phyllida Law |
---|
Irmáns | Sophie Thompson |
---|
Premios |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih,  |
---|
       
         |
Emma Thompson, nada enLondres o15 de abril de1959, é unhaactriz,guionista, produtora, activista, autora e humoristabritánica. Está considerada unha das actrices máis aclamadas do país, recibindo numerosos premios ao longo de toda a súa traxectoria, entre os que se inclúen dousPremios Óscar, dousGlobos de Ouro, dousPremios BAFTA, unPremio BAFTA de televisión e unPrimetime Emmy.
É filla doactoringlésEric Thompson e daactrizescocesaPhyllida Law. Formouse naUniversidade de Cambridge, onde formou parte da tropa deFootlights. Apareceu na serie cómicaAlfresco (entre 1983 e 1984) xunto conHugh Laurie,Stephen Fry eRobbie Coltrane. En 1987 fíxose coñecida pola súa actuación en dúas series de televisión daBBC,Tutti Frutti eFortunes of War, polas que gañou cadanseu premioPremios BAFTA de televisión como mellor actriz. A comezos dadécada de 1990, adoitaba facer traballos en colaboración co seu daquela marido, o actor e directorKenneth Branagh, en filmes comoHenry V (1989),Dead Again (1991),Os amigos de Peter (1992) eMuch Ado About Nothing (1993).
En 1992 gañou unPremio Óscar e unPremios BAFTA á mellor actriz pola súa interpretación no filmeHowards End. En 1993, foi candidata a dous Óscar pola súa participación enO que queda do día eIn the Name of the Father. En 1995, Thompson escribiu e protagonizou o filmeSense and Sensibility, polo que gañou numerosos premios, entre os que se atopa o Óscar ao mellor guión (sendo a única persoa da historia en conseguir o premio á mellor actriz e ao mellor guión), e tamén un segundoBAFTA. En 2013, recibiu boas críticas e varias candidaturas a premios por interpretar aP. L. Travers enSaving Mr. Banks. Destacan outros papeis notábeis en filmes como os que fixo naserie de filmes deHarry Potter (2004–2011),Primary Colors (1998),Wit (2001),Love Actually (2003),Angels in America (2003),Nanny McPhee (2005),Stranger than Fiction (2006),Last Chance Harvey (2008),An Education (2009),Men in Black 3 (2012),Men in Black: International (2019),Brave (2012),Beauty and the Beast (2017),Late Night (2019) eCruella (2021). Tamén protagonizou a serie daBBC/HBOYears and Years (2019).
Thompson está casada actualmente co actorGreg Wise, co que vive enLondres. Teñen unha filla e un fillo adoptado. É activista dosdereitos humanos e doecoloxismo.[1] Tamén escribiu dous libros adaptados do libro infantilThe Tale of Peter Rabbit.