De orixe lituana, en 1885 emigrou aNova York onde coñeceu o anarquismo,[3] o que adoptou comoideoloxía tralarevolta de Haymarket. En Nova York, Goldman converteuse nunha ensaísta e escritora de sona da filosofía anarquista eanticapitalista e redactou artigos sobre a emancipación da muller, os problemas sociais e a loita sindical.[3] Ela mais o tamén escritor anarquistaAlexander Berkman, o seu amante e compañeiro de toda a vida, planearon o asasinato deHenry Clay Frick como un acto depropaganda polo feito. Aínda que Frick sobreviviu ó ataque, Berkman foi condenado a vinte anos de cadea.[4] Goldman foi arrestada varias veces por "alentar motíns" e pola distribución ilegal de información sobre aanticoncepción.[5] En 1906, Goldman fundou o xornal anarquistaMother Earth (engalego,Nai Terra).[6]
En 1917, Goldman e Berkman foron condenados a dous anos de prisión por conspirar para "inducir as persoas a fuxir" doservizo militar obrigatorio, que se establecera había pouco tempo nos Estados Unidos. Tras ser liberados da prisión, foron detidos de novo xunto con centos doutros progresistas e, a seguir, Emma foi deportada aRusia durante aRevolución rusa. Inicialmente, simpatizou coarevolución bolxevique, mais decontado expresou a súa oposición ó uso da violencia por parte dossoviets e a represión das voces independentes. En1919, expulsada de novo dos Estados Unidos pola súa intensa actividade política retornou a Rusia, mais volveu abandonar o país por disentir do rumboautoritario tomado polo gobernobolxevique. En 1923, escribiu sobre as súas experiencias entre os bolxeviques, que forman o libroMy Disillusionment in Russia (engalego,A miña desilusión con Rusia). Pasou uns anos enInglaterra,Canadá e o sur deFrancia , onde escribiu a súa autobiografíaLiving My Life (en galego,Vivindo a miña vida).[7] Ao comezo daGuerra Civil española, en1936, con máis de 60 anos, viaxou aEspaña para apoiar a revolución anarquista.[8]
Ao longo da súa vida, Goldman foi celebrada polos seus admiradores como libre pensadora e "muller rebelde", e ridiculizada polos seus opoñentes como defensora do asasinato de políticos e de revolucións violentas.[9] Os seus escritos e conferencias abranguen unha gran variedade de temas, incluíndo o sistema penal,[10] oateísmo,[11] aliberdade de expresión,[12] o militarismo, ocapitalismo,[13] omatrimonio e aemancipación da muller. Ademais, desenvolveu novas maneiras de incorporar políticas de xénero no anarquismo.[14]
Tras décadas de escuridade, na década de 1970, a vida e obra de Emma Goldman volveron facerse coñecidas na medida que as académicas feministas e anarquistas se foron interesando pola súa figura. Este interese deu lugar a unha nova onda de divulgación do seu legado, con publicacións dos seus artigos e reedicións dos seus libros, e con citas e imaxes súas estampadas en camisetas e carteis. Atribúenselle varias frases rechamantes do anarquismo, entre elas a famosa frase capaz de definir de maneira simple a idea anarquista da liberdade:[15]
A familia de Emma Goldman formaba parte dunha comunidade dexudeus ortodoxos que vivía na cidadelituana de Kaunas -entón Kovno-, e formaba parte do Imperio ruso.[16] A nai de Goldman, Taube Bienowitch, casara, primeiramente, cun home con quen tivera dúas fillas: Helena en 1860 e Lena en 1862. Cando o seu primeiro marido morreu detuberculose, Taube afundiuse. Goldman escribiu máis tarde: "Todo o amor que ela tiña morrera co mozo con quen casou aos 15 anos".[17]
O segundo matrimonio de Taube foi arranxado pola súa familia e, tal como o Emma definiu, foi "bastante diferente do primeiro".[17] O segundo marido da súa nai, Abraham Goldman, investiu a herdanza de Taube nun negocio que pronto fracasou. As dificultades, combinadas coa distancia emocional entre marido e muller, crearon un ambiente de tensión no fogar. Cando Taube quedou embarazada, Abraham desexou desesperadamente que o bebé fose un neno. Segundo el, unha filla só serviría como outro sinal de fracaso.[18] Máis tarde, tivo tres fillos, pero o primeiro fillo que tiveron en común foi en realidade unha nena, Emma.[a]
Emma Goldman naceu o 27 de xuño de 1869. Seu pai empregaba a violencia para castigar os fillos, golpeándoos cando desobedecían mais soamente utilizaba o látego con Emma, a máis rebelde.[19] Moi ocasionalmente, a súa nai intervira para pedir a Abraham que moderase as malleiras.[20] Goldman, máis tarde, especulou sobre se o temperamento rabioso do seu pai non sería, polo menos en parte, resultado dunha frustración sexual.[17]
As relacións coas súas irmás tamén foron obxecto de estudo polo seu contraste. Con Helena, a maior, atopou o consolo que non atopaba na súa nai. Foi ela quen deu a Emma "todas as alegrías que por sorte tiven"[21] mentres, Lena, a mediana, era distante e desapiadada.[22] Ás tres irmás, sumáronse os irmáns Louis (que morreu con seis anos), Herman (nado en 1872) e Moshe (nado en 1879).[23]
A familia de Emma Goldman, en San Petersburgo, Rusia 1882. De esquerda a dereita: Emma, de pé; Helena, sentada, con Morris no colo; Taube, Herman e Abraham.
Cando Emma era nena, a familia Goldman mudouse ao pobo de Papilė (tamén en Lituania), onde o seu pai dirixía unha pousada. Mentres as súas irmás traballaban, fíxose amiga dun criado chamado Petrushka, quen espertou os seus "primeiros sentimentos eróticos".[24] Máis tarde, aínda en Papilė, viu a un campesiño sendo azoutado cun látego na rúa. Este evento traumatizouna e contribuíu ao seu desagrado para sempre pola autoridade violenta.[25]
Á idade de sete anos, Goldman mudouse coa súa familia á cidade prusiana deKönigsberg (entón parte doImperio alemán), e inscribiuse nunha escola estatal de secundaria. A escola foi un lugar onde abondaban os abusos. Así, un mestre castigaba os estudantes desobedientes, especialmente a Goldman, golpeándolle-las mans cunha regra; igualmente, outro mestre trataba de abusar das súas alumnas, mais foi despedido cando Goldman se defendeu. Por outra banda, tamén atopou un mentor comprensivo no seu mestre delingua alemá, quen lle prestou os seus libros e a levou a unhaópera. Goldman, que era unha estudante apaixonada, aprobou o exame de admisión no instituto, mais o seu profesor derelixión negouse a proporcionarlle un certificado de boa conduta impedindo así que fose admitida.[26]
A obra de Chernyshevsky foi unha grande influencia en Goldman.
Ao pouco, a familia mudouse á cidade rusa deSan Petersburgo, onde seu pai abriu unha tenda tras outra sen éxito. A pobreza obrigou os nenos a traballar, e Goldman tomou unha variedade de traballos, incluído un nunha tenda decorsés.[27] Daquela, Goldman rogoulle ao seu pai que lle permitise regresar á escola, pero no seu lugar botou o seu libro defrancés ao lume e gritou: "As rapazas non teñen que aprender moito! Todo o que unha filla xudía necesita saber é como preparar o peixe recheo, cortar os fideos ben e darlle ao home moitos nenos ".[28]
Con todo, Goldman procurouse unha educación independente pola súa conta e, axiña, comezou a estudar a situación política ao seu redor. Estaba, especialmente, interesada nosnihilistas, responsables de asasinar aAlexandre II de Rusia. A confusión resultante intrigou a Goldman, aínda que ela non acaba de comprender a situación política desa época. Foi coa lectura da obra Что делать (1863) -engalego,Que se debe facer?- deNikolai Chernyshevskii cando atopou un modelo a seguir na protagonista, Vera. A partir da lectura, Goldman, adopta afilosofía nihilista e escapa da súa represiva familia para vivir libremente e organizar unha cooperativa de costura. O libro cativou a Goldman e seguiu sendo unha fonte de inspiración durante toda a súa vida.[29]
Mentres tanto, o seu pai seguía insistindo nun futuro doméstico para ela e tratou de arranxar o seu casamento á idade de quince anos. Pelexaban polo problema constantemente; mentres el se queixaba de que se estaba a converter nunha muller "solteira", ela insistía en que casaría só por amor.[30] Na tenda de corsés, viuse obrigada a se defender das proposicións non desexadas dos oficiais rusos e doutros homes. Un pretendente persistente levouna a unha habitación de hotel e cometeu o que Goldman describiu como "contacto violento";[31] dous biógrafos chamáronoviolación.[30][32] Ela sorprendeuse pola experiencia, conmocionada "polo descubrimento de que o contacto entre home e muller puidera ser tan brutal e doloroso".[33] Goldman considerou que ese encontro marcou para sempre as súas interaccións cos homes.[33]
En 1885, a súa irmá Helena fixo plans para mudarse aNova York nosEstados Unidos para se unir á súa irmá Lena e ao seu esposo. Goldman quería marchar canda súa irmá, mais o seu pai negouse a permitilo non atendendo á oferta de Helena de pagarlle a viaxe. Emma, desesperada, ameazou con se botar aorío Nevá se non podía ir polo que o seu pai rematou por ceder. O 29 de decembro de 1885, Helena e Emma chegaron aoCastle Garden da cidade de Nova York, a entrada para inmigrantes.[34] Establecéronse no norte do estado, vivindo na casa deRochester que Lena fixera co seu esposo Samuel. Un ano despois, fuxindo do crecente antisemitismo deSan Petersburgo, os seus pais e irmáns uníronse a eles.
Goldman comezou a traballar como costureira, cosendo abrigos durante máis de dez horas ao día, gañando dousdólares e medio á semana. Cando foi pedir un aumento e lle foi denegado abandonou o traballo e marchou traballar a unha tenda pequena próxima.[35] No seu novo traballo, Goldman coñeceu a un compañeiro de traballo chamado Jacob Kershner, quen compartiu o seu amor polos libros, o baile e as viaxes, así como a súa frustración coa monotonía do traballo na fábrica. Despois de catro meses, casaron en febreiro de 1887.[36] Ao se mudar a vivir coa familia de Goldman, a súa relación cambaleouse pois, na noite de vodas, Emma descobre que el eraimpotente, polo que se volveron emocional e fisicamente distantes. Mentres tanto, ela estaba cada vez máis comprometida coa axitación política que a rodeaba, particularmente as secuelas das execucións relacionadas co caso darevolta de Haymarket de 1886 enChicago e a filosofía políticaantiautoritaria do anarquismo. Menos dun ano despois da voda, a parelladivorciouse; Kershner suplicoulle a Goldman que regresase e ameazou con envelenarse se non o facía. Volveron xuntarse pero, despois de tres meses, ela foise unha vez máis. A pesar da separación, Goldman e Kersner permaneceron legalmente casados, o que garantiu que Goldman mantivese a cidadanía estadounidense.[37] Porén, os seus pais consideraron o seu comportamento como "inmoral" e negáronse a permitir que Goldman entrase na súa casa.[37] Emma abandonou Rochester para se dirixir a Nova York coa súamáquina de coser e unha bolsa con cinco dólares.[38]
No seu primeiro día na cidade, Goldman coñeceu a dous homes que cambiaron enormemente a súa vida. En Sachs's Café, un lugar de reunión para radicais, presentáronlle aAlexander Berkman, un anarquista que a convidou a un discurso público esa noite. Foron escoitar aJohann Most, editor dunha publicación radical chamadaDie Freiheit que era defensor da "propaganda polo feito", o uso da violencia para instigar o cambio.[39] A Emma impresionouna a súa oratoria dura e apaixonada. A partir dese día, Most tomouna baixo a súa protección e formouna nos métodos do discurso político e animouna dicíndolle que ela "tomaría o meu lugar cando me teña que marchar".[40] Unha das súas primeiras conversacións públicas en apoio da "Causa" foi enRochester. Despois de convencer a Helena de que non lles dixese nada aos seus pais o seu discurso, unha vez no escenario, Goldman quedou en branco. Máis tarde escribiu, de súpeto:
De súpeto, algo raro sucedeu. Nun instante vino claro: cada incidente dos meus tres anos en Rochester: a fábrica de Garson, o seu traballo pesado e a humillación, o fracaso do meu matrimonio, o crime de Chicago ... Comecei a falar. As palabras que nunca antes me escoitou pronunciar saíron, cada vez máis rápido. Chegaron con intensidade apaixonada ... A audiencia desaparecera, o salón en si desaparecera; só era consciente das miñas propias palabras, do meu canto extático.[41]
Tenda de xeados de Worcester, Massachusetts (fotografada en 2017)
Emocionada pola experiencia, Goldman refinou a súa personalidade pública durante os compromisos posteriores. Con todo, rapidamente se atopou discutindo con Most pola súa independencia. Despois dun discurso transcendental enCleveland, sentiu que se convertera "nunha cotorra repetindo os puntos de vista de Most"[42] e resolveu expresarse por si mesma no escenario. Cando regresou a Nova York, Most enfureceuse e díxolle: "Quen non está comigo está na miña contra!".[43] A seguir, abandonouDie Freiheit e uniuse a outra publicación,Die Autonomie.[44]
Xa daquela, Goldman comezara unha amizade con Berkman, a quen ela cariñosamente chamabaSasha. En pouco tempo fixéronse amantes e mudáronse a un apartamento comunal enWoodstock (Illinois) co seu curmán Modest "Fedya" Stein e a amiga de Goldman, Helen Minkin, na rúa 42.[45] Aínda que a súa relación tivo numerosas dificultades, Goldman e Berkman compartiron un vínculo estreito durante décadas, unidos polos seus principios anarquistas e o seu compromiso coa igualdade persoal.[46]
Goldman e Berkman creron que o asasinato do director deCarnegie Steel Company,Henry Clay Fricken (na foto) a xeito de represalia polo peche da fábrica "provocaría o terror na alma da súa clase" e "fomentaría as ideas do anarquismo entre o mundo"[48]
Un dos primeiros momentos que produciu un achegamento político entre Berkman e Goldman foi a folga de Homestead. En xuño de 1892, unha planta de aceiro en Homestead, Pensilvania, propiedade deAndrew Carnegie, converteuse no foco de atención nacional cando se interromperon as conversas entre aCarnegie Steel Company e aAmalgamated Association of Iron and Steel Workers (AA). O xerente da fábrica eraHenry Clay Frick, un feroz opositor do sindicato. Cando, a finais de xuño, unha rolda final de conversacións fracasou, a xerencia pechou a planta despedindo os traballadores, quen inmediatamente se declararon en folga. A empresa introduciu crebafolgas e contratou gardas dePinkerton para protexelos. O 6 de xullo, produciuse unha pelexa entre 300 gardas de Pinkerton e unha multitude de traballadores sindicais armados. Durante o tiroteo de doce horas, sete gardas e nove folguistas foron asasinados.[49]
Cando a maioría dos xornais da nación expresaron o seu apoio aos folguistas, Goldman e Berkman decidiron asasinar a Frick, como unha represalia que había "sementa-lo terror na alma da súa clase" e para "leva-las ensinanzas do anarquismo ante o mundo";[49] esperaban que fose unha acción que inspiraría os traballadores a rebelarse contra osistema capitalista. Berkman decidiu levar a cabo o asasinato e ordenou a Goldman quedar para explicar os seus motivos despois de ir ao cárcere. El estaría a cargo do "feito"; ela da "palabra".[50] Berkman tentou facer unha bomba mais ó non conseguilo, dirixiuse aPittsburgh para mercar unha pistola e un traxe de roupa "decente".
A tentativa de asasinato de Frick por Berkman, ilustratada por W. P. Snyder en 1892, publicada orixinalmente no xornalHarper's Weekly.
Mentres tanto, Goldman decidiu axudar a financiar o plan a través daprostitución. Lembrando o personaxe deSonya na novelaCrime e castigo deFiódor Dostoievski (1866), reflexionou: "Converteuse nunha prostituta para manter os seus irmáns e irmás ... A sensible Sonya podía vender o seu corpo; por que non eu?".[51] Unha vez na rúa, Goldman chamou a atención dun home que a levou a un salón, comproulle unha cervexa, deulle dez dólares e díxolle que non tiña "a habilidade" e que deixase o negocio. Ela estaba "demasiado asombrada para falar".[51] Finalmente, decidiu escribirlle á súa irmá Helena, alegando unha enfermidade, e pediulle quince dólares.[52]
O 23 de xullo, Berkman obtivo acceso á oficina de Frick mentres levaba unha pistola oculta; disparou tres veces sobre Frick e apuñalouno na perna. Un grupo de traballadores, lonxe de unirse ao seu intento, golpeou a Berkman até deixalo inconsciente, e levárono á policía.[53][54][55] Berkman foi condenado por intento de asasinato e sentenciado a 22 anos de prisión.[4][56] A súa longa ausencia fixo moi difícil a vida de Goldman[55] pois a policía estaba certa da participación dela no complot e rexistrou o apartamento. Aínda que non atoparon probas, forzaron o propietario para que a desaloxase.
Por outra banda, o atentado non conseguira esperta-las masas: os traballadores e os anarquistas condenaron por igual a acción de Berkman. Johann Most, o seu antigo mentor, arremeteu contra Berkman e o intento de asasinato. Furiosa por estes ataques, Goldman levou un látego de xoguete a unha conferencia pública e esixiu, no escenario, que Most explicase a súa traizón. El botouna fóra, polo que ela golpeouno co látego, rompeullo no xeonllo e guindoulle-los pedazos.[57][58] Máis tarde, arrepentiuse do seu asalto e confesoulle a un amigo: "Con vinte e tres anos, un non razoa".[59]
Emma Goldman (Union Square, Nova York en 1916) incitando os traballadores desempregados a adoptar medidas directas en vez de depender da caridade ou das axudas gobernamentais.
O ano seguinte, os Estados Unidos sufriu unha das súas peores crises económicas que se coñece como "o pánico de 1893". A finais de ano, ataxa de desemprego era superior ao 20%[60] e as "manifestacións de fame" provocaron, ás veces, disturbios. Goldman comezou a dirixi-los seus discursos ás multitudes de homes e mulleres frustrados na cidade de Nova York. O 21 de agosto, nun mitin perante case 3.000 persoas enUnion Square, alentou os traballadores desempregados a tomar medidas inmediatas. Hai diferentes versión sobre as súas palabras exactas: mentres, axentes encubertos insistiron en que alentou os presentes a "tomar todo ... pola forza"[61] Pero Goldman máis tarde contou esta mensaxe: "Xa que logo, manifestádevos fronte aos palacios dos ricos e demandade traballo. Se non vos dan traballo, esixide pan. Se vos negan todo, collede o pan".[62]
Unha semana máis tarde, Goldman foi arrestada en Filadelfia e devolta a Nova York para ser xulgada, acusada de "incitar a disturbios". Durante a viaxe en tren o detective sarxento ofreceulle retira-los cargos na súa contra se ela informaba sobre outros radicais da súa zona, ao que respondeu ´guindándolle un cubiño de xeo na cara. Mentres esperaba polo xuízo, recibiu a visita deNellie Bly, unha reporteira doNew York World, quen pasou falando dúas horas con Goldman e escribiu un artigo na súa defensa, alcumándoa como unha "modernaXoana de Arco".[63]
Penitenciaría da illa de Blackwell, onde estivo encarcerada Goldman.
A pesar desta publicidade positiva, o xurado foi persuadido polo testemuño de Jacobs, polas preguntas do fiscal de distrito asistente a Goldaman sobre o seu anarquismo e oateísmo, e o xuíz cualificouna de "muller perigosa"[64] e foi sentenciada a un ano na Penitenciaría de Blackwell's Island. Unha vez dentro, ao sofrer un ataque dereumatismo foi enviada á enfermaría onde coñeceu e fíxose amiga dun médico visitante e comezou a estudarmedicina. Tamén leu ducias de libros, incluíndo obras de escritores activistas estadounidenses comoRalph Waldo Emerson eHenry David Thoreau, do novelistaNathaniel Hawthorne, do poetaWalt Whitman e do filósofoJohn Stuart Mill.[65] Cando Goldman foi liberada, despois de dez meses, unha ruidosa multitude de case 3.000 persoas recibiuna noTeatro Thalia na cidade de Nova York. Pronto se viu abrumada polas solicitudes de entrevistas e conferencias.[66]
Para gañar cartos, Goldman decidiu continuar traballando no que estudara en prisión. Con todo, os seus campos de especialización médica preferidos, aobstetricia emasaxes, non estaban dispoñibles para estudantes de enfermaría nos Estados Unidos. Marchou aEuropa, dando conferencias enLondres,Glasgow eEdimburgo. Reuniuse con anarquistas de renome comoErrico Malatesta,Louise Michel ePiotr Kropotkin. EnViena, recibiu dous diplomas parapartería e comezou a empregalos, imediatamente, nos Estados Unidos.
Alternando entre conferencias e partería, Goldman realizou a primeira xira a través do país espallando o anarquismo. En novembro de 1899 regresou a Europa para falar, onde coñeceu ao anarquistachecoHippolyte Havel en Londres. Fóronse xuntos aFrancia e axudaron a organizar o Congreso Anarquista Internacional de 1900 nos arredores de París.[67] Despois, Havel emigrou aos Estados Unidos, viaxando con ela a Chicago onde compartiron a residencia alí con amigos de Goldman.
Aínda queLeon Czolgosz (na foto) insistira en que Goldman non participara no seu plan de asasinar o presidente dos Estados Unidos,William McKinley, foi detida durante dúas semanas.Cartel publicado noChicago Daily Tribune, o 8 de setembro de 1901, acusando a Emma Goldman de incitar a Leon Czolgosz de asasinar ao presidente McKinley.
O 6 de setembro de 1901,Leon Czolgosz, un obreiro parado, rexistrado comorepublicano, e cun historial de enfermidade mental, disparoulle dous tiros ao presidente estadounidenseWilliam McKinley durante unha conferencia pública enBuffalo (Nova York). McKinley foi ferido noesterno e oestómago; morreu oito días despois.[68] Czolgosz foi detido e interrogado durante 24 horas. Durante o interrogatorio, dixo que era un anarquista e que se inspirou para facer o que fixera despois de asistir a unha conferencia de Goldman. As autoridades utilizaron este pretexto para acusala de planear a acción. Seguírona até a residencia en Chicago que compartía con Havel e a parella de anarquistas Mary eAbe Isaak.[69][70] Goldman foi detida, xunto con Abe Isaak, Havel, e outros dez anarquistas.[71]Anteriormente, Czolgosz tentara sen éxito facer amizade con Goldman e os seus compañeiros. Durante unha charla en Cleveland (Ohio), Czolgosz achegouse a Goldman e pediulle consello sobre que libros debía ler. En xullo de 1901, aparecera na casa de Isaak, e fixera unha serie de preguntas infrecuentes. Supuxeron que era un infiltrado, como outros axentes que a policía enviara para espiar os grupos radicais. Eles mantivéronse distantes con el, e Abe Isaak enviou un aviso de advertencia aos seus amigos sobre "outro espía".[72] Aínda que Czolgosz negara repetidamente que Goldman estivese involucrada, a policía mantívoa baixo custodia, someténdoa ao que ela chamou o "terceiro grao".[73] Explicou a súa desconfianza cara a el, e quedou claro que non mantivera ningún contacto significativo con Czolgosz. Despois de dúas semanas de detención, e non podéndose atopar ningunha proba que unise Goldman co ataque, foi finalmente liberada. Antes da morte do presidente McKinley, Goldman ofreceuse a proporcionarlle coidados de enfermaría, referíndose a el como "simplemente un ser humano".[74] Czolgosz, pese ás considerables evidencias deenfermidade mental, foi declarado culpable deasasinato e executado.[72]
Mentres era retida e trala súa liberación, Goldman rexeitou rotundamente condenar a acción de Czolgosz, e quedou virtualmente soa nesta postura. Amigos e partidarios -tamén Berkman - pedíronlle que abandonase esta causa. Pero Goldman defendía a Czolgosz como "un ser supersensible" e rifou con outros anarquistas por abandonalo.[75] A prensa chamouna "a sacerdotisa do anarquismo",[76] mentres moitos xornais declaraban o movemento anarquista responsable do asasinato[77] e o sucesor de McKinley,Theodore Roosevelt, anunciou a súa intención de terminar "non só cos anarquistas, senón con todos os simpatizantes do anarquismo, activos e pasivos".[78] Por mor deste suceso, osocialismo comezou a ter máis apoios có anarquismo entre os radicais estadounidenses.
Despois de que Czolgosz fose executado, Goldman retirouse do mundo. Desprezada polos seus compañeiros anarquistas, vilipendiada pola prensa e separada do seu amor, Berkman, retirouse no anonimato e na enfermaría. "Foi amarga e difícil afrontar a vida de novo", escribiu máis tarde.[79] Usando o nome E. G. Smith, abandonou a vida pública e atendeu unha serie de traballos privados de enfermaría.[80]
Despois de que un anarquista inglés chamadoJohn Turner fose arrestado por mor daLei de exclusión anarquista, e ameazado coadeportación, Goldman uniu as forzas áFree Speech League (en galego,Liga a prol da Liberdade de Expresión) para apoia-la súa causa.[81] A liga contou coa axuda de notables avogados comoClarence Darrow e Edgar Lee Masters, que levaron o caso de Turner aoTribunal Supremo estadounidense. Aínda que Turner e a Liga perderon, Goldman considerouno unha vitoria da propaganda.[82] Regresara ao activismo anarquista, pero isto estaba a afectala. "Nunca me sentín tan abafada", escribiulle a Berkman. "Témome que estou condenada para sempre a seguir sendo propiedade pública e que a miña vida se desgaste polo coidado da vida dos demais".[83]
Retrato de Berkman, na segunda edición do seu libro,Prison Memoirs of an anarquist. Publicado por Mother Earth Publishing Association, Nova York, 1920 (1ª edición, 1912).
En 1906, Goldman decidiu comezar unha publicación, "un lugar de expresión para os mozos idealistas en artes e letras".[6] A revistaMother Earth estaba integrada por un cadro de activistas radicais, incluído Hippolyte Havel,Max Baginski eLeonard Abbott. Ademais de publicar obras orixinais dos seus editores e anarquistas de todo o mundo,Mother Earth reimprimiu as seleccións dunha variedade grande de escritores. Entre eles estaban ofilósofofrancésPierre-Joseph Proudhon, o anarquistarusoPiotr Kropotkin, o filósofoalemánFriedrich Nietzsche e a escritorabritánicaMary Wollstonecraft. Goldman escribiu con frecuencia sobre o anarquismo, a política, os problemas laborais, oateísmo, asexualidade e ofeminismo, e foi a primeira editora da revista.[84][85]
O 18 de maio do mesmo ano, Alexander Berkman foi liberado de prisión. Cun ramo de rosas, Goldman atopouse con el na plataforma do tren e atopouse "atrapada polo terror e a pena"[86] mentres contemplaba a súa forma pálida e consumida. Ningún dos dous puido falar; volveron á súa casa en silencio. Durante semanas, loitou para reaxustarse á vida no exterior. Unha xira de conferencias rematou en fracaso, e en Cleveland comprou un revólver coa intención de se suicidar.[87][88] Porén, cando regresou a Nova York, coñeceu que Goldman fora arrestada cun grupo de activistas reunidos para reflexionar sobre Czolgosz. Alentado, de novo, por esta violación daliberdade de reunión, declarou: "Chegou a miña resurrección!"[89] e dispúxose a consegui-la súa liberación.[90]
Berkman tomou o temón deMother Earth en 1907, mentres Goldman estaba a percorre-lo país para recadar fondos para mantela operativa. A edición da revista foi unha experiencia revitalizante para Berkman, mais a súa relación con Goldman arrefriouse e tivo unha aventura cunha anarquista de 15 anos chamadaBecky Edelsohn. A Goldman doeulle o seu rexeitamento, pero considerouno unha consecuencia da experiencia na prisión.[91] Máis tarde, nese mesmo ano, participou como delegada dos Estados Unidos noCongreso Anarquista Internacional de Ámsterdam. Aló, anarquistas e sindicalistas de todo o mundo reuníranse para resolver a tensión entre as dúas ideoloxías, pero non se chegou a un acordo decisivo. Goldman regresou aos Estados Unidos e continuou a falar diante de grandes audiencias.[92]
Durante os seguintes dez anos, Goldman viaxou por todo o país sen parar, dando conferencias e espallando o anarquismo. As coalicións formadas en oposición áLei de Exclusión Anarquista agradecéronlle que se achegase e influíse noutras posicións políticas. Cando o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos enviou espías para observar, informaron de que as reunións estaban "cheas".[93] Escritores, xornalistas, artistas, xuíces e traballadores en todo o espectro falaron do seu "poder magnético", da súa "presenza convincente", da súa "forza, elocuencia e lume".[94]
Retrato de Margaret Sanger. Goldman uniuse a ela na loita polo acceso das mulleres aos medios de control de natalidade. Ámbalas dúas foron ao cárcere por mor da aplicación da Lei Comstock.
Na primavera de 1908, Goldman coñeceu e namorouse deBen Reitman, o chamado "Dr. Hobo" ("o médico vagabundo"). Crecido no distrito Tenderloin de Chicago, Reitman pasou varios anos como vagabundo antes de obter o título de médico no Colexio de Médicos e Cirurxiáns de Chicago. Como médico, tratou as persoas que padecían pobreza e enfermidades, especialmente asenfermidades venéreas. El e máis Goldman comezaron unha aventura. Compartiron un compromiso coamor libre e Reitman tivo unha ampla variedade de amantes, pero Goldman non. Intentou compatibilizar os seus sentimentos de celos coa crenza na liberdade do corazón, pero era difícil.[95] Dous anos despois, Goldman comezou a sentirse frustrada polas audiencias en conferencias. Arelaba "chegar aos poucos que realmente queren aprender, máis que aos moitos que se divirten".[96] Recompilou un feixe de discursos e artigos que escribira para Mother Earth e publicou un libro tituladoAnarchism and Other Essays. Nesta obra, abranguía temas variados e intentou representar "as loitas mentais e de alma de vinte e un anos" mais tamén [92] presentar unha ollada exhaustiva do anarquismo e das súas críticas, e tamén incluíu outros ensaios sobrepatriotismo,sufraxio feminino,matrimonio e prisións.
CandoMargaret Sanger, defensora do acceso ácontracepción, acuñou o termo "control da natalidade" e difundiu información sobre diversos métodos no número de xuño de 1914 da súa revistaThe Woman Rebel, recibiu o apoio expreso de Goldman, que xa levaba varios anos activa na loita a prol do acceso ao control de natalidade. En 1915 Goldman comezou unha xira de conferencias a nivel nacional, en parte para concienciar sobre as opcións de anticoncepción. Aínda que a actitude da nación cara ao tema parecía liberalizarse, por esa época, Sanger foi arrestada ao abeiro daLei Comstock, que prohibía a difusión de "artigos obscenos, maliciosos ou lascivos",[97] que foi como as autoridades definían a inclusión de informacións relativas ao control da natalidade e o11 de febreiro de1916, mentres estaba a piques de dar outra conferencia pública,[98] Goldman foi arrestada e acusada de violar a Lei Comstock pois andaba a informar o público sobre como usar anticonceptivos.[99] Ao negarse a pagar unha multa de 100 dólares, Goldman estivo dúas semanas nun taller de prisións, que viu como unha "oportunidade" para conectarse cos rexeitados pola sociedade.[100] Aínda que máis tarde se separaron de Sanger, tanto Goldman como Reitman distribuíron copias do panfletoFamily Limitation de Sanger (xunto cun ensaio similar de Reitman).
Emma Goldman en 1917. Esta fotografía foi tomada, probabelmente, durante unha das moitas folgas ou manifestacións contra a guerra na que a anarquista e feminista estivo activa durante aprimeira guerra mundial. Dous anos despois, no auxe doTemor vermello, Goldman foi deportada áUnión Soviética. Sen dúbida, o fotógrafo viu a ironía no cartel patriótico do tío Sam sobre a cabeza da anarquista.
Aínda que o presidenteWoodrow Wilson fora reelixido en 1916 baixo o argumento de manterse fóra da guerra, ao comezo do seu segundo mandato, anunciou que a continua despregadura deAlemaña nunha guerra submarina sen restricións era unha causa suficiente para que os Estados Unidos entrasen naGran Guerra. Pouco despois, oCongreso aprobou aSelective Service Act of 1917 (engalego,Lei de servizo selectivo de 1917), que obrigaba a tódolos homes de 21 a 30 anos a se inscribiren no recrutamento ou servizo militar. Goldman viu esta decisión como un exercicio de agresión militarista, impulsado polo capitalismo e declarou enMother Earth a súa intención de resistir á prescrición e oporse á participación dos Estados Unidos na guerra.[101][102]
Para este fin, ela e Berkman organizaron aNo Conscription League (en galego,Liga contra o Recrutamento) de Nova York, que proclamou: "Nós opómonos ao recrutamento porque somos internacionalistas, antimilitaristas e opoñémonos a tódalas guerras levadas polos gobernos capitalistas".[103] O grupo converteuse na vangarda dos activistas contra o proxecto e xurdiron seccións de apoios noutras cidades. Non obstante, cando a policía comezou a se presentar nos actos públicos do grupo para atopar homes novos que non se rexistraran, Goldman e outros concentraron os seus esforzos na distribución de panfletos e outros escritos.[101] No medio do fervor patriótico da nación, moitos elementos significados da esquerda política negáronse a apoiar os esforzos da Liga; por exemplo, oWomen's Peace Party (Partido das Mulleres pola Paz), que abandonou a súa oposición á guerra unha vez que os Estados Unidos entraron; ou oPartido Socialista de América, que adoptou unha posición oficial contra a participación dos Estados Unidos, pero apoiou a Wilson na maioría das súas actividades.[104]
O 15 de xuño de 1917, Goldman e Berkman foron arrestados durante unha redada nas súas oficinas, na que as autoridades incautaron "unha carreta de expedientes e propaganda anarquistas". [101] ONew York Times informou de que Goldman pediu cambiarse por unha vestimenta máis axeitada e apareceu cun vestido de "púrpura real".[105][106] A parella, xulgada baixo a recente Lei de espionaxe,[107] foi acusada de conspiración por "inducir a persoas a non rexistrarse"[108] e foron detidas cunha fianza de 25.000dólares cada un. Durante o xuízo, Goldman, defendeuse a si mesma e mais a Berkman e invocou a Primeira Emenda da Constitución preguntándose como o goberno podería reclamar loitar pola democracia no exterior mentres suprimía a liberdade de expresión na casa:
Dicimos que se América entrou na guerra para facer o mundo seguro para a democracia, ela primeiro debe facer a democracia segura en América. Aínda máis, como o mundo pode tomar en serio a América, cando a democracia na casa está a ser ofendida a diario; suprimido o discurso libre, asembleas pacíficas quebradas por gángsters brutais con uniformes; cando se reduce a prensa libre e toda a opinión independente está amordazada? En verdade, pobres como estamos en democracia, como podemos ofrecer iso ao mundo?[109]
O xurado considerou culpables a Goldman e Berkman e o xuízJulius Marshuetz Mayer impúxolles a pena máxima: dous anos de prisión, unha multa de 10.000 dólares cada un e a posibilidade dedeportación trala súa saída da prisión. Mentres ía sendo trasladada ao penal do estado deMissouri, Goldman escribiulle a un amigo: "Dous anos de prisión por ter defendido sen reservas os propios ideais. É un prezo pequeno".[110]
Na prisión, foi asignada a traballar de costureira, baixo a vixilancia dun "golfo miserable de 21 anos, pagado para obter resultados".[111] Alí, coñeceu asocialistaKate Richards O'Hare, que tamén fora encarcerada baixo a Lei de Espionaxe. Aínda que diferían da estratexia política —O’Hare cría no voto para lograr acada-lo poder—, as dúas mulleres xuntáronse para axitar e mellorar as condicións dos presos.[112] Goldman tamén coñeceu e trabou amizade conGabriella Segata Antolini, unha anarquista e seguidora deLuigi Galleani. Antolini fora detida transportando unha mochila chea dedinamita nun tren de Chicago e como rexeitara cooperar coas autoridades, fora enviada a prisión durante 14 meses. Traballando xuntas, reivindicando unhas mellores condicións de vida para os internos, as tres mulleres foron coñecidas como "A Trindade". Goldman, finalmente, foi liberada o 27 de setembro de 1919.[113]
Foto da deportación de Emma Goldman, en 1919.Foto da deportación de Berkman, en 1919.
Goldman e Berkman foron liberados do cárcere durante o "temor vermello" de 1919-1920 nos Estados Unidos, cando a ansiedade pública polas actividades pro-alemás en tempos de guerra foron trocadas nun medo ao bolxevismo e á perspectiva dunha inminente revolución radical. Foi unha época de convulsións sociais por mor das folgas organizadas por sindicatos e das accións de inmigrantes activistas. OFiscal Xeral,Alexander Mitchell Palmer, eJ. Edgar Hoover, xefe da División de Intelixencia Xeral do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos (agoraFBI), tiñan intención de usar aLei de exclusión anarquista e a súa expansión de 1918, aLei de inmigración do mesmo ano, para deportar a tódolos non cidadáns que se puidesen identificar como defensores da anarquía ou da revolución. "Emma Goldman e Alexander Berkman", escribiu Hoover mentres estaban en prisión, "son, sen dúbida, dous dos anarquistas máis perigosos deste país e o regreso á comunidade provocará danos indebidos."[114]
Na audiencia para a súa deportación, o 27 de outubro, Goldman negouse a responder preguntas sobre as súas crenzas, porque a súa cidadanía estadounidense invalidou calquera intento de deportala baixo a Lei de exclusión anarquista, que só podería ser aplicada contra non cidadáns dos Estados Unidos. En troques da súa negativa, presentou unha declaración escrita: "Hoxe son deportados os denominados estranxeiros. Mañá, os americanos nativos serán desterrados. Xa hai algúns patriotas que suxiren que os fillos dos nativos americanos para os que a democracia é un ideal sagrado, deberían se exiliaren."[115]Louis Post, no Departamento de Traballo, que tiña a máxima autoridade sobre as decisións de deportación, determinou que a revogación da cidadanía americana do seu marido Kershner como consecuencia da condena de 1908, tamén revogaba a cidadanía de Goldman. Esta, aínda que prometera, inicialmente, unha loita xudicial,[116] finalmente, decidiu non recorre-la súa sentenza.[117]
O Departamento do Traballo incluíu a Goldman e Berkman entre os 249 estranxeiros que deportouen masa, na súa maioría persoas vagamente asociadas con grupos radicais, que foran arrestadas nas redadas gobernamentais de novembro.[118] Partiron, o 11 de decembro, dende o porto de embarque do exército en Nova York noBufford, barco ao que a prensa alcumou de "arca soviética".[119][120] A seguridade na viaxe foi proporcionada por uns 58 homes alistados e máis 4 oficiais, que distribuíron pistolas entre a tripulación. A prensa, maioritariamente, apoiou a partida como oCleveland Plain Dealer, que escribiu:"Espérase que o sigan outros buques, máis grandes e máis cómodos, que transporten cargas semellantes".[121] Finalmente, o barco desembarcou enHanko (Finlandia), o sábado 17 de xaneiro de 1920.[122] Á súa chegada, as autoridades conduciron os deportados á fronteira rusa baixo unha bandeira de tregua.[123][124]
Emma Goldman dando un discurso á multitude con ocasión do enterramento deKropotkin (1921). Ao seu carón está o seu compañeiro de vida Alexander Berkman.
Inicialmente, Goldman viu a revolución bolxevique dun xeito positivo. Así, tiña escrito enMother Earth que, a pesar da súa dependencia do gobernocomunista, representaba "os principios máis fundamentais, máis amplos e de maior alcance da liberdade humana e do benestar económico".[125] Con todo, segundo se aproximaba a Europa, expresou temores sobre o que estaba por vir pois estaba preocupada polaguerra civil rusa en curso e a posibilidade de ser capturada polas forzas antibolxeviques. Oestado, aínda que fose anticapitalista, tamén representaba unha ameaza; "Nunca puiden, na miña vida, traballar dentro dos límites do Estado, bolxevique ou non", escribiulle á súa sobriña.[126]
Portada da obra de Goldman,My Disillusionment in Russia (1923).
Axiña descubriu que os seus medos estaban xustificados. Días despois de regresar aPetrogrado (actual, San Petersburgo), sorprendeuse ao escoitar que un funcionario do partido se refería á liberdade de expresión como unha "superstición burguesa".[127] Mentres ela e Berkman viaxaban polo país, atoparon represión, mala xestión ecorrupción[b] no canto da igualdade eapoderamento dos traballadores que soñaron; quen cuestionaron o goberno foron demonizados comocontrarevolucionarios,[128] e os traballadores permanecían en condicións gravosas. Reuniuse conVladimir Lenin, quen lles asegurou que a represión polo goberno das liberdades de prensa estaba xustificada. Díxolles: "Non pode haber liberdade de expresión nun período revolucionario".[129] Berkman estaba máis disposto a perdoar as accións do goberno en nome da "necesidade histórica", pero finalmente uniuse a Goldman para opoñérense á autoridade do estado soviético.[130]
O28 de febreiro de 1921, o grande xeógrafo e teórico anarquistaPiotr Kropotkin morreu enDmitrov (Дмитров en ruso) e, vixiados polos forzas do goberno, milleiros de anarquistas de toda aUnión Soviética marcharon cara a aló para lle da-lo derradeiro adeus. Esta foi a derradeira gran reunión de anarquistas por mor das persecucións e fusilamentos de milleiros de libertarios por parte do goberno revolucionario. No enterramento, participaron como oradores tanto Alexander Berkman como Emma Goldman, xunto con outros libertarios rusos e exiliados.
En marzo de 1921, as folgas estalaron enPetrogrado cando os traballadores saíron á rúa esixindo mellores racións de alimentos e máis autonomía sindical. Goldman e Berkman sentiron a responsabilidade de apoiar os folguistas, afirmando: "Quedar en silencio agora é imposible, mesmo criminal".[131] O malestar estendeuse á cidade portuaria deKronstadt, onde o goberno ordenou unha resposta militar para reprimir os soldados e mariñeiros en folga. Na rebelión de Kronstadt, aproximadamente, 1.000 mariñeiros e soldados rebeldes foron asasinados e outros dous mil foron arrestados; moitos foron executados despois. Tras estes acontecementos, Goldman e Berkman decidiron que non había futuro no país para eles. "Cada vez máis", escribiu, "chegamos á conclusión de que aquí non podemos facer nada. E como non podemos manter unha vida de inactividade moito máis tempo, decidimos marcharnos".[132]
En decembro de 1921, abandonaron o país e dirixíronse á capitalletoa deRiga. O comisionado estadounidense nesa cidade cableou a funcionarios enWashington, D.C., que comezaron a solicitar información a outros gobernos sobre as actividades da parella. Despois dunha pequena viaxe aEstocolmo, mudáronse aBerlín durante varios anos; durante este tempo Goldman aceptou escribir unha serie de artigos sobre a súa estancia en Rusia para o xornalThe New York World, deJoseph Pulitzer. Máis tarde foron recollidos e publicados en libro comoMy Disillusionment in Russia (1923) eMy Further Disillusionment in Russia (1924). Os editores empregaron eses títulos rechamantes o que provocou as protestas de Goldman, mais non tiveron éxito.[133]
A Goldman resultoulle difícil a relación coa comunidade esquerdista alemá en Berlín. Os comunistas desprezaron as súas críticas pola represión soviética; os liberais facían chanzas polo seu radicalismo. Mentres Berkman permanecía en Berlín axudando aos exiliados rusos, Goldman mudouse aLondres en setembro de 1924. Á súa chegada, a novelistaRebecca West organizou unha cea de recepción para ela á que asistiron ofilósofoBertrand Russell, o novelistaH. G. Wells e máis de 200 invitados. Cando falou do seu descontento co goberno soviético, a audiencia quedou impresionada. Algúns abandonaron o faladoiro; outros rexeitaron as súas críticas á experiencia comunista por prematuras.[134] Máis tarde, nunha carta, Russell negouse a apoiar os seus esforzos a prol do cambio do sistema na Unión Soviética e ridiculizou o seu idealismo anarquista.[135]
En 1925, o espectro da deportación apareceu de novo, mais un anarquistaescocés chamado James Colton ofreceuse a casar con ela e proporcionarlle a cidadanía británica. Aínda que só eran coñecidos distantes, ela aceptou e casaron o27 de xuño de1925. O seu novo status deulle tranquilidade e permitiulle viaxar a Francia e ao Canadá.[136] Porén, a vida en Londres foi estresante para Goldman e escribiu a Berkman: "Estou terriblemente cansa e tan soa e angustiada. É unha sensación terrible a de regresar despois das conferencias e non atopar unha alma xemelga, alguén a quen lle importe se unha está morta ou viva".[137] Seguiu a traballar en estudos analíticos do drama, estendéndose no traballo que publicara en 1914, mais o público foi "terrible", e xamais rematou o seu segundo libro sobre este tema.[138]
En 1927, Goldman viaxou ao Canadá, xusto a tempo para recibir novas das inminentes execucións dos anarquistas italianosNicola Sacco eBartolomeo Vanzetti enBoston. Enfadada polas moitas irregularidades do caso, viu o feito como outraparodia da xustiza nos Estados Unidos. Desexaba unirse ás manifestacións masivas en Boston mais as lembranzas do asunto de Haymarket abafárona, agravadas polo seu illamento. "Entón -escribiu- tiven a miña vida por diante para tratar a causa dos asasinados. Agora non teño nada".[139][140] En 1928, ela comezou a escribir a súaautobiografía, co apoio dun grupo de admiradores estadounidenses entre os que estaban o xornalistaH. L. Mencken, a poetaEdna St. Vincent Millay, o novelistaTheodore Dreiser e a coleccionista de artePeggy Guggenheim, que recadou 4.000dólares para ela.[141] Conseguiu unha casa de campo na cidade costeira francesa deSaint-Tropez e pasou dous anos escribindo sobre a súa vida. Berkman ofreceu comentarios extremadamente críticos, que finalmente incorporou á custa de crear unha gran tensión na relación.[142] Goldman propuxérase que o libro,Living My Life, fose un único volume a un prezo accesible para a clase traballadora (opinaba que non máis de 5 dólares); mais o seu editor,Alfred A. Knopf, lanzouno como dous volumes vendidos xuntamente por 7,50 dólares. Goldman enfureceuse mais foi incapaz de forzar un cambio. Debido en gran parte áGran Depresión, as vendas foron lentas a pesar do forte interese das bibliotecas de todo Estados Unidos.[143] Porén, as críticas foron entusiastas de xeito unánime e apareceu nas listaxes de varios medios -The New York Times,The New Yorker eSaturday Review of Literature- coma un dos libros de non ficción máis importantes do ano.[144]
