![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de-at)Emma Magdalena Rozália Mária Jozefa Borbála Orczy de Orci![]() 23 de setembro de 1865 ![]() Tarnaörs (Hungria Real) ![]() |
Morte | 12 de novembro de 1947![]() Henley-on-Thames (Reino Unido) ![]() |
Educación | West London School of Art(en)![]() Heatherley School of Fine Art(en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | tradutora, dramaturga, escritora de contos, escritora, novelista, escritora de literatura infantil, escritora de xénero policial![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Barón![]() |
Familia | Orczy![]() |
Cónxuxe | Montagu Barstow![]() |
Pais | Bódog Orczy![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih,![]() A Historical Dictionary of British Women, (p.339) ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Emma "Emmuska" Magdolna Rozalia Maria Jozefa Borbala Orczy, baronesa de Orczy, nada enTarnaörs (Hungría) o23 de setembro de1865 e finada enLondres o12 de novembro de1947, foi unha novelista, dramaturga e artista británica de orixehúngara. É coñecida pola súa serie de novelas coa personaxe deScarlet Pimpernel.[1]
Era filla do barónFelix Orczy (compositor, 1835–1892) e da súa esposa a condesa Emma Wass (1839–1892).[2] Entre os amigos da familia estaban os compositoresCharles Gounod,Franz Liszt eRichard Wagner. O pai, tamén empresario, intentara modernizar con nova maquinaria a súa empresa e viu como os obreiros incendiaban as máquinas nunha revolta. Quedou tan afectado que decidiu abandonar Hungría coa súa familia en 1868. Viviron enBruxelas e despois enParís, onde Emma estudou música. Por último, a familia estableceus enLondres en 1880, no 162 de Great Portland Street. Emma Orczy seguiu cursos daWest London School of Art e logo daHeatherley's School of Fine Art, onde coñeceu a Montague Maclean Barstow, co que casou en 1894.
Os esposos carecían de medios económicos e Emma Orczy tivo que traballar co seu marido como tradutora e ilustradora. O seu único fillo, o escritorJohn Montague Orczy-Barstow, naceu o 25 de febreiro de 1899. Pouco tempo despois, a baronesa publicou a súa primeira novela,The Emperor's Candlesticks (1899), que non obtivo éxito ningún. Pola contra, unha serie derelatos policiais aparecidos enRoyal Magazine atraeu certo público. Eran bastante orixinais, xa que facía que os casos criminais os resolvese non o típicodetective, senón un "vello no recanto" (The Old Man In the Corner, 1909) que permanecía sentado nun salón de té londiniense atando ou desatando nós nun cordel e tomando vasos de leite ou cachos de torta de queixo. Os seus casos leváballos unha moza xornalista, Polly Burton.
O seu seguinte libro,In Mary's Reign (1901), foi mellor recibido e en 1903 escribiu co seu marido unha peza teatral que introducía en escena un cabaleiro inglés que recollía aristócratas franceses fuxidos daRevolución Francesa,The Scarlet Pimpernel. A obra coñeceu un grande éxito durante catro anos e isto impulsouna a escribir unha novela baixo o mesmo título e outras sobre a mesma personaxe, sir Percy Blakeney,The Scarlet Pimpernel (1905–1940), das que a máis célebre foiWill Repay (1906). A personaxe principal é un aristócrata aparentementedandi, fatuo e superfluo, que leva unha dobre vida en tempos doTerror, durante aRevolución Francesa, salvando aristócratas inocentes doComité de Saúde Pública e aguillotina. Percy séntese traizoado pola súa esposa, a actriz francesa Marguerite Saint Just, e é perseguido sen tregua polo axente republicano francés Chauvelin.[3]
O éxito das súas obras permitiu á baronesa comprar unha propiedade enMontecarlo, Vila Bijou no 19 Avenue de la Costa (posteriormente demolido), onde pasaba os invernos e estivo durante asegunda guerra mundial. Neses anos viaxou bastante por Europa e América. Orczy non puido volver a Londres ata que acabou a guerra. Montagu Barstow faleceu en Montecarlo en 1942. Sentíndose soa aló e incapaz de viaxar, escribiu as súas memorias,Links in the Chain of Life, publicadas en 1947.[4]
Faleceu enHenley-on-Thames o 12 de novembro de 1947 aos oitenta e dous anos. O seu fillo,John Montague Orczy-Barstow, tamén escritor, empregou o pseudónimo de "John Blakeney", tomado da personaxe creada pola súa nai.
Preguntada como pronunciar o seu nome, Orczy dixo aThe Literary Digest: "Or-tsey.Emmuska —diminutivo que significa "pequena Emma"— acentúase na primeira sílaba e os equivale ao nososh; entón,EM-moosh-ka."[5]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emma Orczy![]() |