| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de setembro de 1864 Bucarest, Romanía |
| Morte | 17 de febreiro de 1947 París, Francia |
| Lugar de sepultura | Cemitério Bellu(pt) |
| Embaixador | |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Poesía |
| Ocupación | poetisa, tradutora, escritora, xornalista, diplomática, libretista |
| Membro de | |
| Obra | |
| Arquivos en |
|
| Familia | |
| Familia | Văcărescu family(en) |
| Parella | Fernando I de Romanía |
| Pais | Ioan Văcărescu |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok |
Elena Văcărescu ouHélène Vacaresco, nada enBucarest o21 de setembro de1864 e finada enParís o17 de febreiro de1947 foi unha escritoraaristócrataromanesa-francesa, laureada en dúas ocasións polaAcademia francesa.
A través do seu pai,Ioan Văcărescu, descendía dunha longa liña deboiardos deValaquia (afamilia Văcărescu), que incluía aIenăchiță Văcărescu, poeta que escribiu a primeiragramática romanesa. Era tamén neta do poeta romanésIancu Văcărescu. Pola súa nai, Eufrosina Fălcoianu, descendía da familia Fălcoianu, un prominente clan dos tempos do príncipeMiguel o Valente.
Pasou a maior parte da súa mocidade na propiedade Văcărescu preto deTârgovişte. Elena familiarizouse coaliteratura inglesa grazas á súa institutriz, Miss Allan. Tamén estudouliteratura francesa en París, onde coñeceu aVictor Hugo, a quen logo mencionou na súas memorias. Asistiu a clases de filosofía, estética e historia, e tamén esudou poesía coa dirección deSully Prudhomme.
Outra influencia na súa vida temperá foi aGuerra ruso-turca, 1877-1878 que tamén involucrou Romanía, xa que o país declarou a independencia doImperio Otomán e se uniu ao bando daRusia imperial. O pai de Elena loitou na guerra, experiencia que influíu no seu primeiro libro (publicado en 1886).
O encontro que cambiou a súa vida foi o que tivo conIsabel de Wied, raíña de Romanía, esposa do reiCarlos I. A raíña invitouna ao palacio en 1888. Interesada nas achegas literarias de Văcărescu, interesouse moito máis na súa persoa. Sen acabar de recuperarse da morte da súa única filla en 1874, Isabel transferiu o seu amor maternal a Elena.
En 1889, debido á falta de herdeiros ao trono romanés, o rei adoptara o seu sobriñoFernando de Hohenzollern-Sigmaringen que, dada a súa soidade nun país estranxeiro, creceu achegado a Elena, namorouse dela e eventualmente expresou o seu desexo de casar con ela. Porén, segundo aConstitución de Romanía de 1866, o herdeiro ao trono non podía casar cunha romanesa. O resultado da relación foi que a raíña (que impulsara o romance) se exiliase aNeuwied durante dous anos, Elena se exiliase a París de por vida e Fernando fose enviado a buscar unha nova parella, que finalmente atopou enMaría de Edimburgo.
Văcărescu foi delegada substituta daLiga das Nacións entre 1922 e 1924. Foi delegada permanente dende 1925 a 1926. Foi de novo delegada substituta de 1926 e 1938. Foi a única muller que serviu co rango de embaixadora (delegada permanente) na histoira da Liga das Nacións.
En 1925 foi aceptada como membro da Academia Romanesa. Traduciu ao francés obras de poetas romaneses comoMihai Eminescu,Lucian Blaga,Octavian Goga,George Topîrceanu,Ion Minulescu eIon Vinea.
Xusto antes da súa morte, Văcărescu era membro da delegación romanesa encabezada porGheorghe Tătărescu naconferencia de paz ao final dasegunda guerra mundial. Está enterrada na cripta da familia Văcărescu nocemiterio de Bellu de Bucarest.