En 1933, Goldman recibiu permiso para dar unha conferencia nos Estados Unidos coa condición de que falase, exclusivamente, da súa autobiografía, pero non dos acontecementos políticos do momento. Volveu a Nova York, o2 de febreiro de1934, cunha cobertura de prensa xeralmente positiva, agás as publicaciónscomunistas. Posteriormente, estivo rodeada de admiradores e amigos, asediada con invitacións a charlas e entrevistas. O seu visado caducou en maio e marchou aToronto para presentar outra solicitude para visitar os Estados Unidos. Non obstante, este segundo intento negóuselle, polo que permaneceu noCanadá, escribindo artigos para publicacións estadounidenses.[145]
En febreiro e marzo de 1936, Berkman sufriu dúas operacións deglándula prostática. Recuperouse enNiza ao coidado da súa compañeira, Emmy Eckstein perdéndose, en xuño, o sesenta e sete aniversario de Goldman en Saint-Tropez. Ela escribiulle con tristeza, pero el nunca leu a carta. A medianoite, Goldman, recibiu unha chamada dicíndolle que Berkman estaba cun gran desacougo, e marchou, decontado, a Niza. Ao chegar, pola mañá, descubriu que Berkman se disparara a si mesmo e estaba en coma, paralizado. Morreu esa mesma noite.[146][147]
En xullo de 1936, comezou aGuerra civil española tras un intento degolpe de estado por parte do exército español contra o goberno daSegunda República española. O movemento anarquista español, ao mesmo tempo que loitaba contra as forzas golpistas, principiou unha revolución anarquista. Goldman foi invitada aBarcelona e, ilusionada pola invitación, escribiulle á súa sobriña "o peso esmagador que estaba premendo o meu corazón desde a morte de Sasha, abandonoume como por arte de maxia".[148] Foi recibida polaCNT e aFAI, e, por primeira vez na súa vida, viviu nunha comunidade dirixida por e polo anarquismo, segundo os verdadeiros principios deste. "En toda a miña vida", escribiu despois, "non me atopei con tan cálida hospitalidade, compañeirismo e solidariedade".[149] Despois de percorrer unha serie decolectivizacións naprovincia de Huesca, díxolles a un grupo de traballadores: "A súa revolución destruirá para sempre (a noción) de que o anarquismo representa o caos".[150] Comezou a editar oBoletín Informativo semanal da CNT-FAI, e respondía o correo eninglés.[151]
Goldman comezou a se preocupar polo futuro do anarquismo no Estado español cando a CNT-FAI se uniu a un goberno de coalición en 1937 -contrariando o principio anarquista básico de se abster de participar nas estruturas estatais-, e o que foi máis angustioso, fixo múltiples concesións ás forzas comunistas co fin de se uniren contra ofascismo. En novembro de 1936, escribiu que cooperar co comunismo en España era "unha negación dos nosos compañeiros noscampos de concentración deStalin".[152] Rusia, mentres tanto, negouse a enviarlles armas ás forzas anarquistas e, mentres tanto, estaban a levarse a cabo campañas de desinformación contra o anarquismo tanto en Europa coma nos EUA. Porén, a súa confianza inquebrantable no movemento anarquista levouna a Londres como representante oficial da CNT-FAI.[153]
Apoiou con entusiasmo o anarquismo español con múltiples conferencias e entrevistas mentres escribía regularmente enSpain and the World, un periódico quincenal editado en Londres e centrado nas novas da guerra civil. No entanto, en maio de 1937, as forzas dirixidas polo comunismo atacaron as forzas anarquistas e desmantelaron as colectividades agrarias. Mentres os periódicosingleses e doutros lugares aceptaron ao pé da letra a cronoloxía dos eventos ofrecidos pola Segunda República Española, o xornalista británicoGeorge Orwell, presente na represión, escribiu: "A narración dos disturbios de Barcelona en maio [...] superou en mentiras, todo o que eu vin".[154] Cando Goldman regresou a España en setembro, a CNT-FAI semelloulle como a xente "unha casa en chamas"; pero a situación aínda empeorou cando os anarquistas e outros radicais do resto do mundo se negaron a apoia-la súa causa.[155]
Lápida de Goldman no cemiterio Forest Home de Illinois, preto dos anarquistas executados polo asunto de Haymarket. As datas na pedra son incorrectas.
En 1939, as forzas sublevadas declararon a vitoria en España pouco antes do seu regreso a Londres. Alí, frustrada pola atmosfera represiva de Inglaterra, á que denominou "máis fascista que os fascistas",[156] decidiu regresar ao Canadá. Dende alí, seguiu apoiando o anarquismo español, mesmo economicamente.[157] Porén, o seu servizo á causa anarquista en España non foi esquecido e no seu septuaxésimo aniversario, o exsecretario xeral da CNT-FAI,Mariano Vázquez, enviáballe unha mensaxe dende París louvándoa polas súas contribucións e denominouna "a nosa nai espiritual". Goldman afirmaría que iso fora "a homenaxe máis fermosa que recibín".[158]
A medida que os acontecementos anteriores ásegunda guerra mundial comezaron a desenvolverse en Europa, Goldman reiterou a súa oposición ás guerras levadas polos gobernos. "Tanto como aborrezo aHitler,Mussolini,Stalin eFranco", escribiulle a un amigo, "tampouco apoiaría unha guerra contra eles e en defensa das democracias que, en última instancia, son soamente fascistas disfrazadas".[159] Pensaba, igualmente, que Gran Bretaña e Francia perderan a oportunidade de se opor ao fascismo e que a próxima guerra só daría como resultado "unha nova forma de loucura no mundo".[159]
O sábado17 de febreiro de1940, Goldman sufriu unictus debilitante. Quedou paralizada no seu lado dereito e, aínda que a súa audición non estaba afectada, quedou sen fala. Como un amigo o describiu: "Só penso que aquí estaba Emma, a maior oradora de Estados Unidos, incapaz de pronunciar unha palabra."[160] Durante os tres meses seguintes, mellorou lixeiramente e recibía visitas. No entanto, volveu sufrir outro ictus o8 de maio e o14 de maio faleceu en Toronto con 70 anos.[161][162]
O Servizo de Inmigración e Naturalización dos Estados Unidos de América permitiu que o seu corpo fose devolto aos Estados Unidos e foi enterrada no cemiterio alemán de Waldheim (agora chamado cemiterio Forest Home) en Forest Park, Illinois, un barrio no oeste deChicago, preto das tumbas dos executados despois do asunto de Haymarket.[163] O baixorrelevo da súa tumba foi creado polo escultorJo Davidson.[164]
Goldman ten falado e escrito amplamente sobre unha gran variedade de temas. Aínda que rexeitou a ortodoxia e o pensamento fundamentalista, contribuíu, de xeito relevante, en varios campos da filosofía política moderna.
Estivo influída por diversos pensadores e escritores comoBakunin,Henry David Thoreau,Piotr Kropotkin,Ralph Waldo Emerson,Nikolai Chernyshevskii eMary Wollstonecraft. Outro filósofo que tamén a influíu forFriedrich Nietzsche. Na súa autobiografía escribiu: "Nietzsche non era un teórico social, senón un poeta, un rebelde e un innovador. A súa aristocracia non era de nacemento nin de cartos; era o espírito. Nese sentido, Nietzsche era un anarquista e tódolos verdadeiros anarquistas eran aristócratas".[165]
Durante toda a súa vida, oanarquismo foi para Emma Goldmann non só unha ideoloxía política, senón tamén unha filosofía de vida
O anarquismo foi a ideoloxía central na visión do mundo de Goldman e, hoxe, segue a ser considerada unha das figuras sobranceiras da historia do anarquismo. Sentiuse atraída, por primeira vez, durante a persecución dos anarquistas no caso Haymarket de 1886, e dende ese momento,escribiu e falou regularmente en nome do anarquismo. No ensaio que dá título ao seu libroAnarchism and Other Essays, escribiu:
O anarquismo, pois, representa realmente a liberación da mente humana do dominio da relixión; a liberación do corpo humano do dominio da propiedade; liberación dos grillóns e a contención do goberno. O anarquismo significa unha orde social baseada na libre agrupación de individuos coa fin de producir riqueza social real; unha orde que garantirá a todo ser humano o acceso libre á terra e o goce pleno das necesidades da vida, segundo os desexos, gustos e inclinacións individuais.[166]
O anarquismo de Goldman foi intensamente persoal. Ela cría que era necesario para os pensadores anarquistas vivir as súas crenzas, demostrando as súas conviccións con tódalas accións e palabras. "Non me importa se a teoría dun home mañá é correcta", escribiu nunha ocasión, "preocúpame se o seu espírito de hoxe é correcto".[167] O anarquismo e a asociación libre foron as súas respostas lóxicas aos límites do control do goberno e do capitalismo. "Paréceme queestas son as novas formas de vida", escribiu, "e que tomarán o lugar das vellas, non predicando ou votando, senón vivíndoas".[167]
Ao mesmo tempo, cría que o movemento en nome da liberdade humana debía ser atendido por humanos liberados. Na súa autobiografía escribiu que, nunha ocasión, mentres bailaba entre compañeiros anarquistas, un deles reprendeulle o seu comportamento despreocupado:[168]
Díxenlle que se ocupase dos seus propios asuntos; estaba cansa de que me pasasen constantemente a Causa pola miña cara. Eu non cría que unha Causa que representaba un fermoso ideal, o anarquismo, a liberación e a liberdade de convencións e prexuízos, esixise a negación da vida e da alegría. Insistín en que a nosa Causa non podía esperar que me comportase como unha monxa e que o movemento non debía converterse nun claustro. Se iso significaba, non o quería. "Quero liberdade, o dereito á autoexpresión, o dereito de todos a cousas fermosas e radiantes".
