Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Emilio Novoa González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmilio Novoa González

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de febreiro de 1895Editar o valor en Wikidata
Ourense, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 1972Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Madrid, EspañaEditar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia da Coruña
28 de maio de 1934 – 22 de decembro de 1935
Civil governor of Álava(en)Traducir
22 de decembro de 1933 – 28 de maio de 1934Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, radiotelegrafistaEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano RadicalEditar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1146270BUSC: novoa-emilio-1895-1972


Emilio Novoa González, nado enOurense o10 de febreiro de1895 e finado enMadrid o3 de febreiro de1972,[1] foi un radiotelegrafista e político galego.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Foi alumno da primeira promoción da Escola Xeral de Telegrafía. En marzo de 1916 presentou a súa memoria: "El magnetismo terrestre y el campo electro-magnético del Sol". Tamén realizou estudos de Dereito en Madrid. Radiotelegrafista destinado á Central deMadrid, posteriormente prestou servizos enCuenca eToledo. En 1920 estaba na comisión para o estudo da rede telegráfica de Salamanca. En 1921 é Xefe de liña enPortbou. En 1923 realizou un estudo sobre a rede telefónica provisional de Madrid. En 1924 foi nomeado profesor da Escola de Telegrafía, sendo catedrático de Construción, mecánica aplicada e motores térmicos.

Aquí viviu Emilio Novoa (rúa do General Díaz Porlier 77, Madrid)

NaRepública afiliouse aoPartido Republicano Radical e foi nomeadogobernador civil deÁraba o22 de decembro de1933, permanecendo no cargo até que o27 de maio de1934 foi nomeadogobernador da Coruña, permanecendo no posto até o21 de decembro de 1935. En decembro de 1934 recibiu a placa da Orde da República. Coasublevación do 18 de xullo de 1936 refuxiouse nunha legación diplomática para fuxir da zona controlada polo Goberno. En 1942 regresou ao servizo activo como Enxeñeiro-profesor na Escola Oficial de Telecomunicación. En 1946 foi catedrático de Construción de liñas na Escola de Axudantes. O 20 de decembro de 1949 foi nomeado director da Escola Oficial de Telecomunicación. Entre 1955 e 1958 traballou na Xefatura de Servizos Xerais de Telecomunicación, na súa delegación de télex. A partir de xuño de 1960 encárgase da cátedra de Construción de liñas na Escola de Axudantes e de Construción e conservación de redes na Escola Técnica Superior. Xubilouse en 1965.

Recoñecementos

[editar |editar a fonte]
  • En 1954 o Ministerio de Educación outorgoulle a encomenda e placa daOrde de Afonso X o Sabio e foi nomeado Conselleiro honorario de Educación Nacional.
  • O Concello de Madrid colocou en 1996 unha placa conmemorativa na fachada da casa na que viviu na Rúa General Díaz Porlier do Barrio de Salamanca.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. La Voz de Galicia, 4-2-1972 , p. 1.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Emilio_Novoa_González&oldid=6658024»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp