Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Barwick in Elmet(pt)![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | Lingua cúmbrica![]() | ||||
Relixión | cristianismo celta![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | século V![]() | ||||
Disolución | 627(Gregoriano)![]() | ||||
Elmet foi un reino celta independente que ocupaba unha ampla área do que máis tarde se converteu naWest Riding of Yorkshire durante a altaIdade Media, entre aproximadamente oséculo V e principios doséculo VII[1]. Malia seren pouco claras as súas fronteiras, parece que acadaban orío Sheaf polo sur e orío Wharfe polo leste. Lindaba conDeira polo norte eMercia polo sur, e semella que a súa fronteira occidental estaba preto deCraven, que era probabelmente un reino britano menor.
Elmet foi invadido e conquistado porNorthumbria no outono de616 ou626. Pouco fica para testemuñar a súa existencia anterior, pois hoxe existe escasa evidencia arqueolóxica e histórica. As únicas pegadas físicas que perduran deste reino, fóra dos textos nos anais posromanos, foron os terrapléns defensivos preto deBarwick-in-Elmet, os nomes doutras aldeas na zona (e.g.Sherburn-in-Elmet), e nas raíces celtas de varios topónimos locais.
Elmet foi un do feixe de reinos britónicos posromanos daBritannia setentrional que existiron durante a Alta Idade Media. Ademais de Elmet, estes incluíanRheged,Strathclyde,Ebrauc,Bryneich eGododdin. Non está claro como se constituíu este reino, pero tense suxerido que se tería creado a partir dun reino máis amplo gobernado polo semilendarioCoel Hen. O historiadorAlex Woolf suxire que a rexión de Elmet puidera ter sido ocupada por unha tribo na época prerromana que emerxería de novo despois da caída do poder romano.
A existencia de Elmet vén testemuñada porNennio na súaHistoria Brittonum, na que escribe que o reiEdwin de Northumbria"occupauit Elmet, et expulit Certic, regem illius regionis" ("ocupou Elmet e expulsou a Certic, rei dese país"). AHistoria ecclesiastica gentis Anglorum deBeda menciona que Hereric, o pai de SantaHilda de Whitby, foi asasinado na corte do rei Ceretic. Suponse que Ceretic/Certic era na mesma persoa, coñecida tamén comoCeredig ap Gwallog. Con todo, Beda non fala de Elmet como o nome dun reino senón máis ben como o nome dun bosque (de) Elmet,silva Elmete. Menciona unha residencia real[2] e abatalla de Winwaed na rexión de"Loidis"[3] (quizais a zona ocupada polo actualdistrito metropolitano da Cidade de Leeds).
Elmet semella ter ligazóns conGales; unha antiga inscrición cristiá atopada enGwynedd di "ALIOTVS ELMETIACOS HIC IACET", ou "Aliotus o Elmetiense xace aquí". Uncantref (división administrativa) deDyfed chamábase taménElfed, o equivalentegalés de Elmet. Nas fontes galesas recórdanse un número de reis de Elmet. Un dos poemas deTaliesin é paraGwallog ap Llaennog, que gobernou o reino cara finais doséculo VI.
A finais do século VI Elmet comezou a sufrir unha crecente presión polos expansionistasreinos anglosaxóns de Deira e Mercia. Forzas de Elmet uníronse á desafortunada alianza de590 contra osanglos deBernicia que fixeran frecuentes incursións masivas cara ao norte. Pénsase que durante esta guerra o rei Gwallog de Elmet morreu asasinado. A alianza setentrional derrúbase tras a morte deUrien Rheged e xurdiu un enfrontamento entre dous dos seus principais integrantes. Semella que despois disto e da subsecuente unificación do reino anglo deNorthumbria, Elmet se viu obrigado a construír unha serie de diques defensivos ao norte e oeste deBarwick-in-Elmet nun intento aparente de se faceren cunha liña de defensa extra para a fortaleza do rei – os seus restos pódense ver aínda nesta aldea.
Os de Northumbria invadiron e devastaron en616. Non se sabe que foi o que realmente desencadeou a invasión pero tense suxerido que ocasus belli foi a morte por envelenamento don obre northumbrio Hereric, que era un membro exiliado da casa real northumbria que residía en Elmet. Puido ser que Hereric fose envelenado polos seus anfitrións e Edwin de Northumbria invadise por vinganza; ouse cadra o mesmo Edwin envelenou a Hereric e invadiu Elmet para castigar a Ceredig ap Gwallog por telo cobixado.
Despois da conquista de Elmet o reino incorporouse en Northumbria – o día dePascua de627[4] - e os seus habitantes foron coñecidos como osElmetsæte. Aparecen mencionados noTribal Hidage de finais do século VII como os habitantes dun territorio menor de 600hides. Son o grupo máis setentrional mencionado noTribal Hidage. Os elmetsæte probabelmente continuaron a residir enWest Yorkshire como grupo distinto durante todo o período anglosaxón e pode que conspirasen conCadwallon ap Cadfan de Gwynedd cando invadiu Northumbria e rexeu brevemente a área en633. A Vida deCathróe de Metz mencionaLoidam Civitatem como a fronteira entre osnormandos deJórvík e osbritanos cúmbricos deStrathclyde: se isto se referir aLeeds, suxire que algúns ou todos os de Elmet puideran ter volvido a poder britano por un breve período na primeira metade doséculo X[5] antes da reconquista anglosaxoa, pero non como un estado independente.
A supervivencia da comunidade britónica local é probabelmente a responsábel d alonga serie detopónimos derivados dobritónico desa área, e dos topónimos anglosaxóns que comezan porEccles- (do anglosaxónecles = "igrexa", tomado do celta) eWal- (do anglosaxónwealh = "celta"). Críase que os habitantes de Elmet se autodenominaban osLoides, un nome que aínda aparece reflectido en topónimos: especialmenteLedston,Ledsham,Leathley e a moderna cidade deLeeds ("Ledes" en 1086Domesday Book).