Goldman, na súa mocidade política, considerou a violencia dirixida como un medio lexítimo de loita revolucionaria. Daquela, nos seus inicios, Goldman cría que o uso da violencia, se ben desagradable, poderíase xustificar en relación aos beneficios sociais que podería conseguir. Xustificou aacción directa -atentado- ou violencia realizada para animar as masas á revolta. Así, defendeu o intento da súa parella Alexander Berkman de matar o industrial Henry Clay Frick e, mesmo, pedíralle que a permitise participar.[169] Opinaba que as accións de Frick durante a folga de Homestead eran reprobables e que o seu asasinato produciría un resultado positivo para a clase traballadora. "Si", escribiu máis tarde na súa autobiografía, "o final neste caso xustificou os medios".[169] Aínda que nunca deu a aprobación explícita do asasinato do presidente estadounidenseWilliam McKinley porLeon Czolgosz, defendeu os seus ideais e cría que accións como a súa eran a consecuencia natural das institucións represivas. Como relatou en "The Psychology of Political Violence": "As forzas acumuladas na nosa vida social e económica, que culminan cun acto de violencia, son semellantes aos terrores da atmosfera, manifestados en tormentas e lóstregos".[170]
As súas experiencias en Rusia levárona a repensar a súa anterior crenza de que as fins revolucionarias poderían xustificar medios violentos. No epílogo deMy Disappointment in Russia, escribiu: "Non hai maior falacia que a crenza de que os obxectivos e os propósitos son unha cousa, mentres que os métodos e as tácticas son outra... Os medios empregados convértense a través do hábito individual e práctica social, parte integrante do propósito último...".[171] No entanto, no mesmo capítulo, afirmou que "A revolución é realmente un proceso violento", e engadiu que a violencia era a "tráxica inevitabilidade de trastornos revolucionarios...".[172] Algúns interpretaron mal os seus comentarios sobre o terror bolxevique como se fixera un rexeitamento de toda a forza militante, pero Goldman matizou isto no prefacio da primeira edición estadounidense deMy Disillusionment in Russia:
O argumento de que a destrución e o terror forman parte da revolución non o discuto. Sei que no pasado todo gran cambio político e social precisou violencia. América aínda seguiría baixo o xugo británico de non ser polos heroicos colonos que ousaron oporse á tiranía británica mediante a forza das armas. A escravitude negra aínda podería ser unha institución legalizada nos Estados Unidos de non ser polo espírito militante dos John Browns. Nunca neguei que a violencia fose inevitable, e tampouco o fago agora. Porén, é preciso emprega-la violencia no combate como medio de defensa. Outra cousa é facer dela un principio de terrorismo, institucionalizalo, asignarlle o lugar máis vital da loita social. Este terrorismo inicia a contrarrevolución e á súa vez pasa a ser contrarrevolucionario.
Goldman viu a militarización da sociedade soviética non como resultado da resistencia armada en si, senón da visión estatalista dos bolxeviques, e chegou a afirmar no mesmo prefacio que "unha minoría insignificante turrando por crear un Estado absoluto vese, necesariamente, forzada á opresión e ao terrorismo".[173]
Pirámide do sistema capitalista, realizado por Nedeljkovich, Brashich y Kuharich en 1911 para aIWW (Industrial Workers of the World). Publicado por The International Pub. Co.,Cleveland,Ohio.
Goldman consideraba que o sistema económicocapitalista era incompatible coa liberdade humana. "A única demanda que a propiedade recoñece", escribiu enAnarchism and Other Essays, "é o seu apetito comellón para conseguir unha maior riqueza, porque a riqueza significa poder; o poder de someter, esmagar, explotar, o poder de escravizar, de degradar".[13] Tamén sostivo que o capitalismo deshumanizou os traballadores," convertendo o produtor nunha mera partícula dunha máquina, con menos vontade e decisión que o seu mestre do aceiro e o ferro".[13]
Orixinalmente oposta a nada menos que non fose unha revolución completa, na súa autobiografía relatou un suceso acaecido durante unha charla na que un traballador ancián da primeira fila a desafiara cunha pregunta:
Dixo que entendía a miña impaciencia con demandas tan pequenas como unhas horas menos ao día, ou algúns dólares máis por semana ... Pero que debían facer os homes da súa idade? Non era probábel que vivisen para ve-lo derrocamento final do sistema capitalista. Habían renunciar, tamén, á liberación de talvez dúas horas ao día do odiado traballo? Isto era todo o que podían esperar ver realizado na súa vida.[174]
Daquela, Goldman entendeu que os esforzos máis pequenos para conseguir melloras, como salarios máis altos e horas máis curtas, podían tamén ser parte dunha revolución social.[42] Fronte a esta consideración sobre a estratexia no movemento libertario, orixe dunha importante discusión interna, Emma deixou clara a súa relativa distancia das tendencias ilegalistas e partidarias da revolta e manifestouse a prol dunha maior proximidade ás tácticas defendidas poloanarcosindicalismo.[175]
Goldman consideraba o estado, esencial e inevitablemente, coma unha ferramenta de control e dominación. Polo tanto, opinaba que votar era inútil no mellor dos casos e perigoso no peor. Tiña escrito que o sufraxio supuña unha ilusión de participación ao tempo que enmascaraba as verdadeiras estruturas da toma de decisións. En lugar diso, avogou pola resistencia dirixida en forma de folgas, protestas e "acción directa contra a autoridade invasora e molesta do noso código moral".[176] Mantivo unha posición anti-voto mesmo cando, na década de 1930 enEspaña, moitos anarcosindicalistas votaran a prol da formación dunha república liberal e escribira que moitos poderes anarquistas organizados en torno á unidade electoral deberían adoptar as folgas xerais en todo o país como estratexia.[177]
Tampouco estaba de acordo co movemento polosufraxio feminino, que esixía o dereito das mulleres a votar. No seu ensaio "Woman Suffrage", ridiculizou a idea de que a implicación das mulleres infundiría no estado democrático cunha orientación máis xusta: "Como se as mulleres non vendesen os seus votos, como se non puidesen ser compradas as políticas mulleres"[178] Si estaba de acordo coa afirmación dassufraxistas de que as mulleres eran iguais aos homes, mais non estaba de acordo con que a súa participación por si soa faría máis xusto o estado: "Supor, polo tanto, que lograría purificar algo que non é susceptible de purificación, é atribuírlles poderes sobrenaturais."[179]
Goldman tamén foi unha apaixonada crítica do sistema penitenciario, criticando tanto o tratamento aos presos como as causas sociais do crime. Consideraba o crime como unha consecuencia natural dun sistema económico inxusto, e no seu ensaio "Prisons: A Crime Social and Failure", citou amplamente os autores do século XIXFiódor Dostoievski eOscar Wilde nas súas opinión sobre as prisións e escribiu:
Ano tras ano, as portas dos infernos das prisións devolven ao mundo unha tripulación emaciada, deformada, sen vontade, naufragada, coa marca de Caín nas súas frontes, as esperanzas esmagadas, todas as súas inclinacións naturais estragadas. Sen máis nada que fame e inhumanidade para saudalos, estas vítimas afúndense decontado no crime como a única posibilidade de existencia.[10]
Goldman convertérase nunha comprometidaobxectora de conciencia militar ao crer que o estado levaba a cabo as guerras en nome dos capitalistas. Estaba, especialmente, en contra do recrutamento considerándoo como unha das peores formas de coerción por parte do estado e foi unha dos fundadores daNo-Conscription League (en galego,Liga contra o recrutamento), polo que foi detida, en 1917, e finalmente encarcerada e deportada en 1919.
Goldman foi rutineiramente vixiada, arrestada e encarcerada polo seu discurso e por organizar actividades en apoio de traballadores, e por varias folgas a prol do acceso aocontrol de natalidade e en oposición áPrimeira guerra mundial. Como resultado, participou no movemento a prol daliberdade de expresión, a principios do século XX, pois vía este dereito á liberdade de expresión como un elemento fundamental para lograr o cambio social.[180][181] A firme defensa dos seus ideais fronte aos continuos arresto, serviu de inspiración a Roger Baldwin, que se converteu nun dos fundadores daAmerican Civil Liberties Union (en galego, Unión Americana a prol das Liberdades Civís).[182]
Rapazas anarcofeministas nunha marcha antiglobalización citando a Goldman.
Aínda que Emma Goldman estivo en contra dos obxectivossufraxistas dofeminismo da primeira onda, defendeu apaixonadamente os dereitos das mulleres, e hoxe é considerada como unha das fundadores doanarquismo feminista, que desafía opatriarcado como unha xerarquía fronte á que se debe resistir, ao mesmo nivel cás diferenzas de clase ou ao poder estatal.[183] En 1897, escribiu: "Esixo a independencia da muller, o seu dereito a sosterse a si mesma; a vivir para si mesma; a amar a quen queira ou a todos os que guste. Esixo liberdade para os dous sexos, liberdade de acción, liberdade no amor e a liberdade namaternidade".[184]
Goldman, enfermeira capacitada, foi unha defensora precoz da educación das mulleres sobre aanticoncepción. Como moitas feministas da súa época, viu oaborto como unha consecuencia tráxica das condicións sociais e ocontrol da natalidade como unha alternativa positiva. Goldman foi tamén defensora doamor libre e un crítica desapiadada domatrimonio. Opinaba que as primeiras feministas que a precederan, estaban limitadas nos seus obxectivos polas forzas sociais dopuritanismo e do capitalismo do seu tempo e afirmou: "Temos a necesidade de liberármonos das vellas tradicións e hábitos. O movemento para aemancipación das mulleres existente até agora foi o primeiro paso nesa dirección."[185][186]
Goldman foi tamén crítica contra ahomofobia. A súa crenza de que a liberación social había se estender a homes homosexuais elesbianas era case descoñecida na época, incluso entre os anarquistas.[187] En opinión dosexólogo alemánMagnus Hirschfeld: "foi a primeira e única muller, de feito a primeira e única estadounidense, que defendeu o amor homosexual ante o gran público".[188] En numerosos discursos e cartas, defendeu o dereito dos homes homosexuais e lesbianas a amar como quixeren e rexeitou o medo e oestigma social asociados áhomosexualidade. Como Goldman escribiu nunha carta a Hirschfeld: "É unha traxedia, creo, que persoas de distinto tipo sexual estean atrapadas nun mundo que demostra tan pouca comprensión para os homosexuais e é tan groseramente indiferente ás diversas gradacións e variacións de xénero e o seu gran significado na vida".[188]
Como unhaatea declarada, Goldman entendía arelixión como un instrumento de control e dominación. No seu ensaioThe Philosophy of Atheism citaba extensamente aBakunin sobre a cuestión e afirmou:
Conscientemente ou inconscientemente, a maioría dos teístas ven nos deuses e diaños, o ceo e o inferno, a recompensa e o castigo, un látego para obrigar o pobo á obediencia, á mansedume e á satisfacción ... A filosofía do ateísmo expresa a expansión e o crecemento da mente humana. A filosofía do teísmo, se podemos chamala filosofía, é estática e fixa.[189]
Como consecuencia de ensaios comoThe Hypocrisy of Puritanism e tamén dun discurso tituladoThe Failure of Christianity, Goldman conseguiu varios inimigos entre as comunidades relixiosas pois atacaba as súas actitudes moralistas e os seus esforzos para controlar o comportamento humano. Culpaba ocristianismo de "perpetuar unha sociedade escrava", argumentando que ditaba as accións dos individuos na Terra e ofrecíalles ás persoas pobres unha falsa promesa dun futuro de fartura no ceo.[190] Tamén foi crítica cosionismo, que viu como outro experimento fracasado no control do estado.[190]
Goldman foi moi coñecida durante a súa vida e descrita entre outros apelativos como "a muller máis perigosa de Estados Unidos".[191] Trala súa morte a mediados do século XX, a súa fama desapareceu. Os estudosos e historiadores do anarquismo vírona como unha grande oradora e activista, mais non a consideraron como un pensadora de tipo filosófico ou teórico ao mesmo nivel de, por exemplo,Kropotkin.[192]
Deseño para camisetas con Goldman e Bakunin.
Porén, en 1970, a editoraDover Press reeditou a autobiografía de Goldman,Living My Life, e en 1972, a escritora feministaAlix Kates Shulman editou unha colección de escritos e discursos de Goldman titulada,Red Emma Speaks. Estas obras espallaron a vida e os escritos de Goldman entre un público máis numeroso, e foi especialmente difundida e valorada polomovemento feminista de finais do século XX. En 1973, unha amiga editora pediulle a Shulman unha cita de Goldman para colocala nunha camiseta. Ela envioulle unha selección de frases deLiving My Life sobre "o dereito á auto-expresión, o dereito de todo o mundo a cousas fermosas e radiantes", e outra na que lle explicou que fora criticada porque "unha activista non podía bailar".[193] A editora creou unha serie baseada nesta idea que se converteu nunha das citas máis famosas de Goldman, aínda que probabelmente nunca dixo nin escribiu como tal: "Se non podo bailar, non quero estar na túa revolución".[194] As variacións desta frase apareceron en milleiros de camisetas, botóns, pósters, adhesivos, cuncas de café, sombreiros e outros artigos.[193]
Omovemento feminista dadécada de 1970 que "redescubriu" a Goldman estivo acompañado dun movemento anarquista rexurdido, que comezou a finais dos anos 60, que tamén dinamizou a atención académica sobre anarquistas anteriores. O crecemento do feminismo tamén deu lugar a unha reavaliación da obra filosófica de Goldman, con estudosos que sinalaron a importancia das contribucións de Goldman ao pensamento anarquista na súa época. A crenza de Goldman no valor daestética, por exemplo, pódese ver nas influencias posteriores do anarquismo e das artes. Do mesmo xeito, tamén é significativa a influencia de Goldman sobre o activismo en cuestións deliberdade sexual,dereitos reprodutivos eliberdade de expresión.[15]
Goldman foi homenaxeada por varias institucións adoptando o seu nome para perpetua-lo seu recordo. Entre outras: un centro de saúde feminino situado enIowa City,Iowa, adoptou o seu nome na súa denominación -The Emma Goldman Clinic- "en recoñecemento do seu espírito desafiante";[195]Red Emma's Bookstore Coffeehouse, unha tenda de libros e decomercio xusto enBaltimore,Maryland adoptou o seu nome pola súa crenza "nas ideas e ideais polos que loitou durante toda a súa vida: libre expresión, igualdade sexual e racial e independencia, o dereito a organizarnos nos nosos traballos e nas nosas propias vidas, ideas e ideais polos que seguimos loitando, aínda hoxe".[196]
Ao longo dos anos, Goldman foi representada en varias obras de ficción como na película deWarren Beatty,Reds (1981), na que foi representada porMaureen Stapleton, que gañou unpremio Oscar á mellor actriz de secundaria[197] pola súa interpretación. Tamén foi un personaxe en dous musicais deBroadway,Ragtime eAssassins.
As obras literarias que se refiren á vida de Goldman tamén foron moi numerosas como: a obra deHoward Zinn,Emma;[198]Mother Earth deMartin Duberman;[199]Emma Goldman: Love, Anarchy, and Other Affairs de Jessica Litwak, na que se refire á relación de Goldman con Berkman e o seu arresto en conexión co asasinato de McKinley;Love Ben, Love Emma deLynn Rogoff (sobre a relación de Goldman con Reitman);[200]Red Emma deCarol Bolt;[201] eRed Emma and the Mad Monk de Alexis Roblan.[202] Igualmente, a novelaRed Rose (1941) deEthel Mannin tamén está baseada na vida de Goldman.[203]
No eido musical, Paul Gailiunas e a súa falecida esposaHelen Hill co-escribiron unha canción de influencia anarquista titulada"Emma Goldman", que foi interpretada e lanzada pola bandaPiggy: The Calypso Orchestra of the Maritimes en 1999.[204] A canción foi posteriormente interpretada pola nova banda de Gailiunas,The Troublemakers e editada no seu álbum de 2004Here Come The Troublemakers.[204] Martha, un grupopunk doReino Unido, publicou o tema "Goldman's Detective Agency" no que imaxina a Goldman como unha detective privada que investiga a corrupción policial e política.[205]
A bandasuecaThe International Noise Conspiracy, incluíuna con outros personaxes históricos no seu videoclipSmash It Up.[206] Tamén aparece noutro videoclip da mesma banda, tituladoCapitalism Stole My Virginity, no que se inclúe ao comezo a súa célebre: "Se non poido bailar, non é a miña revolución".[207]
↑A orde dos nacementos non está clara. Wexler (1984, p. 7) indica que aínda que Emma Goldman se refire a si mesma como o cuarto fillo da súa nai, o seu irmán Louis (que morreu con 6 anos), probablemente, naceu despois dela.
↑Goldman, Emma.Living my Life (1931). Nova York: Dover Publications Inc., 1970.ISBN 0-486-22543-7
↑3,03,1"Emma Goldman Collection".University of Illinois at Chicago. (Arquivado o 11 de setembro de 2013,en Wayback Machine). Archived from the original on 11 de setembro de 2013. Consultado o 9-11-2019.
↑Trial and Speeches of Alexander Berkman and Emma Goldman in the United States District Court, in the City of New York, July 1917 (Nova York: Mother Earth Publishing Association, 1917)
↑188,0188,1Goldman, Emma (1923). "Offener Brief an den Herausgeber der Jahrbücher über Louise Michel" con un prefacio de Magnus Hirschfeld.Jahrbuch für sexuelle Zwischenstufen.23: 70.
↑Goldman, Emma (Febreiro 1916). "The Philosophy of Atheism".
↑Shulman, Alix Kates (decembro 1991)."Dances with Feminists".Women's Review of Books (Filadelfia: Wellesley Centers for Women at Wellesley College / Old City Publishing)IX (3).ISSN0738-1433.OCLC9529447.
Falk, Candace; et al. (2003).Emma Goldman: A Documentary History Of The American Years. Volume 1 – Made for America, 1890–1901(eninglés). Berkeley: University of California Press.ISBN0-520-08670-8.
Falk, Candace; et al. (2004).Emma Goldman: A Documentary History Of The American Years, Volume 2 – Making Speech Free, 1902–1909(eninglés). Berkeley: University of California Press.ISBN0-520-22569-4.
Graham, Robert (2009).Anarchism: A Documentary History of Libertarian Ideas(eninglés)2. Montreal /Nova York /Londres: Black Rose Books.ISBN978-1-55164-311-3.
Post, Louis F. (1923).The Deportations Delirium of Nineteen-twenty: A Personal Narrative of an Historic Official Experience(eninglés). Chicago: CH Kerr.